21/3/24

MUSICA2 para celebrar o Día Mundial da Poesía 2024 en Rialeda

MUSICA2 para celebrar o Día Mundial da Poesía 2024 en Rialeda
"Nasín cando as prantas nasen, no mes das froles nasín", dixo Rosalía de Castro. O 21 de marzo nace a primavera, conmemoramos o Día Mundial da Poesía e os versos abrochan en Rialeda. Desta volta propoñemos MUSICA2, fermosos poemas cantados por brillantes artistas. Nesta recolleita xuntamos a poesía de Luísa Villalta, Miguel Hernández, Rosalía de Castro, José Agustín Goytisolo, Yolanda Castaño, Federico García Lorca, Gabriela Mistral, Lois Pereiro, Carmen Conde, Airas Nunes e Luz Fandiño (entre outras-os) coas voces de Compay Segundo, Guadi Galego, Pedro Guerra, Sílvia Pérez Cruz, Camarón, Rosalía, Paris Joel, DeVacas, Abe Rábade, Sheila Blanco, Narf, Carmen París, Miguel Poveda, Carolina Rubirosa, Guille LP, Rozalén, Xermán Son, Adriana Varela, Salvador Sobral, etc. 
28 poemas-cancións que poderás escoitar no teu móbil escaneando os QR espallados pola Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Se che prace, fainos chegar as túas suxestións coas mellores versións musicais dos teus poemas favoritos á conta de correo biblioteca.rialeda@oleiros.org
Feliz Día Mundial da Poesía 2024!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario