22/4/22

Presentación de "Travesías del sentir" de Ana de las Heras: 28 de abril

No Teatro As Torres (Santa Cruz), o xoves 28 de abril, ás 20 h., terá lugar a presentación do libro "Travesías del sentir" de Ana de las Heras.

Na presentación intervirán a autora xunto coa escritora Silvia Salgado.

"Travesías del sentir" é un libro de relatos curtos cheos de humor e maxia, que narran o cotián dunha maneira entrañable e sinxela, descubrindo a grandeza da vida nos pequenos detalles. Levándonos, a través do sentir, a conectar con nós e coa vida, rescatando do esquecemento o esencial.

Ana de las Heras é natural de Madrid, pero veciña do municipio de Oleiros. Enxeñeira Industrial pola Universidade Politécnica de Madrid, con postgrado en control de Procesos e Loxística. Máis de trinta anos da súa vida pasounos entre números, proxectos de enxeñaría, planificación e xestión da cadea de subministro.
Actualmente cambiou os números polas letras, espertando a súa parte creativa. A recuperación dunha operación cirúrxica levouna a dar longos paseos, a través dos que se conectou de novo consigo mesma e coa Natureza.

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo permitido, para que gocen coa palabra e coa música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario