27/3/24

Os máis prestados do 2023: libros infantís e xuvenís

Pulsa na imaxe e coñece os títulos favoritos en cada categoría.

 

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros agradecemos a vosa fidelidade.
Moitas grazas por facer biblioteca!

26/3/24

Hora do conto: 2 a 5 de abril de 2024

- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.
 
Martes 2 de abril, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Leo es os números”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Mércores 3 de abril, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Bos días, Leo”
CONTACONTOS: Trémola Teatro


Xoves 4 de abril, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Unha granxa chea de contos”
CONTACONTOS: Migallas Teatro

Venres 5 de abril, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Animalario: arte e pintura”
MONITORA: Isabel Pintado
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Actividades de promoción da lectura: 2 a 5 de abril 2024

Actividades de promoción da lectura: 2 a 5 de abril 2024
Programa de actividades de promoción da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 2 a 5 de abril:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Martes 2 de abril:
- 10:15 alumnado de 5º de EI e 11:20 alumnado de 6º de EI do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Sorpresa" con A Xanela do Maxín.
Mércores 3 de abril:
- 10:15 alumnado de 4º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Cantos contos canto" con Pablo Díaz.
Xoves 4 de abril:
- 10:15 alumnado de 4º de EI do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"A noite das mudanzas" con Charo Pita.
Venres 5 de abril:
- 10:15 alumnado de 3º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Anuncio por palabras" con Trémola Teatro.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Martes 2 de abril:
- 10:30 alumnado de 1º de EP CEIP Luís Seoane (Mera).
"Non teño medo" con Galeatro.
Mércores 3 de abril:
- 10:30 alumnado de 4º de EI e 12:00 alumnado de 6º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Sorpresa" con A xanela do Maxín.
Xoves 4 de abril:
- 10:00 alumnado de 3º de EP e 12:00 alumnado de 4º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Preparad@s, list@s, xa!" con Ramiro Neira.
Venres 5 de abril:
- 10:00 alumnado de 2º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera) e 11:15 alumnado de 4º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Preparad@s, list@s, xa!" con Ramiro Neira.

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 2 de abril:
- 10:15 e 11:30 alumnado de 4º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Voar sen medo" con Chus Álvarez.
Mércores 3 de abril:
- 10:15 e 11:30 alumnado de 5º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Voar sen medo" con Chus Álvarez.
Xoves 4 de abril:
- 10:15 alumnado de 5º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Voar sen medo" con Chus Álvarez.
Venres 5 de abril:
- 10:15 e 11:30 alumnado de 6º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Voar sen medo" con Chus Álvarez.

22/3/24

Recomendacións en Radioleiros: 22 marzo 2024

- Infantil:

A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano, de Paula Rivas Ramírez con ilustracións de Iago Araujo.
Xerais

O funcionamento do cerebro e o sistema nervioso, as neuronas, a percepción a través dos sentidos son explicados dun xeito doado nunha visita a un instituto de neurociencia.

- Mocidade e público adulto:

Prometeo americano: el triunfo y la tragedia de J. Robert Oppenheimer, de Kai Bird e Martin J. Sherwin.
Debate

A biografía deste físico, pai da bomba nuclear e vítima da Guerra Fría, contada dun xeito atractivo e cun bon apédice fotográfico.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/3/24

MUSICA2 para celebrar o Día Mundial da Poesía 2024 en Rialeda

MUSICA2 para celebrar o Día Mundial da Poesía 2024 en Rialeda
"Nasín cando as prantas nasen, no mes das froles nasín", dixo Rosalía de Castro. O 21 de marzo nace a primavera, conmemoramos o Día Mundial da Poesía e os versos abrochan en Rialeda. Desta volta propoñemos MUSICA2, fermosos poemas cantados por brillantes artistas. Nesta recolleita xuntamos a poesía de Luísa Villalta, Miguel Hernández, Rosalía de Castro, José Agustín Goytisolo, Yolanda Castaño, Federico García Lorca, Gabriela Mistral, Lois Pereiro, Carmen Conde, Airas Nunes e Luz Fandiño (entre outras-os) coas voces de Compay Segundo, Guadi Galego, Pedro Guerra, Sílvia Pérez Cruz, Camarón, Rosalía, Paris Joel, DeVacas, Abe Rábade, Sheila Blanco, Narf, Carmen París, Miguel Poveda, Carolina Rubirosa, Guille LP, Rozalén, Xermán Son, Adriana Varela, Salvador Sobral, etc. 
28 poemas-cancións que poderás escoitar no teu móbil escaneando os QR espallados pola Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Se che prace, fainos chegar as túas suxestións coas mellores versións musicais dos teus poemas favoritos á conta de correo biblioteca.rialeda@oleiros.org
Feliz Día Mundial da Poesía 2024!!!

19/3/24

O Concello de Oleiros abre unha aula de estudo no xardín da Biblioteca Central Rialeda

O Concello de Oleiros pon a disposición de todos os veciños e veciñas unha aula de estudo situada no xardín da Biblioteca Central Rialeda en Perillo, con 34 postos de estudo, coas condicións necesarias para facilitar o silencio e a concentración dos usuarios e usuarias. Está aberta ao público de luns a venres, en horario ininterrompido desde as 8:15 ás 21 horas.

Esta agradable e luminosa aula complementa as salas de lectura e de consulta ofrecidas polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros nas súas 7 bibliotecas: Biblioteca Central Rialeda en Perillo, Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz, Biblioteca Manuel María en Oleiros, Biblioteca Mª José Ruso en Dorneda, Biblioteca Mª José Trincado en Mera, Biblioteca Ánxel Fole en Nós e Biblioteca Xograr Mendiño en Lorbé.

Ubicada no que era antigamente o cenador da finca, foi restaurada polo Concello de Oleiros cunha subvención da Deputación da Coruña.

Dispón de conexión a Internet con acceso WI-FI gratuíto e enchufes nas diferentes mesas. A instalación ten accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.



Tertulia literaria en Rialeda: mércores 20 marzo 2024 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.

Sesión moderada por Cecilia Monllor.

Comentario de "La doble vida de Anna Song" de Minh Tran Huy.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "El show de Gary" de Nell Leyshon.

17/3/24

15/3/24

Ler para saber A CIENCIA: 15 de marzo 2024

Alejandro Cardesín Moinelo en Rialeda. Venres 15 de marzo
Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.

Día: Venres, 15 de marzo.
Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Hora: 18:30 h.

Construímos unha nave espacial
Alejandro Cardesín Moinelo. Enxeñeiro e científico de Misións Planetarias.
Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.


Hora do conto: 18 a 22 de marzo de 2024

Hora do conto: 18 a 22 de marzo de 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas. 

Luns 18 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “Abrapalabra!”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Mércores 20 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
ESPECTÁCULO: “Amoriños contei”
CONTACONTOS: Tarabelos


Xoves 21 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Leo e as cores”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Xoves 21 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “O reino da rima”
CONTACONTOS: Charo Pita

Venres 22 de marzo, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “Cueiros de cores”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 15 marzo 2024

- Infantil:

Avni: Animal verdaderamente no identificado, con textos de Romain Pujol e debuxos de Vincent Caut
Astiberri

Avni é un neno estupendo, pero na súa nova escola de primaria “Animalia”, esperta a curiosidade de todos porque é diferente.
“Que animal é?”
“Ten unha pinta rara!”
Non é un oso, nin un peixe, nin unha serpe...
É Avni, un animal verdadeiramente non identificado, de cor azul, pero que pode cambiar de cor, estirarse, etc.
Un animal que non deixa indiferente a ninguén e para algúns incluso é un superheroe porque ten superpoderes...


As historietas están estruturadas en aventuras de dúas páxinas, polo que son moi fáciles de ler polas nenas e nenos máis pequenos e os guións abordan, cunha gran dose de humor e dunha maneira sinxela, temas como a diferenza, a amizade, o bullying, etc.
Avni vainos desconcertar e seducir pola súa orixinalidade, fantasía e simpatía.

Jesús Jiménez, xornalista da sección de Cultura de RTVE, dixo: “No solo es muy divertido sino también tremendamente educativo, ya que además de para que los niños empiecen a leer, les enseñará cosas tan importantes como a respetar la diferencia, a distinguir y combatir el bullying o la importancia de la amistad”.

Desde a editorial recoméndano para maiores de 6 anos, pero se llelo len os pais, as nais, ou outras persoas, pódese dicir que serve para idades inferiores.

- Mocidade e público adulto: 



Monet: nómada de la luz, con guión de Salva Rubio, debuxo e cor de Efa
Norma

Unha fermosa novela gráfica sobre a vida e a obra do pintor impresionista Monet.

O autor do guión explica que a pesar de que toda a obra está baseada e documentada en feitos reais, é unha adaptación á banda deseñada, por este motivo tiveron que usar a imaxinación e a fantasía, técnicas necesarias para a construción literaria do personaxe e a ficcionalización dalgúns feitos. O guionista adapta os datos que considera máis interesantes da súa biografía, pero, principalmente, céntrase en expor o seu sentir artístico e en como loitou por conservar a súa propia visión da arte, dedicándose á busca da luz e inundando de luz a súa obra. Como liderou o movemento dos Impresionistas que cambiou a visión da pintura no século XIX. O que Monet desexaba non era representar a realidade, nin idealizar o modelo como acontecía na antigüidade, senón pintar emocións, impresións...

En toda a publicación destaca a calidade do aspecto visual. Ao longo do libro iremos vendo o pintor en diversos escenarios, paisaxes, que calquera coñecedor de Monet recoñecerá facilmente, e finaliza co seu amado xardín.
Podemos dividila en dúas partes:
- Na primeira vai contando a súa vida en primeira persoa: a súa marcha para París, os seus problemas económicos, como loitou por conseguir expor no Salón da Academia, a súa relación con Camille coa que casou despois de ter un fillo e estar a punto de abandonala, etc.
- A segunda parte, é como un resumo no que os autores explican en que se inspiraron para realizar algunhas viñetas, incluíndo algúns anacronismos.


Efa estivo nominado ao premio Eisner, a mellor debuxante/artista multimedia por esta obra.



O 17 de marzo celébrase o Día do Cómic, instaurado en 2022 polo Consello de Ministros de España a iniciativa do Ministerio de Cultura, para recoñecer  o valor do cómic e do tebeo, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa  diversidade, creatividade e calidade. Por este motivo, as dúas obras recomendadas son de banda deseñada.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 19 a 21 de marzo 2024

Actividades de promoción da lectura: 19 a 21 de marzo 2024
Programa de actividades de promoción da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 19 a 21 de marzo:

Martes 19 de marzo:
- 10:15 alumnado de 4º de EI e 11:30 alumnado de 6º de EI do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Glup!" con Ramiro Neira.

Mércores 20 de marzo:
- 10:00 alumnado de 1º de Bacharelato do IES María Casares (Santa Cruz).
"Poéticas: unha viaxe pola historia da poesía española" con Chus Álvarez.

Xoves 21 de marzo:
- 10:15 e 11:30 alumnado de 1º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"O caracol namorado" con Trinketrinke Teatro.