16/11/18

Recomendacións en Radioleiros: 16 novembro 2018

https://spark.adobe.com/video/ouScmw8WLFWEk
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1437112- Infantil (nenas-os menores de 6 anos):
"A miña profe é un monstro" de Peter Brown. En Alvarellos.
Brais era un rapaz que tiña un problema na escola. Chamábase a “Profe Lola”. Veíaa auténticamente coma un monstro: pel verde, pelo enmarañado, garras, grandes fauces cheas de dentes afiados. O certo é que a profe Lola berraba moito, máis ben, ruxía. Pero as cousas empezaron a cambiar un sábado pola mañá, cando Brais atopa á súa profe no seu lugar favorito: o parque… ”Vaites, que fastidio!!” O rapaz quería fuxir ou agocharse pero iso empeoraría as cousas, así que decide sentarse con ela no banco, morto de vergoña, por suposto! Unha serie de acontecementos foron cambiando, non só o concepto que Brais tiña da súa mestra, senón tamén os rasgos dela que se empezaron a suavizar. Agora ben, que pasará cando chegue o luns e se atopen de novo na escola?
 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=808765- Mozas-os e adultas-os:
"El día antes de la felicidad" de Erri de Luca. Editado por Siruela.
Unha historia que transcorre no convulso Nápoles dos anos cincoenta. Unha cidade ofendida pola guerra que soubo rebelarse contra a ocupación alemana. Nun barrio dese Nápoles,
don Gaetano é o porteiro dun edificio e acolle na súa vida, case como un pai ao protagonista desta historia, un rapaz orfo, algo introvertido e con grandes inquedanzas polo saber. Destaca a amizade que se forxa entre don Gaetano e o rapaz, como o coida dende neno e lle ensina todo o que sabe, acompañándoo dende a súa infancia ata a súa madurez.
Un libriño que emociona, que soterra os medos e enorgullece a forza de saír adiante, de medrar ante as adversidades.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario