7/8/26

Recomendacións en RadiOleiros: 7 agosto 2026

- Xuvenil (a partir de 10 anos):

Ecotopías
, de José Luis Fernández Casadevante "Kois", ilustracións de  Joan Negrescolor
Litera.

As ecotopías son relatos e imaxes que nos permiten visualizar novas formas de organizar a vida en común para encarar con éxito a crise ecolóxica. O seu  modelo de organización da sociedade estaría situado entre un solo de necesidades que deben cubrirse para vivir dignamente e un teito de límites ambientais que non se poden desbordar.

Neste libro os autores combinan realismo e evidencia científica coa capacidade de imaxinar horizontes de futuro esperanzadores e reúnen diferentes experiencias inspiradoras que encerran a capacidade de resolver grandes problemas se logran expandirse, reforzarse e multiplicarse.

Unha lectura que, frente ao desánimo e o derrotismo, nos invita a  imaxinar un mundo mellor como primeiro paso para poder facelo realidade.

- Mocidade e persoas adultas:

Hermanito (Miñán), de Ibrahima Balde e Amets Arzallus Antia
Blackie Books.

Ibrahima Balde naceu en Guinea Conakri en 1994. É o maior de catro irmáns e cando súa nai lle di que o seu irmán pequeno marchou da casa buscando un futuro mellor Ibrahima sae desesperadamente a buscalo.
Despois de tres anos de búsqueda nos que sofre fame, sede, dor e innumerables abusos, en outubro de 2018 chega a Irún onde coñece a Amets que é voluntario na asociación Irungo Harrera Sarea (Rede de acollida de Irún) onde orientan a persoas migrantes que chegan ata Irún coa intención de seguir o seu camiño cara Europa. 
Xuntos escriben este libro. Ibrahima Balde coa voz e Amets Arzallus Antia coa man. Un libro que é o testemuño dun xoven que non quería vir a Europa. Só quería atopar á persoa que máis quería no mundo.


A historia de Ibrahima é real e axúdanos a cambiar a mirada sobre os diferentes motivos que poden levar a miles de persoas a deixar o seu fogar para emprender unha viaxe chea de sufrimento e perigos buscando outra vida.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario