14/11/18

Obra de teatro “O valo” por Pallasos en Rebeldía no Teatro As Torres (Santa Cruz)

https://issuu.com/bibloleiros/docs/cartaz_o_valo_1_e_2
Actividade: Obra de teatro O valopor Pallasos en Rebeldía. 
Lugar: Teatro As Torres, anexo á  Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
Día: mércores, 14 de novembro, ás 18.30 horas.
No marco do Día Internacional para a Tolerancia, que se celebra o venres 16 de novembro, representarase no Teatro As Torres de Santa Cruz a obra de teatro “O valo”, para un público familiar (ideal a partir de 9 anos). A obra de teatro dirixida por Iván Prado e baseada no texto do mesmo título de Carlos Labraña foi gañadora do Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil
Busca promover a reflexión sobre as fronteiras e as situacións das persoas refuxiadas, ao tempo que se invita a transformar a realidade pensando nun mundo diferente. A proposta representa o encontro entre unha nena que escapa da guerra e un neno soldado, gardián das fronteiras que non por ser fronteiras deixan de ser movibles... “O valo” está escrita en homenaxe aos millóns de persoas que cada ano abandonan o seu país en guerra na procura doutros lugares máis seguros. 
Está obra está patrocinada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e organizada a súa representación polo Concello de Oleiros. Imprescindible reservar praza na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) ou chamando ao 981 626 338. 

Invitamos a todas as persoas que desexen asistir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario