"Extra!". Texto das cancións e música de Paco Nogueiras. Ilustracións de Marc Taeger. En Kalandraka.28/5/21
Recomendacións en Radioleiros: 28 maio 2021
"Extra!". Texto das cancións e música de Paco Nogueiras. Ilustracións de Marc Taeger. En Kalandraka.Hora do conto na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) 28/05/2021
Venres 28 de maio, ás 18:30
AVISO IMPORTANTE: Este contacontos será só audiovisual!!!
27/5/21
Presentación do libro de Cecilia Monllor "Nunca te hagas librero" 27/05/2021
Interviñeron a autora Cecilia Monllor e Lola Roel, directora de teatro e escritora .
"Nunca te hagas librero" son reflexións, en ton irónico, en torno á lectura, aos libros, aos libreiros-as e as librarías, que a autora aplica tanto a si mesma como ao que conta perdendo o aire luctuoso e pesimista, para gañar en intimidade e complicidade coas lectoras-es.
Cecilia Monllor é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra. Exerceu o xornalismo durante dúas décadas, ata que a literatura a apartou dos despachos de comunicación. Actualmente todas as súas actividades profesionais teñen ao libro como punto de partida.
Colabora e coordinadora os Clubs de lectura e Tertulias Literarias do Sistema de Bibliotecas de Oleiros desde hai máis de dúas décadas.
25/5/21
27 maio en As Torres (20 h.): Presentación de “Nunca te hagas librero” de Cecilia Monllor
Día e hora: xoves 27 de maio ás 20 h.
Entrada libre (ata completar capacidade permitida)
Intervirán: A autora Cecilia Monllor e a directora de teatro e escritora Lola Roel.
“Nunca te hagas librero” son reflexións, en ton irónico, en torno á lectura, aos libros, aos libreiros/as e ás librerías.
Cecilia Monllor é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra. Exerceu o xornalismo durante dúas décadas, ata que a literatura a apartou dos despachos de comunicación. Actualmente todas as súas actividades profesionais teñen ao libro como punto de partida. Asimesmo Cecilia Monllor é coordinadora das Tertulias Literarias nas Bibliotecas Municipais de Oleiros desde os anos 90.
En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, a presentación terá aforo limitado e será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir ata completar o aforo permitido.
Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 26 maio 2021 (Grupo B)

Comentario de La habitación de invitados, de Helen Garner
Documentación
Última lectura: Madres e hijas (Varias autoras), relatos recopilados por Laura Freixas
Hora do conto na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) 24/05/2021
24/5/21
Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 25 maio 2021 (Grupo A). Remate da tempada

Comentario de La lotería, de Shirley Jackson
Documentación
Esta sesión pon punto final á tempada neste grupo. Queremos agradecervos a fidelidade, a comprensión e o agarimo amosados neste ano tan complicado.
Vémonos novamente en outono!!!
Hora do conto: 24 e 28 de maio 2021 #bibliotecasegura #culturasegura
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 24 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Contos de tesouros”
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 28 de maio
AVISO IMPORTANTE: Este contacontos será só audiovisual!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contos de cores"
AVISO
Hora do conto na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) 21/05/2021
Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 20/05/2021
Hora do conto na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) 20/05/2021
21/5/21
Recomendacións en Radioleiros: 21 maio 2021

Andar aos biosbardos: contos baixo o freixo engurrado, de Charo Pita con ilustracións de Dani Padrón
Galaxia, 2021
Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e o Vento Norberto xúntanse baixo o Freixo Engurrado para contar historias nas que falan de libros e biosbardos. Unha aposta pensada a partir dos dez anos completada cunhas magníficas ilustracións.
- Mozas/os e adultas/os:
Árbores no deserto, de Rosalía Fernández Rial con ilustracións de María José Costa Valiño (Chiña)
Galaxia, 2020
Unha obra entre a poesía e o ensaio, entre os esquemas clásicos e a vangarda partindo da figura de once mulleres, obtendo un resultado poliédrico e sempre diferente.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
20/5/21
Hora do conto na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) 19/05/2021
19/5/21
Hora do conto na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) 18/05/2021
15/5/21
Letras Galegas 2021: Xela Arias, “Do xeito en que me sinto quen de amarte parte un vagalume”
Algunhas das súas obras foron: "Denuncia do equilibrio" (1986); "Tigres coma cabalos" (1990), en colaboración co fotógrafo Xulio Gil; "Darío a diario" (1996); "Intempériome" (2003).
Realizou numerosas traducións, labor pola que recibiu recoñecementos como: Medalha do Prêmio de Traduçao Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro.
A súa voz poética está marcada pola innovación e unha intención transgresora da palabra.
*13 de maio, ás 20 h., no Teatro As Torres (Santa Cruz)
“Xela Arias: viaxe a unha mesma” a cargo da poeta Yolanda Castaño.
A poeta Yolanda Castaño contaranos a vida de Xela Arias e mostraranos como xa na infancia da escritora se albiscaban os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións, e non deixarse guiar por modelos de segunda man...
A biografía de Xela Arias é a aventura radical de chegar a ser unha mesma.
En todas as bibliotecas:
*Exposicións e mostras bibliográficas, con libros escritos pola autora homenaxeada e outros sobre a súa biografía e a súa produción literaria, así como obras traducidas por ela.
*Encrucillados e xogos sobre Xela Arias para un público infantil.
*Contacontos para nenas/os maiores de 6 anos.
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo):
*Club de lectura virtual (Grupo A) sobre a obra Feliz idade de Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020.
*Club de lectura virtual (Grupo B) sobre a obra Amor de tango de Mª Xosé Queizán.
Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz (Santa Cruz):
*Marcapáxinas conmemorativo.
*Tríptico bibliográfico.
*Mural bibliográfico interactivo.
*Exposicións de libros de autores/as galegos/as.
*Club de lectura virtual (Grupo A) sobre a obra As rulas de Bakunin de Antón Riveiro Coello.
*Club de lectura virtual (Grupo B) sobre a obra Os vellos non deben de namorarse de Castelao.
Na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda):
*O recuncho de... Xela Arias”: carteis informativos con datos biográficos e bibliográficos da autora homenaxeada.
Na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros):
*Mural de Xela Arias con fragmentos da súa obra Darío a diario.
“Do xeito en que me sinto quen de amarte
parte un vagalume”
...
“Denuncia do equilibrio”














