Día: xoves 16 de xuño
Hora: 20:00
Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Intervirán: a autora Irene Montero, a profesora de Lingua e Literatura galega Pepe Taboada
O acto comezará coa actuación das pandereteiras Seixebra do Grupo de Baile e Gaitas Santaia.
"Lúa nova" preséntanos á pianista Lúa Lóngora. É cega de nacemento, unha condición que non lle impediu avanzar no seu camiño e chegar a ser unha pianista admirada e recoñecida no mundo enteiro. Coa música como eixe sobre o que vertebra a súa existencia, goza dunha vida plena, rodeada dos seres que a queren e que lle axudaron a desenvolverse como profesional e como persoa. Ata que chega un momento en que a vida a pon diante dos seus medos, das súas dúbidas e do seu futuro....
Unha historia tenra e conmovedora que invita a reflexionar sobre a discapacidade e propón unha percepción da realidade cunha ollada diferente, máis aberta, máis inclusiva e máis respectuosa.
Irene Montero e veciña do municipio de Oleiros. Filóloga de carreira e xornalista de profesión, leva máis de vinte anos dedicada á comunicación corporativa.
"Lúa nova" é a súa primeira novela, coa que consegue gañar a oitava edición do Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo, para que gocen coa palabra e coa música.
No hay comentarios:
Publicar un comentario