9/4/21

Recomendacións en Radioleiros: 9 abril 2021

- Infantil (a partir de 4 anos):

A nena que abrazaba as árbores, de Henrique Alvarellos, con ilustracións de Xulia Nieto Pereira
Alvarellos, 2020

Un texto de temática ecolóxica que conecta a nenas e nenos co coñecemento e amor pola natureza, expresado dun xeito musical e didáctico e magníficamente acompañado das ilustracións de Xulia Nieto Pereira.

- Mozas/os e adultas/os:

La lotería, de Shirley Jackson, con ilustracións de Miles Hyman
Nórdica, 2018

A banda deseñada de Miles Hyman, neto da autora, apórtanos cores rotundas que reforzan o contido da historia, con trazos de Edward Hooper, dando lugar a unha atmósfera que fai máis potente un relato que foi extremadamente polémico no 1948, ano da súa publicación.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario