15/6/11

Dirixido por Steven Soderbergh: dvds na Biblioteca Central Rialeda

Presentamos 8 obras fundamentais dentro da carreira do director de Atlanta. Steven Soderbergh, quen recentemente declarou estar disposto a abandoar o cine, farto de Hollywood, iníciase na producción cinematográfica a través de cortos e dirixindo concertos, pero é en 1989 cando obtén a Palma de Ouro de Cannes con "Sexo, mentiras y cintas de vídeo" onde da a coñecer á actriz Andie MacDowell.




A posterior carreira de Soderbergh combina xestos de cine autoral con produccións máis cercanas ao espíritu comercial dos grandes estudios. A súa obra comprende máis de 20 filmes dos que a Biblioteca Central Rialeda ofréceche 8 títulos:

- Che, el argentino (2008). Biopic sobre o revolucionario e combatente arxentino.

- El buen alemán (2006). "Cinema noir" á antiga, homenaxe ao cine dos anos 40.

- Keane (2004). Producida por Soderbergh e dirixida por Lodge Kerrigan

- Solaris (2002). Particular visión da obra de Stanislaw Lem, máis coñecida pola versión de Andrei Tarkovski
- Ocean's eleven (2001). Intriga na tradición do xénero de roubos e atracos.

- Erin Brockovich (2000). Obra de denuncia baseada nun persoaxe real.

- Traffic (2000). Thriller sobre o narcotráfico na fronteira mexicana.

- Sexo, mentiras y cintas de vídeo (1989). Ópera prima e Palma de Ouro en Cannes.

Poderás atopar estos títulos para levar en préstamo no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.

25 anos sen Borges : expo na Biblioteca de Lorbé

Cúmprense 25 anos da morte do maior exponente das letras arxentinas. Escritor, poeta e ensaísta, foi nominado ao Premio Nobel e acadou o Premio Cervantes en 1980.



A súa producción inicial comprende contos e poemas sobre temáticas arxentinas. Tra-la súa operación nos ollos, empeza a escribir relatos de corte fantástico, xénero que o catapulta ao recoñecemento mundial. Entre os seus poemarios destacan: El otro, el mismo, Elogio de la sombra, El oro de los tigres, La rosa profunda e La cifra; mentres que dos seus libros de relatos destácanse: Ficciones; El Aleph; El jardín de los senderos que se bifurcan, El libro de arena e El hacedor.



Achégate á biblioteca para adentrarte no universo de Jorge Luis Borges.



Obras de Jorge Luis Borges no Sistema de Bibliotecas Públicas do Concello de Oleiros.

13/6/11

2848 GRAZAS!!!

cartel Hora do conto2848 GRAZAS!!!
2848 persoas, entre nenos/as e pais/nais, participaron na actividade da Hora do Conto durante os meses de febreiro a maio, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
Realizáronse nas oito bibliotecas municipais, a través de narración
ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e cunha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Os obxectivos que se intentaron conseguir son que os nenos e as nenas participantes se divirtan escoitando contos, facer novos lectores/as ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.
Participaron as contadoras e contadores Paula Carballeira, Pablísimo, Soledad Felloza, Fran Ínsua, Inés Cuadrado, Ramiro Neira, Andrea Bayer, Caxoto, Pedro Brandariz, Marta Ríos, Pavís-Pavós, Anxo Tirado, Pizpireta, Celso Fernández e a Compañía Trinke-Trinke (cos “ratos da biblioteca”) que narraron diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación.
Pretendeuse introducir as persoas máis novas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, que os/as faga gozar e divertirse.

11/6/11

Tertulia literaria en Santa Cruz: 13 de xuño - Remate Tempada

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"

Hora: de 18,30 a 20 h.

Comentaráse a obra "Vida con Picasso" de Françoise Gilot.
Obras sobre Pablo Picasso nas nosas bibliotecas.


Con esta sesión remata a tempada 2010-2011. Agradecemos a todas as participantes a súa presenza un ano máis na actividade, desexándolles un feliz verán.

10/6/11

Recomendacións en Radioleiros

logo Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 10 de xuño:
- Xuvenil (a partir de 12 anos):
"El diario completamente verídico de un indio a tiempo parcial" de Sherman Alexie, en Siruela.cuberta do libro El diario completamente verídico de un indio a tiempo parcial
Arnold Spirit Junior é un adolescente indio que vive na reserva spokane de Wellpinit, no estado de Washington, onde a vida é dura e escasean as oportunidades para saír adiante. Co fin de mellorar a súa formación pide unha bolsa para cursar estudos fóra da reserva nun instituto a onde só acoden rapaces brancos.
- Mozos/as e adultos/as:
"Expiación" de Ian McEwan editado por Anagrama.
Desde a incuberta do libro Expiaciónconsciencia dos seus trece anos, Briony Tallis lanza unha grave acusación sobre unha persoa inocente que non só arruinará a vida do acusado senón tamén a súa propia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/6/11

A túa viaxe comeza na Biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal de Santa Cruz acerca as guías de viaxes de Galicia, España e o Mundo, nunha nova exposición que estará na sala de consulta e lectura de adultos desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro.



Nesta mostra pódese atopar información sobre comunidades autónomas de España, Comunidade Europea : París, Londres, Roma, etc., mapas actualizados de estradas, así como guías de casas rurais, praias, balnearios, rutas a pé ou en bicicleta, etc..

Todo este material está a disposición dos usuarios e usuarias da biblioteca para consultalo na propia sala ou no seu domicilio utilizando o carnet de socio/a.




Deixa un bico no espello: poderás ver a expo sobre Lois Pereiro ata finais de xuño na Biblioteca Central Rialeda

logo Deixa un bico no espelloDeixa un bico no espello
Poderás contemplar ata finais de xuño a exposición bio-bibliográfica sobre Lois Pereiro. A Biblioteca Central Rialeda conmemorou a celebración das Letras Galegas con diferentes actividades: ZONA LOIS: seguindo a proposta de actividades para cativos/as do Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán de Oseiro-Arteixo, EXPO bio-bibliográfica con paneis informativos, especiais de prensa adicados ao autor monfortino, publicacións periódicas (Luzes de Galiza, Dorna), monografías, e a participación no VENTO LOIS, coa gravación de poemas de Lois por parte de lectoras/es da súa poesía.


6/6/11

Tertulia literaria en Rialeda: 8 de xuño (Grupo B - Remate Tempada)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30




Con esta sesión remata a tempada no Grupo B. Agradecemos a todas as participantes a súa presenza un ano máis na actividade, desexándolles un feliz verán.

3/6/11

Recomendacións en Radioleiros: 3 de xuño

logo Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 3 de xuño:
- Infantil (nenos/as de 6 a 8 anos):
"La verdad del elefante" texto de Martin Baltscheit e ilustrfoto da cuberta de La verdad del elefanteacións de Christoph Mett. En Lóguez.
Cinco científicos cegos investigan sobre a verdade sen atopala porque non son capaces de ver o conxunto. Unha historia filosófica sobre a verdade e a imaxinación.
- Mozos/as e adultos/as:cuberta de Á marxe VII
"Á marxe, 1998. Obra xornalística VII" de Carlos Casares. Editado por Galaxia.
Unha das múltiples facetas de Carlos Casares (1941-2002) foi a de redactar pequenos artigos de prensa. Neste ano 1998 vemos pasar ao gato Samuel, escritores amigos como Torrente e Bryce Echenique, estadías en Israel e nos Estados Unidos, un feixe de cafés con puro e congresos literarios en España e Portugal, todo sen perder o humor e a retranca.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

2/6/11

A serie "Roma" chega á Biblioteca Rialeda

A Biblioteca Central Rialeda engade á súa ampla colección de dvds, a prestixiosa serie de televisión "Roma". Producida entre 2005 e 2007, consta de 22 episodios divididos en 11 discos que cubren as dúas tempadas completas.


Rodada íntegramente nos míticos estudios Cinecittà da capital italiana, "Roma" é un drama épico sobre os días de poder e gloria de Xulio César a través da ollada de dous soldados, Lucius Vorenus y Titus Pullo.


Como curiosidade apuntamos que a serie deixou de producirse debido ao altísimo custe da mesma. Todo o armamento, cascos, e demáis panoplia foi fabricada artesanalmente e os tecidos dos vestidos (la, liño, algodón e seda) foron importadas da India, Túnez e Marrocos.

Non obstante está prevista a súa continuación en pantalla grande.


A colección distribúese en 6 volumes. Consulta a súa dispoñibilidade.

30/5/11

Hora do conto: 31 de maio

logo hora do conto nas bibliotecas de oleiros Aquí tes a programación desta semana da hora do conto,
PASARALO MOI BEN ESCOITANDO CONTOS!!!

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 31 de maio
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: "Terrible", "Gato Guille e os monstros", "Agora non, Fernando", "Chibos chibóns"

Vémonos en outubro!!!

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Tertulia literaria en Rialeda: 1 de xuño (Grupo A - Remate Tempada)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)

Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "Tierra desacostumbrada" de Jhumpa Lahiri
Documentación


Obras de Jhumpa Lahiri nas nosas bibliotecas.


Con esta sesión remata a tempada no Grupo A. Agradecemos a todas as participantes a súa presenza un ano máis na actividade, desexándolles un feliz verán.

Vémonos en outubro!!!

Tertulia literaria en Santa Cruz: 30 de maio

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"

Hora: de 18,30 a 20 h.


Comentaráse a obra "Narcos" de Carlos G. Reigosa
Documentación


Obras de Carlos G. Reigosa nas nosas bibliotecas

27/5/11

Recomendacións en Radioleiros: 27 de maio

logo radioleirosTítulos recomendados o venres 27 de maio:
- Infantil (nenos/as menores de 6 anos):
"¿E ti que farías por min?" de Fina Casalderrey, ilustracións de Manolo Uhía en Xerais.
cuberta do libro E ti que farías por min
Marqués e Malta son dous cans que viven na rúa e teñen moita fame. Precisan buscar comida. Mentres Malta revolve no vertedoiro buscando algo de alimento, Marqués dille o que faría por ela se fose bolboreta, xílgaro ou lúa. Malta sorrí e segue a buscar comida, por fin atopa un zanco de polo. Que fará Malta co zanco de polo? Simpática obra, cunhas fermosas e coloridas ilustracións.
- Mozos/as e adultos/as:
"Tierra desacostumbrada" de Jhumpa Lahiri, editado por Salamandra
Esta obrcuberta do libro tierra desacostumbradaa foi escollida polo The New York Times como o mellor libro do ano 2008.

É unha colección de relatos de familias de orixe bengalí que viven na Costa Este dos Estados Unidos. Fálannos do proceso de transformación que se produce entre a cultura da India e a occidental e a fraxilidade das relacións humanas. Retratan fielmente as vivencias e emocións destas persoas. Son historias sobre diferentes homes e mulleres que teñen que tomar decisións entre a tradición familiar e do seu país e a súa emancipación persoal, ou en función da súa propia forma de ser, pero todas tratadas con moita delicadeza. Moitos dos relatos van emocionarnos e falarnos de amor e desamor, de ilusións e desilusións.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/5/11

O Vento Lois zoa na Biblioteca Central Rialeda

Vento LoisO Vento Lois zoa con forza na Biblioteca Central Rialeda. Como di a letra da canción escrita por Lois Pereiro para o grupo de rock Radio Océano, Como unha lanza do vento, como o vento a avanzar!: Un nordés poético protagonizado por Cristina Veiga, David Pernas, Fran Insua, Luz Corral, Mª José Ruiz, Milagros González, Pablísimo, Pura Quiroga, Rose Conchado, Soledad Felloza, Sabela Moralejo, Pilar Silva e Chelo Seixo que recitan versos do poeta monfortino na Biblioteca Rialeda, sumándose así ao furacán imparable que percorre Galicia enteira de corazón en corazón, fundando unha comunidade poética latexante.