Diferentes actividades nas sete bibliotecas para celebrar o Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor/a. Escolle a túa!
"Ao faro". Ruta literaria pola costa de Mera coa escritora Silvia Salgado
22 de abril ás 10:30 h. Saída da Biblioteca Municipal Mª José Trincado de Mera.
Camiñarase polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar aos faros de Mera.
Aforo limitado (15 persoas). Reservar plaza na Biblioteca Rialeda (tfno. 981 639511)
Presentación da obra "Travesías del sentir" de Ana de las Heras
28 de abril ás 20 h. Teatro As Torres de Santa Cruz.
Coa presenza da autora acompañada da escritora Silvia Salgado.
"Travesías del sentir" é un libro de relatos curtos cheos de humor e maxia, que narran o cotián dunha maneira entrañable e sinxela, descubrindo a grandeza da vida nos pequenos detalles.
Entrada libre ata completar aforo.
Actividades de fomento da lectura para o alumnado dos centros de ensino:
Do 20 ao 29 de abril realizaranse diferentes actividades de fomento da lectura dirixidas ao alumnado dos centros de ensino público deste municipio, co obxectivo de fomentar a lectura, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos seus respectivos centros de ensino. Levaranse a cabo na Biblioteca Central Rialeda, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz e no Teatro As Torres.
Contacontos con Lía Magalia e Ramiro Neira, cos espectáculos “As fadas verdes” e “Animaliños”.
Charlas sobre o proceso da ilustración cos ilustradores Enrique López e Óscar Villán.
Enrique López, arquitecto e ilustrador, autor de “Hércules e o xigante: Unha torre de lenda”, achegará ao alumnado historias sobre a Torre de Hércules e falará do seu proceso de construción.
Óscar Villán, ilustrador que recibiu o Premio Nacional de Ilustración en 1999 pola súa obra “O coelliño branco”, falará do proceso de creación dun libro.
Isabel Andrés, poeta e profesora da Universidade de Salamanca, provocará a reflexión en torno ao humor nos textos humorísticos en “Pártome e móndome” e en “O bo, si breve” descubrirá como se pode facer literatura desde a brevidade.
Actividades para público infantil:
Para nenas e nenos a partir de 6 anos. Todas se realizarán ás 18:30 h. Aforo limitado. Imprescindible reserva na biblioteca ou chamando por teléfono.
19 de abril: Biblioteca "Manuel María". Oleiros
"Irene no Sahara" con Solidariedade Internacional de Galicia
20 de abril: Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
"A biblioteca máxica" con Ramiro Neira
21 de abril: Biblioteca Central Rialeda. Perillo
"Libros nos petos" con Ana Carreira
22 de abril: Biblioteca "Mª José Trincado". Mera
"Irene nos Andes" con Solidariedade Internacional de Galicia
25 de abril: Biblioteca "Mª José Ruso". Dorneda
"O lobiño Carapuchiño" con Proyecto Bululú
27 de abril: Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
"Animais artistas e outras cousiñas" con Iván Davila
28 de abril: Biblioteca "Xograr Mendiño". Lorbé
"Entre bechos anda o conto" con Galeatro
28 de abril: Biblioteca Central Rialeda. Perillo
"Irene en América Central" con Solidariedade Internacional de Galicia
29 de abril: Biblioteca "Ánxel Fole". Nós
"A vella na botella" con Lía Magalia
Outras actividades para todos os públicos:
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz:
- "Cita a cegas con grandes autores e autoras". Libros "ocultos" para lectoras e lectores intrépidos. Non saberás o que levas ata que chegues a casa.
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera:
- "A bagaxe da vida". Mostra literaria monográfica dedicada a obras sobre vidas e experiencias doutras persoas.
- "Os meus preferidos". Exposición con recomendacións das lecturas de nenas e nenos.
Biblioteca "Manuel María". Oleiros:
- "E ti... que les?". Fai as túas recomendacións para compartilas na biblioteca.
Biblioteca "Ánxel Fole". Nós:
- "En abril un libro para ler de contado". Exposición bibliográfica con suxestións para todas as idades.
Biblioteca "Mª José Ruso". Dorneda:
- Recomendacións con emojis. Para toda a cativada.
- Mostra "O libro estaba mellor?". Novelas coas súas adaptacións cinematográficas.
Asimesmo todas as bibliotecas ofrecerán diferentes modelos de marcapáxinas para colorear xunto con divertidos pasatempos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario