26/3/21

Hora do conto: 30 e 31 de marzo 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Volven os contacontos ás Bibliotecas Municipais para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!
 
Aforo limitado: chama e reserva a túa praza. 
Todas as contadas serán ás 18:30 h.

As sesións poderán verse a través de Youtube a partir do día seguinte ao do contacontos presencial e durante as 48 horas posteriores.
 
Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 30 de marzo
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Verbas de cores” Celebramos o Día da Poesía
 
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 31 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 626 338
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos de cando a nai dos dragóns anunciaba a primavera"
 
                                                       AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario