Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) teremos este xoves 24 de outubro, Día das Bibliotecas, ás 18:30, unha actividade especial de dinamización á lectura coa escritora Ledicia Costas, na que narrará “Sete dentes de león” e “Barbabuela”, dirixida a crianzas maiores de 5 anos (o aforo está completo).
Ledicia Costas recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2015 pola súa obra “Escarlatina, a cociñeira defunta”, libro que tamén conseguiu o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores e gañou en tres ocasións o Premio Lazarillo por “A lebre mecánica”, “A balada dos unicornios” e “Jules Verne e a vida secreta das Mulleres Planta”, Premio Merlín por “O neno de lume”, Premio Fervenzas Literarias por “A señorita Bubble”, Premio Antón Losada Diéguez de Creación Literaria por “Un animal chamado néboa”. Tamén lle outorgaron o Premio da Cultura Galega das Letras e a Medalla Castelao.
Obras de Ledicia Costas en Bibloleiros que podes levar en préstamo (consulta dispoñibilidade)
No hay comentarios:
Publicar un comentario