4/9/26

Inscrición Tertulias Literarias nas Bibliotecas de Oleiros 2026-2027

Comentario de obras de distintos xéneros literarios coa moderación da escritora e xornalista Silvia Salgado.

Período: Outubro 2026 a Xuño 2027.
Sesións quincenais e mensuais, de mañás e tardes. 
Actividade dirixida a persoas maiores de 18 anos.

Prazo de inscrición: luns 21 a venres 25 de setembro.

Bases.
Formulario

Se houbera máis solicitantes que prazas, resolverase mediante un sorteo público con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros a celebrar o mércores 30 de setembro ás 13 h. na Biblioteca Central Rialeda.

As solicitantes inicialmente sen praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda, para o caso de renuncias ou vacantes posteriores.

Máis información na Web Municipal e nas seguintes bibliotecas:
- Biblioteca Central Rialeda. Tfno. 981 639511
- Biblioteca Santa Cruz. Tfno. 981 626338
- Biblioteca de Mera. Tfno. 981 628507
- Biblioteca de Oleiros. Tfno. 981 610700



No hay comentarios:

Publicar un comentario