19/4/22

22 de abril: "Ao faro". Ruta literaria pola costa de Mera con Silvia Salgado

Venres 22 de abril, a partir das 10:30 h.
Saída desde a Biblioteca Municipal "María José Trincado" de Mera

Camiñarase polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar aos faros de Mera.

Aforo limitado a 15 persoas. Imprescindible reservar praza na Biblioteca Central Rialeda (teléfono: 981639511)

Actividade dirixida a persoas ás que lles guste camiñar, con inquietudes pola literatura e a fotografía.

Falarase de literatura e de fotografía:
Do diálogo que se pode establecer entre esas dúas disciplinas artísticas e tamén de como a literatura nos achega dunha maneira particular a unha obra e ao mundo nela contido.
Da beleza da paisaxe e o seu protagonismo en moitas historias.
Camiñaremos e lembrarémonos de Sofía Casanova.
Da fascinación artística que sentiron, en direccións opostas, algúns escritores e escritoras.
Do proceso de creación da súa obra "Si te vuelves invierno", na que ten moita importancia a localidade de Mera.

Leranse fragmentos e poemas de:
Vicente Risco (Da medida das cousas, publicado en Leria).
Sofía Casanova  (Quiero Galicia en tu adorado seno, do poema Anhelo)
Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra)
Virginia Wolf (Al faro)
Edgar Allan Poe (El faro)
Ray Bradbury (La sirena en la niebla)
Jazmina Barrera (Cuaderno de faros)
Jeanette Winterson (La niña del faro)

Silvia Salgado é veciña do municipio de Oleiros, licenciada en Ciencias políticas pola UAB. Ten un posgrado en Xornalismo acreditado pola Universidade Columbia de Nova York. Compaxinou o seu traballo en comunicación e recursos humanos coa súa paixón pola escritura. Obras dela publicadas son: "Si te vuelves invierno", "Mientras hilan las mariposas", "La aldea" e "El intermedio que somos" e o conto infantil "Cuéntame un cuento, yo te lo pinto".

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo permitido, para que gocen coa palabra e coa paisaxe desta fermosa localidade.
Acompañádenos! Agardámosvos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario