6/4/11

100 % CUNQUEIRO: expo bibliográfica na Biblioteca Central Rialeda

Logo da expo 100 por cen CunqueiroO autor da famosa cita Mil primaveras máis para a lingua galega, celebra en 2011 o centenario do seu nacemento. Sucédense os actos de conmemoración deste evento por toda Galicia, e en Oleiros tamén queremos participar con exposicións biobibliográficas nas bibliotecas. Neste caso, a Biblioteca Central Rialeda de Perillo, adícalle a expo titulada "100 % CUNQUEIRO: expo que conmemora o centenario do nacemento do escritor mindoniense", que reúne perto de sesenta obras, en galego e castelán, de Cunqueiro ou sobre a súa inmensa figura, que poderá contemplarse ata o mes de maio no vestíbulo das instalacións da biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario