Horst Eckert, alcumado Janosch, naceu nun pobo fronteirizo entre Alemaña e Polonia en 1931. Deixounos o 3 de novembro de 2026 en Tenerife, con 95 anos.
“Meu pai cazaba paxaros e eu teño que reparar esa culpa”, comenta o autor e ilustrador, de carácter inconformista e libertario, que a través das súas tenras e irónicas historias de animais revela un agudo sentido crítico do mundo real. A súa infancia foi unha etapa dura marcada pola pobreza e a falta de atención, acollido por unha avoa autoritaria e obrigado a traballar desde pequeno como ferreiro e cerralleiro. Con vintedous anos entrou na Academia de Arte de Múnich, da que foi expulsado por “falta de talento”. En 1960 comezou a escribir libros infantís, o que o levou, de súpeto, ao éxito. Publicou máis de trescentas obras, traducidas a setenta linguas. É autor tamén de literatura e viñetas para público adulto, pero a súa verdadeira paixón sempre foi a pintura, creando unha extensa obra, con miles de pezas orixinais de acuarelas, óleos e gravados. En 1980 estableceu a súa residencia en Tenerife, onde continuaba vivindo. Durante 30 anos vivíu e traballou na casa familiar, en San Miguel de Abona, no sur da illa, na finca que acolle o proxecto rexenerativo Finca Tamaide. O que foi o seu estudo na finca converteuse no espazo das Residencias Artísticas da Fundación Canarina, dando continuidade á esencia do lugar que abeirou tantos anos de vida e creación artística.
Fonte: fundacioncanarina
> Obras de Janosch en Bibloleiros
> Janosch nas Recomendacións en RadiOleiros
Visita a expo cos libros de Janosch que temos á túa disposición na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

No hay comentarios:
Publicar un comentario