Día: venres 17 de xuño
Hora: 20:30
Lugar: Auditorio A Fábrica. Santa Cristina
Intervirán: a autora Olga Lucas, o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane, a profesora de Historia Ángeles García Portela.
O acto finalizará coa actuación do cantautor Félix Arias.
Tras el telón de acero (Hijas del exilio) é un libro, publicado pola editorial Bala Perdida, que nos fala do exilio republicano español, un dos menos coñecidos e menos evocados. Presenta, baixo a mirada da Olga nena, a súa visión doutros países, con costumes que lle provocaban diferentes preguntas, que, a veces, ninguén respondía. Unha obra que amosa vivencias e sufrimentos para contribuír ao mellor coñecemento deste exilio.
Olga Lucas (Toulouse, 1947) é escritora, tradutora e locutora de radio. Naceu no seno dunha familia española no exilio. Viviu temporalmente en países do Este onde aprendeu distintas linguas eslavas. En España traballou de funcionaria da Generalitat Valenciana e desenvolveu distintas actividades culturais en ámbitos alternativos de Valencia.
En 1997 coincide, nun balneario de Alhama de Aragón, con José Luis Sampedro, que para ela era un referente importante. Ao cabo dun ano deciden vivir xuntos e posteriormente, en 2003, cásanse. Estarán xuntos ata o falecemento do escritor en 2013.
Entre as súas obras podemos destacar: Poemas de andar por casa, Cuentos para ciegos, El tiempo no lo cura todo, La mujer del poeta, El vals de las orquídeas.
Coautora con José Luis Sampedro de Escribir es vivir, Cuarteto para un solista e de La ciencia y la vida xunto a Valentí Fuster e José Luis Sampedro.
En 2010 recibiu o Premio Glauka, en recoñecemento á súa contribución ao fomento da lectura e á difusión da cultura. En 2018 foi nomeada Hija Adoptiva de Castilla la Mancha, polo seu compromiso cos valores culturais.
O Concello de Oleiros invita ás persoas que desexen asistir ata completar o aforo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario