Estas son algunha das súas características (por aquilo de que son obras orgullosas de si mesmas que non gustan de ser confundidas, por exemplo, cos albumes infantís):
É unha obra dirixida a todo tipo de lectores/as, onde predomina a ilustración, que se conxuga co texto, podendo estar este presente ou non.
É un xénero narrativo relativamente recente, herdeiro da linguaxe cinematográfica e da publicidade.
É unha intersección entre texto e imaxe, en perfecta sintonía. O/a escritor/a soe ser moi sintético e preciso, e o/a ilustrador/a expresa o que o texto non di, acrecentando coa imaxe o valor das palabras. Estas obras soen xogan co tamaño, formato, cuberta, textura, etc. Pode contar historias, ou emocións, sentimentos… é un libro para explorar, sentir e gozar.
Algún dos autores/as presentes na nosa sección: Jimmy Liao, Jutta Bauer, Shaun Tan, Geert De Kockere, Roberto Innocenti, Schnetzer, Wolf Erlbruch, Rébecca Dautremer, Kveta Pakovska, Isol, Benjamin Lacombe, e moitos/as máis. LÉMBRATE, AI!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario