Títulos recomendados o venres 3 de xuño:
- Infantil (nenos/as de 6 a 8 anos):
"La verdad del elefante" texto de Martin Baltscheit e ilustracións de Christoph Mett. En Lóguez.
Cinco científicos cegos investigan sobre a verdade sen atopala porque non son capaces de ver o conxunto. Unha historia filosófica sobre a verdade e a imaxinación.
- Mozos/as e adultos/as:
"Á marxe, 1998. Obra xornalística VII" de Carlos Casares. Editado por Galaxia.
Unha das múltiples facetas de Carlos Casares (1941-2002) foi a de redactar pequenos artigos de prensa. Neste ano 1998 vemos pasar ao gato Samuel, escritores amigos como Torrente e Bryce Echenique, estadías en Israel e nos Estados Unidos, un feixe de cafés con puro e congresos literarios en España e Portugal, todo sen perder o humor e a retranca.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario