Desde a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz), unímonos a esta celebración pola diversidade sexual e seleccionamos unha pequena serie de películas relacionadas coa temática LGTBIQ+ 28/6/22
“Películas con orgullo”, expo audiovisual na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Desde a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz), unímonos a esta celebración pola diversidade sexual e seleccionamos unha pequena serie de películas relacionadas coa temática LGTBIQ+ 27/6/22
AVISO: horario da Biblioteca de Santa Cruz de 27 de xuño a 1 de xullo
20/6/22
Es Luz: expo en Rialeda
Luz Pozo Garza, naceu en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finou na Coruña o 20 de abril de 2020. Escritora, crítica literaria e poeta galega, foi unha das voces máis destacadas da literatura galega da segunda metade do século XX. Renovou a poesía galega tanto na forma como na temática abordada. En 1995 foi recoñecida coa Medalla Castelao. Foi membro numerario da Real Academia Galega, ocupando o cargo de vicesecretaria de 1997 a 2001. En 2007 foi proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para o Premio Nobel de Literatura. Os seus poemas foron traducidos ao castelán, portugués, catalán, francés, inglés, alemán, húngaro, ruso e xaponés.
Na Biblioteca Central Rialeda adicámoslle unha exposición bibliográfica para que goces da súa poesía e leves en préstamo as súas obras.
17/6/22
Recomendacións en Radioleiros: 17 xuño 2022
16/6/22
Expo "Movementos" en Rialeda: películas sobre escapadas, fuxidas e viaxes
Diferentes historias sobre viaxes interiores, exteriores, iniciáticas e tamén fuxidas ou migracións.
O movemento é consustancial a nós. Descúbreas en Rialeda (2ª andar)
13/6/22
Presentación de "Tras el telón de acero (Hijas del exilio)" de Olga Lucas: 17 de xuño
Día: venres 17 de xuño
Hora: 20:30
Lugar: Auditorio A Fábrica. Santa Cristina
Intervirán: a autora Olga Lucas, o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane, a profesora de Historia Ángeles García Portela.
O acto finalizará coa actuación do cantautor Félix Arias.
Tras el telón de acero (Hijas del exilio) é un libro, publicado pola editorial Bala Perdida, que nos fala do exilio republicano español, un dos menos coñecidos e menos evocados. Presenta, baixo a mirada da Olga nena, a súa visión doutros países, con costumes que lle provocaban diferentes preguntas, que, a veces, ninguén respondía. Unha obra que amosa vivencias e sufrimentos para contribuír ao mellor coñecemento deste exilio.
Olga Lucas (Toulouse, 1947) é escritora, tradutora e locutora de radio. Naceu no seno dunha familia española no exilio. Viviu temporalmente en países do Este onde aprendeu distintas linguas eslavas. En España traballou de funcionaria da Generalitat Valenciana e desenvolveu distintas actividades culturais en ámbitos alternativos de Valencia.
En 1997 coincide, nun balneario de Alhama de Aragón, con José Luis Sampedro, que para ela era un referente importante. Ao cabo dun ano deciden vivir xuntos e posteriormente, en 2003, cásanse. Estarán xuntos ata o falecemento do escritor en 2013.
Entre as súas obras podemos destacar: Poemas de andar por casa, Cuentos para ciegos, El tiempo no lo cura todo, La mujer del poeta, El vals de las orquídeas.
Coautora con José Luis Sampedro de Escribir es vivir, Cuarteto para un solista e de La ciencia y la vida xunto a Valentí Fuster e José Luis Sampedro.
En 2010 recibiu o Premio Glauka, en recoñecemento á súa contribución ao fomento da lectura e á difusión da cultura. En 2018 foi nomeada Hija Adoptiva de Castilla la Mancha, polo seu compromiso cos valores culturais.
O Concello de Oleiros invita ás persoas que desexen asistir ata completar o aforo.
Presentación de "Lúa nova" de Irene Montero: 16 de xuño
Día: xoves 16 de xuño
Hora: 20:00
Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Intervirán: a autora Irene Montero, a profesora de Lingua e Literatura galega Pepe Taboada
O acto comezará coa actuación das pandereteiras Seixebra do Grupo de Baile e Gaitas Santaia.
"Lúa nova" preséntanos á pianista Lúa Lóngora. É cega de nacemento, unha condición que non lle impediu avanzar no seu camiño e chegar a ser unha pianista admirada e recoñecida no mundo enteiro. Coa música como eixe sobre o que vertebra a súa existencia, goza dunha vida plena, rodeada dos seres que a queren e que lle axudaron a desenvolverse como profesional e como persoa. Ata que chega un momento en que a vida a pon diante dos seus medos, das súas dúbidas e do seu futuro....
Unha historia tenra e conmovedora que invita a reflexionar sobre a discapacidade e propón unha percepción da realidade cunha ollada diferente, máis aberta, máis inclusiva e máis respectuosa.
Irene Montero e veciña do municipio de Oleiros. Filóloga de carreira e xornalista de profesión, leva máis de vinte anos dedicada á comunicación corporativa.
"Lúa nova" é a súa primeira novela, coa que consegue gañar a oitava edición do Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo, para que gocen coa palabra e coa música.
10/6/22
Recomendacións en Radioleiros: 10 xuño 2022
"Irene en Senegal", adaptación dos contos, textos e actividades de David Puigmartí i Carulla, Jessica Núñez Rego e Eva Molares Marín; ilustracións de Alicia Suárez Otero. Editado por
Solidariedade Internacional Galicia.Esta é a historia de Irene, unha rapaza cunha vida algo diferente á de moitas nenas e nenos, porque a súa nai e pai son cooperantes dunha ONG, Solidariedade Internacional, polo que viaxa polo mundo aprendendo e vivindo moitísimas experiencias que son as que nos vai ir relatando. Neste conto, Irene chegará ao continente africano, concretamente a Senegal, país do que nos contará cousas moi interesantes: o idioma, os seus costumes e tamén algunha das lendas que as persoas de máis idade difunden entre as-os máis pequenas-os. Un libro do que disfrutarán e aprenderán pequenas-os e maiores e que ademáis dará pé a reflexionar en familia sobre as diferenzas, os movementos migratorios e as súas causas.
"Mejillones para cenar" de Birgit Vanderbeke. En Emecé.
A historia empeza cunha escena aparentemente familiar: unha nai e dous fillos esperando na mesa a chegada do pai para cear. Esa noite hai mexillóns, o prato favorito del. Pero ese día sucede algo “anormal”, o pai chega tarde, algo totalmente inusual.
A partir desa anomalía, desátase unha pequena rebelión cara a figura paterna. Pouco a pouco, o silencio vai deixando paso a comentarios nos que nai e fillos vanse liberando emocionalmente. Novela aparentemente sinxela, breve, con moi bo ritmo e cun contido moi, moi profundo e cun final tan impactante como inesperado.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
6/6/22
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 8 xuño 2022 (Grupo B). Remate da tempada

17:30 a 19:30 h.
Comentario de El héroe discreto, de Mario Vargas Llosa
Documentación
Agradecemos ás participantes a súa fidelidade á actividade, tanto no seu formato virtual como no desexado regreso á tertulia presencial. Vémonos en outono!
Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 7 xuño 2022 (Grupo A). Remate da tempada

17:30 a 19 h.
Comentario de Vestido de novia, de Pierre Lemaitre
Documentación
Agradecemos ás participantes a súa fidelidade á actividade, tanto no seu formato virtual como no desexado regreso á tertulia presencial. Vémonos en outono!
3/6/22
Recomendacións en Radioleiros: 3 xuño 2022

Ramona Órbita, con Paco Cerdeiras “Pakolas”
Galaxia
Versión dixital en Galiciale
Un libro-disco que fará a delicia de grandes e pequenos. Pakolas cóntanos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega do Caurel que posúe unha horta cibernética e unha máquina do tempo coa que viaxaremos ao futuro pero tamén coñeceremos o pasado, comeremos churrasco de mamut, visitaremos a Leonardo Da Vinci e coñeceremos aos cabaleiros bibliotecarios…
- Mozas/os e adultas/os:
Zuleijá abre los ojos, de Guzel Yájina
Acantilado
Catro millóns de persoas fóron represaliadas e enviadas en trens ata zonas despoboadas de Siberia. Esta novela é a experiencia de Zuleijá, unha muller tártara, xove e casada cun campesiño que a trata peor que aos animais cos que conviven. Cando o Partido Comunista de Stalin emite a orde de expropiación dos bens destes pequenos terratenentes e o exército roxo chega para facerse coa granxa, prodúcese un enfrontamento e o granxeiro é asasinado.
Comeza así unha viaxe para Zuleijá que se convirte na historia dunha profunda transformación interior cara unha vida nova.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
30/5/22
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 1 xuño 2022 (Grupo A). Remate da tempada
Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17:30 a 19:30 h.
Comentario de Una educación, de Tara Westover
Documentación
Agradecemos ás participantes a súa fidelidade á actividade, tanto no seu formato virtual como no desexado regreso á tertulia presencial. Vémonos en outono!
Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 31 maio 2022 (Grupo B). Remate da tempada
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17:30 a 19 h.
Comentario de "El reflejo de las palabras" de Kader Abdolah
Documentación
Agradecemos ás participantes a súa fidelidade á actividade, tanto no seu formato virtual como no desexado regreso á tertulia presencial. Vémonos en outono!
27/5/22
Recomendacións en Radioleiros: 27 maio 2022
A historia transcorre nun galiñeiro en época de incubación. As galiñas están cansas de pasar todo o día sentadas sobre os ovos e sobre todo están fartas de aturar as ordes dos galos que non paran de dicirlles como teñen que facer para ser máis eficientes. A rebelión das galiñas vai provocar que ocorra algo increíble e marabilloso no galiñeiro ...
Emma Cruz, avogada e profesora de Dereito Penal, trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud das que non se sabe nada. Semella que as tragou a terra. Emma pronto descubrirá que ese lugar está tremendamente marcado pola desaparición das dúas nenas e que os seus habitantes gardan segredos inconfesables.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.













