30/3/21

Hora do conto en abril en Bibloleiros: 18 sesións para atopares a maxia!

Contacontos para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!

Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas.
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.
 
- Luns 5 de abril, Trémola Teatro con “Érase unha vez” na Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda).

- Martes 6 de abril, Paula Carballeira con “Contos do fillo da lavandeira" na Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros).

- Mércores 7 de abril, Lía Magalia con “Bruxerías” na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).

- Xoves 8 de abril, Ana Carreira con “Contos do tres eran tres” na Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé).

- Xoves 8 de abril, Charo Pita con “Verde” na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

- Venres 9 de abril, Eduvía con “Animaliños" na Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós).

- Mércores 14 de abril, Paula Carballeira con "As bruxas de abril" na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).

- Xoves 15 de abril, Trémola Teatro con “O neno que se comía todos os contos” na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

- Venres 16 de abril, Carmen Domech con “Contos de libros contentos" na Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera).

- Luns 19 de abril, Lía Magalia con "Aventuras no bosque" na Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda).

- Martes 20 de abril, Ramiro Neira con “A volta ao mundo en menos dunha hora" na Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros).

- Mércores 21 de abril, Eduvía con “Contamundos” na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).

- Xoves 22 de abril, Lía Magalia con “Cousas de bruxas” na Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé).

- Xoves 22 de abril, Carmen Domech con “Contos de libros contentos” na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

- Venres 23 de abril, Trémola Teatro con “En busca dos monstros" na Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós).

- Mércores 28 de abril, Ramiro Neira con "Como escoitar e gozar nunha sesión de contacontos" na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).

- Xoves 29 de abril, Eduvía con “Contos de cores” na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

- Venres 30 de abril, Ana Carreira con “Contos de miúdos" na Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera).

                                                       AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario