3/5/21

Hora do conto: 3 a 7 de maio 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Contacontos para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!
Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 3 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Preparad@s.. List@s... Xa!!!” 

 

Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 4 de maio
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “Contos de aquí"

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 5 de maio
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “A gran aventura dos animais”

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 6 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO: “Poesía son eu”

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 6 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Contos de primavera”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 23 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contos de aquí para todo tipo de orellas"                                                     

AVISO

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

Hora do conto na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) 30/04/2021

Gravación do espectáculo "Contos de miúd@s" que puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) o 30 de abril a cargo de Ana Carreira.
 
Podes velo (ata as 16:15 do 05/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeAna!

30/4/21

Novidades Películas Maio 2021 en Rialeda

 
55 novas incorporacións no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda. 

 

Hora do conto en maio en Bibloleiros: 16 sesións onde atoparás animais, tesouros, cores, trasnadas, monstros, poesía...

Contacontos para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!

Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas.
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.
 
- Luns 3 de maio, Ramiro Neira con “Preparados... listos... xa!” na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda).

- Martes 4 de maio, Lía Magalia con “Contos de aquí" na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros).

- Mércores 5 de maio, Trémola Teatro con “A gran aventura dos animais” na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).

- Xoves 6 de maio, Gemola con “Poesía son eu” na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé).

- Xoves 6 de maio, Ana Carreira con “Contos de primavera” na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

- Venres 7 de maio, Ramiro Neira con “Contos de aquí para todo tipo de orellas" na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera).

- Mércores 12 de maio, Carmen Domech con “Contos de libros contentos” na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).

- Xoves 13 de maio, Lía Magalia con “Contos de animais" na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

- Venres 14 de maio, Ana Carreira con “Eu non quero" na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós).  AVISO IMPORTANTE: Este contacontos será só audiovisual!!!

- Martes 18 de maio, Trémola Teatro con “En busca dos monstros” na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros).

- Mércores 19 de maio, Ana Carreira con “Trasnadas” na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).

- Xoves 20 de maio, Trémola Teatro con “En busca dos monstros" na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé).

- Xoves 20 de maio, Paula Carballeira con “Tigres e cabalos” na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

- Venres 21 de maio, Lía Magalia con “A princesa rebelde e outros contos" na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera).

- Luns 24 de maio, Ana Carreira con "Contos de tesouros" na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda).

- Venres 28 de maio, Ramiro Neira con “Contos de cores" na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós).  AVISO IMPORTANTE: Este contacontos será só audiovisual!!!


                                                       AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

Recomendacións en Radioleiros: 30 abril 2021

- Infantil (nenas-os a partir de 8 anos):
"Niñas que imaginaron lo imposible (y lo consiguieron)" de Tony Amago e Nuria Rodríguez. En Algar.
Álbum ilustrado que recolle as historias de 19 mulleres de todo o mundo que loitaron por facer posible o seu soño, e conseguírono. Aviadoras, navegantes, almirante de flota, motoristas, zoólogas, naturalistas, pilotos, cosmonautas, alpinistas, xornalistas, etc.
Cada muller ven descrita a dobre páxina. Na da esquerda figuran ilustracións, curiosidades e algunha anécdota da súa infancia e na da dereita unha breve biografía, a explicación dalgunha das súas proezas e datos sobre as súas viaxes ou fazañas.
A máis antiga é Isabel Barreto de Castro. (1567-1612). Almirante de flota galega. A 1ª muller almirante dunha flota de barco expedicionario.
Por antigüidade séguenlle, Sacagawea (1787-1812). Guía e exploradora estadounidense da tribo shoshone. Tradutora e guía da expedición de Lewis e Clark, unha das viaxes máis importantes de exploración do territorio de Norte América.
Ida Pfeiffer (1797-1858). Exploradora e escritora austríaca. Pioneira en facer como forma de vida as viaxes e as exploracións a outras culturas e países.
Marianne North (1830-1890) Pintora e naturalista inglesa. Máis de 830 pinturas certifican a súa dedicación. A súa obra pode ser visitada na Marianne North Gallery ubicada no Xardín Botánico de Kew en Londres. Moitas especies vexetais foron catalogadas e pintadas por ela por 1ª vez. Algunhas levan o seu nome.
Nellie Bly (1861-1922). Xornalista estadounidense. Para moitos, inventora do xornalismo encuberto. O seu 1º traballo importante foi un artigo sobre un asilo psiquiátrico de Nova York. Ingresou no centro, facéndose pasar por unha paciente. O seu impresionante relato sacou á luz prácticas inhumanas e as terribles condicións ás que se sometía aos pacientes, incluída ela mesma. Tras o éxito da novela de Julio Verne “La vuelta al mundo en 80 días”, o seu editor pensou nela para intentar emular a xesta descrita no libro. Aceptou e deu a volta ao mundo en 72 días establecendo un novo récord mundial.
Genevra Delphine Mudge (1881-1964). Piloto de coches estadounidense. Foi a 1ª muller que obtivo a licencia de conducir. Aconteceu en Nova York en 1898.
...
Por citar só algunhas.
Un libro moi interesante, atractivo e fácil de ler, que presenta inquedanzas e proezas que conseguiron algunhas mulleres que nos precederon.
 
- Mozas-os e adultas-os:
"Feliz Idade" de Olga Novo. Editado por Kalandraka.
Premio Nacional de Poesía, ano 2020.
Premio Gala do Libro Galego, ano 2020. 
Fermosa obra de poesía, escrita ao longo de sete anos, que responde a unha parte da vida da autora: o nacemento da súa filla e a morte de seu pai.
O xurado do Premio Nacional de Poesía destacou que se trata dun relato vitalista que “celebra o amor e a existencia máis alá do tempo”. Tamén resaltou  a súa gran potencia que conxuga autenticidade e verdade.
Comeza cunha preciosa carta limiar dirixida a súa filla Lúa. Escrita seis anos despois da súa concepción e un ano despois da morte do avó, na que lle di textualmente que o libro “foi vivido” ao longo de sete anos, un ciclo de existencia na que se atopan ela e o seu avó. A súa concepción coincidiu co inicio da enfermidade do avó, polo que mentres a nena avanzaba medrando, o avó ía empeorando. Nela dinos que “a poesía é un acto radical de vida”.
A partir desta carta, o libro está dividido en sete partes.
Parte I, titulada “Fogonazo” formada por poemas que nos falan da concepción da filla.
Parte II, “Poesía en posición fetal”, dedicada a Xosé Maceda.
Parte III, “A Lúa su o negrillo”, dedicada á filla.
Parte IV, “Zona Tigre”, dedicada a seu pai.
Parte V, “Da beleza indómita”.
Parte VI, “Amor es”.
Parte VII, “Harmonía fractal”.
Estamos ante un magnífico libro, que presenta unha continuidade vital, unha memoria agraria e unha parte da cultura tradicional galega.
É un canto ao amor e á busca da “felicidade cada día”.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 29/04/2021

Gravación do espectáculo "Contos de cores" que puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 29 de abril a cargo de Eduvía.
 
Podes velo (ata as 11:00 do 02/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeEduvía!
 

29/4/21

Hora do conto na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) 28/04/2021

Gravación do espectáculo “Como escoitar e gozar dunha sesión de contacontos” que puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) o 28 de abril a cargo de Ramiro Neira.
 
Podes velo (ata as 10:00 do 01/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeRamiro!

26/4/21

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: 27 abril 2021 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de La vegetariana, de Han Kang
Documentación

Seguinte lectura: As rulas de Bakunin, de Antón Riveiro Coello

Hora do conto: 28 a 30 de abril 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Contacontos para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!
Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 28 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Como escoitar e gozar dunha sesión de contacontos”

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 29 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Contos de cores”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 30 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Contos de miúdos"                                                     

AVISO

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

23/4/21

Desvelamos as latitudes da lectura en Oleiros

A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) quere celebrar o Día do Libro amosando latitudes da lectura en Oleiros. 
Grazas por compartir eses 35 espazos onde o tempo se detén e se fai eterno. 
Grazas por seguir facendo da lectura ese lugar-momento no que seremos felices. 
Grazas por facer biblioteca.



Hora do conto na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) 23/04/2021

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 23 de abril, ás 18:30
AVISO IMPORTANTE: Este contacontos será só audiovisual!!!
Podes velo (desde as 18:30 do 23/04 ata as 18:30 do 25/04) clicando nesta ligazón: QueroContosDeTrémola! 
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “En busca dos monstros"  

Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 22/04/2021

Gravación do espectáculo "Contos de libros contentos" que puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 22 de abril a cargo de Carmen Domech.
 
Podes velo (ata as 21:15 do 26/04) clicando nesta ligazón: QueroContosDeCarmen!

Hora do conto na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) 22/04/2021

Gravación do espectáculo "Cousas de bruxas" que puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) o 22 de abril a cargo de Lía Magalia.
 
Podes velo (ata as 16:15 do 25/04) clicando nesta ligazón: QueroContosDeLía!

Día Mundial do Libro nas Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros

O 23 de abril celébrase o Día do Libro. É unha celebración internacional promovida pola UNESCO para render unha homenaxe universal ao libro e aos seus autores e autoras. Cos obxectivos de conmemorar esta importante data e de potenciar o hábito lector, as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros organizamos as seguintes actividades de promoción da lectura:

Recomendacións de libros para moz@s e adult@s
Trátase dunha selección de 64 obras de novela, poesía, teatro, banda deseñada, biografía, ensaio e divulgación científica, de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para diferentes gustos, intereses e preferencias. Boas historias e bos libros para ler, observar, gozar e compartir. Témolos nalgunha das bibliotecas municipais de Oleiros e pódenos levar en préstamo para as súas casas. Algúns tamén figuran nas plataformas de libros electrónicos GaliciaLe e Ebiblio onde tamén os poden coller en préstamo de forma gratuíta.

 Recomendacións de libros para público infantil e xuvenil
Para tomar un respiro e encher a túa mente coa fascinación da lectura pausada ou da palabra escoitada presentamos esta selección de 66 obras distribuídas por idades, desde os 0 anos ata os 16, con contos e narracións, álbum ilustrado, Letras e sons, poesía, teatro, banda deseñada e coñecemento, de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para diferentes gustos, intereses e preferencias. Témolas nalgunha das bibliotecas municipais de Oleiros e pódenas levar en préstamo para as súas casas. Algunhas tamén figuran nas plataformas de libros electrónicos GaliciaLe e Ebiblio onde tamén as poden coller en préstamo de forma gratuíta.

Recomendacións de películas infantís e xuvenís
Formada por 15 películas para un público infantil e xuvenil.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo

Latitudes de lectura en Oleiros
Cóntanos cal é o mellor lugar en Oleiros para ler. Envíanos unha fotografía dese emprazamento único onde te deixarías acompañar por un libro.
A foto ideal estaría formada por: ti + o libro + o lugar elixido.
Participa se tes máis de 18 anos. Podes enviala, ata o 21 de abril, ao noso correo electrónico
biblioteca.rialeda@oleiros.org
Farase un fermoso carrusel coas latitudes de lectura en Oleiros.

A luz na batalla
Continuamos coa exposición bibliográfica sobre Emilia Pardo Bazán, para conmemorar o centenario da súa morte. Leva o título de A luz na batalla, baseándonos no lema en latín De bellum luce que ela adoptara e utilizara encabezando o seu papel de cartas e que é unha declaración de principios da loita por defender a súa liberdade individual. Esta exposición está formada por novelas, artigos xornalísticos, ensaios, estudos e biografías sobre a autora de La Tribuna. Tamén está a serie de televisión homónima inspirada na novela Los pazos de Ulloa e o audiolibro Aire y otros relatos con seis das súas narracións curtas.

A Hora do conto
O 22 de abril, ás 18:30 h., contacontos a cargo da narradora oral Carmen Domech co espectáculo Contacontos de libros contentos.
O 29 de abril, ás 18:30 h., contacontos a cargo da compañía Eduvía co espectáculo Contos de cores.
Os dous contacontos ademais de realizarse presencialmente na biblioteca, tamén se subirán ao blog e á Web municipal o día seguinte da súa realización e permanecerán durante 48 horas para que poidan visualizalos todos os nenos e nenas que non puideran asistir.

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz

Premio Cervantes
Exposición de obras de escritores/as galardoados/as co Premio Cervantes.

O que le, vístese por dentro
Os/as usuarios/as recomendarán libros que lles gusten. As recomendacións serán en cartulinas con forma de prendas de vestir para despois colgalas en diversos espazos da biblioteca.

Libros arredor do mundo 
Mostra da produción literaria dos distintos continentes, escritor@s europe@s, american@s, african@s e asiátic@s, que podes levar para coñecer diferentes culturas e xeitos de contar.
Nas tertulias destas semanas, comentaremos “Adiós, Hemingway” do escritor cubano Leonardo Padura e “La vegetariana” da escritora coreana Han Kang, novelas moi diferentes para analizar culturas diferentes.

A Hora do conto
O 21 de abril, ás 18:30 h., contacontos a cargo da compañía Eduvía co espectáculo Contamundos.
O 28 de abril, ás 18:30 h., contacontos a cargo do actor Ramiro Neira co espectáculo Como escoitar e gozar nunha sesión de contacontos.
Os dous contacontos ademais de realizarse presencialmente na biblioteca, tamén se subirán ao blog e á Web municipal o día seguinte da súa realización e permanecerán durante 48 horas para que poidan visualizalos todos os nenos e nenas que non puideran asistir.

Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera

A lectura como bálsamo
Mostra bibliográfica de temática moi diversa e que deixe bo sabor de boca.

Opinións de lectura
Os usuarios e usuarias deixarán as súas opinións sobre a lectura do libro nunha caixa de correos. Realización dun cartel con estas opinións.

Marcapáxinas
Realización dun marcapáxinas conmemorativo do Día do libro.

A Hora do conto
O 30 de abril, ás 18:30 h., contacontos a cargo da actriz Ana Carreira co espectáculo Contos de miúdos.
Este contacontos ademais de realizarse presencialmente na biblioteca, tamén se subirá ao blog e á Web municipal o luns, 3 de maio, e permanecerá durante 48 horas para que poidan visualizalos todos os nenos e nenas que non puideran asistir.

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño. Lorbé

Cervantes e Shakespeare
Exposición bibliográfica sobre as principais obras de Cervantes e Shakespeare.

Marcapáxinas
Realización dun marcapáxinas conmemorativo do Día do libro.

Mural de recomendacións
Cada persoa poderá facer unha recomendación dun libro ou película, que se colocará nun mural na biblioteca.

A Hora do conto
O 22 de abril, ás 18:30 h., contacontos a cargo da actriz Lía Magalia co espectáculo Cousas de bruxas.
Este contacontos ademais de realizarse presencialmente na biblioteca, tamén se subirá ao blog e á Web municipal o luns, 3 de maio, e permanecerá durante 48 horas para que poidan visualizalos todos os nenos e nenas que non puideran asistir.

Biblioteca Municipal Manuel María. Oleiros

E ti...que les?
Actividade na que os usuarios e usuarias recomendan algún libro que levaran en préstamo da biblioteca e que lles gustara  especialmente. Todas as lecturas recomendadas serán expostas na biblioteca.
 
 
Compartindo un libro 
Mostra bibliográfica coas recomendacións literarias feitas polas usuarias e usuarios infantís xuvenís e adultos da biblioteca.



Biblioteca Municipal Ánxel Fole. Nós

A Hora do conto
O 23 de abril, ás 18:30 h., contacontos a cargo da compañía Trémola Teatro co espectáculo En busca dos monstros.
Debido a que esta biblioteca está pechada ao público por obras no seu interior, a sesión de contacontos poderán vela a través de Youtube. Subirase ao blog e á Web municipal o mesmo día da súa realización e permanecerá durante 48 horas para que poidan visualizala todos os nenos e nenas que o desexen.