13/6/11

2848 GRAZAS!!!

cartel Hora do conto2848 GRAZAS!!!
2848 persoas, entre nenos/as e pais/nais, participaron na actividade da Hora do Conto durante os meses de febreiro a maio, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
Realizáronse nas oito bibliotecas municipais, a través de narración
ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e cunha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Os obxectivos que se intentaron conseguir son que os nenos e as nenas participantes se divirtan escoitando contos, facer novos lectores/as ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.
Participaron as contadoras e contadores Paula Carballeira, Pablísimo, Soledad Felloza, Fran Ínsua, Inés Cuadrado, Ramiro Neira, Andrea Bayer, Caxoto, Pedro Brandariz, Marta Ríos, Pavís-Pavós, Anxo Tirado, Pizpireta, Celso Fernández e a Compañía Trinke-Trinke (cos “ratos da biblioteca”) que narraron diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación.
Pretendeuse introducir as persoas máis novas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, que os/as faga gozar e divertirse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario