11/9/26
Recomendacións en RadiOleiros: 11 setembro 2026
4/9/26
Recomendacións en RadiOleiros: 4 setembro 2026
- Infantil (a partir de 4 anos):

A avoa paxaro, de Benji Davies.
Andana.
Roi vai pasar uns días na casa da avoa, que vive acompañada dos paxaros.
- Mocidade e público adulto:
Alexandra Kolontái, de Hélène Carrére D´Encausse.Crítica.
De procedencia aristocrática, comezou nova no movemento revolucionario ruso e foi colaboradora directa de Lenin. Defendeu sempre teses feministas e ocupou cargos de primeiro nivel.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
28/8/26
49 sesións de setembro a novembro de 2026!!! Ler conta moito, Hora do conto e actividades infantís en Bibloleiros
Comeza setembro e as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura.
Todas as sesións terán lugar ás 17:30 h.
- Contacontos para crianzas de 2 a 4 anos.
- Actividades infantís para nenas e nenos a partir de 5 anos (maxia, narración de contos, etc.)
- Obradoiros para a cativada a partir de 6 anos.
Aforo limitado. Imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades.
Podes facelo desde 10 días antes da celebración da actividade, achegándote persoalmente, por teléfono ou internet en www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Preme aquí para coñecer as compañías, contadores/as, artistas, monitorado e as datas correspondentes.
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros. Súmase á programación das Bibliotecas Municipais de Oleiros para completar a oferta de actividades de setembro a final de ano.
Hora do conto e Ler conta moito: 10 a 18 de setembro 2026
Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de:
www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.
Todas as sesións terán lugar ás 17:30 h.
Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 10 de setembro
Para crianzas a partir de 5 anos e público familiar.
ESPECTÁCULO: “Maxia divertida”
ARTISTA: O Mago Paco
Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 17 de setembro
Para crianzas de 2 a 4 anos.
ESPECTÁCULO: “Porquiño vai ao mar”
CONTACONTOS: Ana Carreira
Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 18 de setembro
Para crianzas a partir de 5 anos e público familiar.
ESPECTÁCULO: “Abracalibro”
ARTISTA: O Mago Rafa
AVISO
A persoa adulta responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.
Aviso Horario Biblioteca de Santa Cruz
- Horario 28 e 31 de agosto:
8:30 a 14 h.
- Horario 1 a 4 de setembro:
8:30 a 15 h.
Pregamos desculpen as molestias.
Recomendacións en RadiOleiros: 28 agosto 2026
- Infantil (a partir de 6 anos):

Mariña e o balón, de Pere Tobaruela con ilustracións de Pablo Rosendo.
Xerais.
Versión dixital en Galiciale.
Mariña, unha nena namorada da poesía comeza a xogar ao fútbol.
- Mocidade e público adulto:
Cartas de Maruja Mallo. Edición e introducción de Guillermo de Osma.
Renacimiento.
Epistolario dunha das pintoras máis importantes do século XX.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
21/8/26
Recomendacións en RadiOleiros: 21 agosto 2026
- Xuvenil (a partir de 14 anos):

Unha historia de amor como outra calquera, de Rosa Aneiros.
Galaxia.
A relación dunha nena coa súa nai e a Antártida é de amor-odio, conformando un relato fascinante.
- Mocidade e público adulto:
El tiempo del fuego: historia de un incendio en un mundo más cálido, de John Vaillant.
Capitán Swing.
A mudanza climática e a industria petroleira van da man neste estudo arredor dos lumes modernos.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
14/8/26
Recomendacións en RadiOleiros: 14 agosto 2026
- Xuvenil (a partir de 12 anos):

Sed amables con las vacas: la historia de Temple Grandin, de Beatrice Masini.
Laberinto.
Temple Grandin é un referente no mundo do autismo que conseguiu coa súa incansable labor de divulgación dar visibilidade ás persoas con TEA e ás súas familias.
- Mocidade e persoas adultas:
La gran marcha, de E. L. Doctorow.
Roca.
Damas sureñas, escravos, desertores… seguen ao exército da Unión na súa gran marcha cara o mar, esperando atopar a solución aos seus problemas na fin do camiño.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
7/8/26
Recomendacións en RadiOleiros: 7 agosto 2026
- Xuvenil (a partir de 10 anos):

Ecotopías, de José Luis Fernández Casadevante "Kois", ilustracións de Joan Negrescolor.
Litera.
As ecotopías son relatos e imaxes que nos permiten visualizar novas formas de organizar a vida en común para encarar con éxito a crise ecolóxica. O seu modelo de organización da sociedade estaría situado entre un solo de necesidades que deben cubrirse para vivir dignamente e un teito de límites ambientais que non se poden desbordar.
Neste libro os autores combinan realismo e evidencia científica coa capacidade de imaxinar horizontes de futuro esperanzadores e reúnen diferentes experiencias inspiradoras que encerran a capacidade de resolver grandes problemas se logran expandirse, reforzarse e multiplicarse.
Unha lectura que, frente ao desánimo e o derrotismo, nos invita a imaxinar un mundo mellor como primeiro paso para poder facelo realidade.
- Mocidade e persoas adultas:
Hermanito (Miñán), de Ibrahima Balde e Amets Arzallus Antia.
Blackie Books.
Ibrahima Balde naceu en Guinea Conakri en 1994. É o maior de catro irmáns e cando súa nai lle di que o seu irmán pequeno marchou da casa buscando un futuro mellor Ibrahima sae desesperadamente a buscalo.
Despois de tres anos de búsqueda nos que sofre fame, sede, dor e innumerables abusos, en outubro de 2018 chega a Irún onde coñece a Amets que é voluntario na asociación Irungo Harrera Sarea (Rede de acollida de Irún) onde orientan a persoas migrantes que chegan ata Irún coa intención de seguir o seu camiño cara Europa.
Xuntos escriben este libro. Ibrahima Balde coa voz e Amets Arzallus Antia coa man. Un libro que é o testemuño dun xoven que non quería vir a Europa. Só quería atopar á persoa que máis quería no mundo.
A historia de Ibrahima é real e axúdanos a cambiar a mirada sobre os diferentes motivos que poden levar a miles de persoas a deixar o seu fogar para emprender unha viaxe chea de sufrimento e perigos buscando outra vida.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
3/8/26
Bolboretas no bandullo: unha escolma ideal para a estación estival
31/7/26
Recomendacións en RadiOleiros: 31 xullo 2026
- Infantil (a partir de 4 anos):

O meu piollo e máis eu, de Txabi Arnal con ilustracións de Malota.
Triqueta Verde.
A relación dun neno e o seu piollo é moi especial. Historia moi divertida para a cativada.
- Mocidade e público adulto:
Marsella 1940. Los artistas que huyeron del nazismo, de Uwe Wittstock.
Galaxia Gutenberg.
A derrota do exército francés conleva que moitos exiliados teñan que fuxir de novo. Marsella convértese na cidade que podería darlles a saída.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
29/7/26
O rousinol volve cantar en terras sureñas: centenario Harper Lee (1926-2026)
27/7/26
Aviso!!!
24/7/26
Recomendacións en RadiOleiros: 24 xullo 2026
- Infantil (a partir de 3 anos):

Pez Culo, de Pauline Pinson con ilustracións de Magali Le Huche.
Litera.
Divertida e colorida historia que é un canto á diversidade. Anima ás crianzas a crer en si mesmas e a non deixarse levar polos comentarios ofensivos dos demais.
- Mocidade e persoas adultas:
Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino. Xerais.
Novela íntima e delicada que nos invita a reflexionar sobre as dificultades e repercusións que a orientación sexual pode supoñer para algunhas persoas.
XLII Premio Xerais de Novela.
Versión dixital en Galiciale.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
17/7/26
Recomendacións en RadiOleiros: 17 xullo 2026
- Infantil (a partir de 4 anos):

Nina e Tita, de Beatriz García-Huidobro con ilustracións de Raquel Catalina.
Kalandraka.
Dúas avoas diferentes e complementarias, á vez.
- Mocidade e persoas adultas:
Amianto, de Alberto Prunetti.Hoja de Lata.
Un xornalista lembra a Italia dos sesenta e setenta, na que o seu pai, Renato, soldador de oficio, entra en contacto co amianto. Unha testemuña social e familiar de grande valor.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.





%20para%20Cartel.jpeg)
