9/4/21
Hora do conto na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) 08/04/2021
Recomendacións en Radioleiros: 9 abril 2021

A nena que abrazaba as árbores, de Henrique Alvarellos, con ilustracións de Xulia Nieto Pereira
Alvarellos, 2020
Un texto de temática ecolóxica que conecta a nenas e nenos co coñecemento e amor pola natureza, expresado dun xeito musical e didáctico e magníficamente acompañado das ilustracións de Xulia Nieto Pereira.
- Mozas/os e adultas/os:
La lotería, de Shirley Jackson, con ilustracións de Miles HymanNórdica, 2018
A banda deseñada de Miles Hyman, neto da autora, apórtanos cores rotundas que reforzan o contido da historia, con trazos de Edward Hooper, dando lugar a unha atmósfera que fai máis potente un relato que foi extremadamente polémico no 1948, ano da súa publicación.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
8/4/21
Hora do conto na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) 07/04/2021
7/4/21
Hora do conto na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) 06/04/2021
6/4/21
Novidades dvd cine - infantil e xuvenil - en Rialeda (abril 2021)
15 novas películas infantís - xuvenís na Biblioteca Central Rialeda
Hora do conto na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) 05/04/2021
Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 7 abril 2021 (Grupo A)

Comentario de La lotería, de Shirley Jackson
Documentación
Seguinte lectura: Ordesa, de Manuel Vilas
5/4/21
2 de abril: Día do Libro Infantil
Desde 1967, o IBBY (International Board on Books for Young People) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen. As Bibliotecas Municipais de Oleiros xunto a outras bibliotecas públicas, así como librarías e outras entidades, celebramos esta data organizando exposicións bibliográficas, contacontos e actividades diversas relacionadas co libro e a lectura.
De 5 a 19 de abril, convidamos as-os nosas-os usuarias-os a imaxinar o seu personaxe de ficción favorito, dentro da actividade “Imaxina personaxes”. Teremos un taboleiro onde poderán ir engadindo os nomes das figuras de conto que máis lles apeteza, pode ser dos libros da Mostra bibliográfica que temos na entrada da biblioteca (selección de libros gañadores do Premio Andersen ao longo dos anos), outros contos da biblioteca, dos que teñan na casa…
A biblioteca proporcionará recortables en forma de flor e nubes para que cada participante escriba dentro o nome do personaxe e o pegue no taboleiro habilitado.
- Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)
Poderás contemplar a Exposición bibliográfica de dúas grandes escritoras xa clásicas da literatura infantil e xuvenil a nivel mundial: son Maria Gripe e Christine Nöstlinger ambas con recoñecido prestixio, unha ampla traxectoría profesional e numerosos galardóns, entre eles o Premio Hans Christian Andersen.
- Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Durante o mes de abril
podes ver "ExpoCómic", unha mostra das coleccións de banda deseñada
infantil e xuvenil dispoñibles na biblioteca. Ademáis, durante este
mes, agasallaremos as-aos cativas-os cun orixinal marcapáxinas para
colorear.
- Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Durante o mes de abril terás a ocasión de ver a Exposición bibliográfica de obras de H.C. Andersen. Ofrecerémosche marcapáxinas para colorear e o mural de recomendacións: as-os usuarias-os poden recomendar un libro (escribindo ou as-os máis pequenas-os debuxando) e colocarase nun mural para que as-os demáis usuarias-os podan consultalas.
Hora do conto na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) 31/03/2021
AVISO IMPORTANTE: Peche ao público da Biblioteca Municipal Ánxel Fole de Nós
Ata novo aviso, péchase a Biblioteca Municipal Ánxel Fole de Nós por atoparse en obras.
A Hora do Conto manteráse en formato audiovisual nos días e hora programados.
A devolución e a reserva de fondos bibliográficos quedarán aprazadas ata a reapertura do centro.
Para calquera dúbida ou aclaración pode dirixirse por correo electrónico ou teléfono
á Biblioteca Central Rialeda
Teléfono da Biblioteca Central Rialeda: 981 639 511
Correo electrónico da Biblioteca Central Rialeda: biblioteca.rialeda@oleiros.org
Horario de atención ao público:
Luns a venres: de 8:15 a 21 h.
Sábados: de 10 a 14 h.
PREGAMOS DESCULPEN AS MOLESTIAS
Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 6 abril 2021 (Grupo B)

Comentario de A esmorga, de Eduardo Blanco Amor
Coa colaboración da profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada.
Documentación
Seguinte lectura: Adiós, Hemingway, de Leonardo Padura
4/4/21
Hora do conto: 5 a 9 de abril 2021 #bibliotecasegura #culturasegura
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 5 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “Érase unha vez”
Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 6 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos do fillo da lavandeira"
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 7 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “Bruxerías”
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 8 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Contos dos tres eran tres”
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 8 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Verde”
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 9 de abril
AVISO IMPORTANTE: Este contacontos será só audiovisual!!!
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Animaliños"
AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.
31/3/21
3º trimestre nas Tertulias Literarias (Virtuais) de Rialeda
Programación Grupo A:
- Ordesa, de Manuel Vilas
(7 a 21 de abril)
- El cielo es azul, la tierra blanca, de Hiromi Kawakami
(21 de abril a 5 de maio)
- Feliz idade, de Olga Novo
(5 a 19 de maio)
- La impaciencia del corazón, de Stefan Zweig
(19 de maio a 2 de xuño)
Programación Grupo B:
- Tierra de campos, de David Trueba
(14 a 28 de abril)
- Amor de tango, de María Xosé Queizán
(28 de abril a 12 de maio)
- La habitación de invitados, de Helen Garner
(12 a 26 de maio)
- Madres e hijas, de Laura Freixas
(26 de maio a 9 de xuño)
Nestes intres quedan prazas no Grupo B. + info. no teléfono 981 639511
3º trimestre nas Tertulias Literarias (Virtuais) de Santa Cruz
Programación Grupo A:
- Un amor, de Alejandro Palomas
(23 de marzo a 13 de abril)
- La vegetariana, de Han Kang
(13 a 27 de abril)
- As rulas de Bakunin, de Antón Riveiro Coello
(27 de abril a 11 de maio)
- La lotería, de Shirley Jackson
(11 a 25 de maio)
Programación Grupo B:
- Adiós, Hemingway, de Leonardo Padura
(6 a 20 de abril)
- Vestido de novia, de Pierre Lemaitre
(24 de abril a 4 de maio)
- Os vellos non deben de namorarse, de Castelao
(4 a 18 de maio)
- Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout
(18 de maio a 1 de xuño)
30/3/21
Hora do conto en abril en Bibloleiros: 18 sesións para atopares a maxia!
Contacontos para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!
Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas.
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.
- Luns 5 de abril, Trémola Teatro con “Érase unha vez” na Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda).
- Martes 6 de abril, Paula Carballeira con “Contos do fillo da lavandeira" na Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros).
- Mércores 7 de abril, Lía Magalia con “Bruxerías” na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
- Xoves 8 de abril, Ana Carreira con “Contos do tres eran tres” na Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé).
- Xoves 8 de abril, Charo Pita con “Verde” na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
- Venres 9 de abril, Eduvía con “Animaliños" na Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós).
- Mércores 14 de abril, Paula Carballeira con "As bruxas de abril" na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
- Xoves 15 de abril, Trémola Teatro con “O neno que se comía todos os contos” na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
- Venres 16 de abril, Carmen Domech con “Contos de libros contentos" na Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera).
- Luns 19 de abril, Lía Magalia con "Aventuras no bosque" na Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda).
- Martes 20 de abril, Ramiro Neira con “A volta ao mundo en menos dunha hora" na Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros).
- Mércores 21 de abril, Eduvía con “Contamundos” na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
- Xoves 22 de abril, Lía Magalia con “Cousas de bruxas” na Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé).
- Xoves 22 de abril, Carmen Domech con “Contos de libros contentos” na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
- Venres 23 de abril, Trémola Teatro con “En busca dos monstros" na Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós).
- Mércores 28 de abril, Ramiro Neira con "Como escoitar e gozar nunha sesión de contacontos" na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
- Xoves 29 de abril, Eduvía con “Contos de cores” na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
- Venres 30 de abril, Ana Carreira con “Contos de miúdos" na Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera).
AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.




















