31/3/23

En abril, libros mil: actividades organizadas por Bibloleiros para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil

En abril, libros mil: actividades organizadas por Bibloleiros para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil
Decidimos titular as actividades de fomento da lectura que imos realizar ao longo do mes de abril como En abril, libros mil debido a que neste mes hai dúas celebracións moi importantes para as bibliotecas: o Día Internacional do Libro Infantil e o Día Mundial do Libro e nelas utilizaremos numerosos e diversos  libros.
O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil coincidindo coa conmemoración da data de nacemento do escritor Andersen, co obxectivo de fomentar nos nenos e nenas o interese polos libros e a lectura e facer diso un hábito de vida.
- En todas as bibliotecas municipais realizaranse exposicións de libros infantís e xuvenís:
- Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), Expo Olivia, dedicada ao autor eExpo Olivia, adicada ao creador Ian Falconer ilustrador Ian Falconer, recentemente falecido, coñecido polas nenas e nenos de todo o mundo por ser o creador do personaxe de Olivia, a alegre porquiña, que debuxou en 1996 como agasallo para a súa sobriña.
- Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) e Ánxel Fole (Nós), exposicións de libros de autoras e autores gañadores dos premios Andersen, como Astrid Lindgren creadora de Pippi Calzaslargas, ou Gianni Rodari autor de Contos por teléfono, Gramática da fantasía ou Érase dos veces el barón Lamberto...
- Na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) e Xograr Mendiño (Lorbé), mostras bibliográficas con obras de  Hans Christian Andersen, con títulos como O patiño feo, O soldadiño de chumbo, O traxe novo do emperador, A princesa e o chícharo, A sereíña, etc.
Mostra bibliográfica da autora británica de literatura infantil Julia Donaldson
- Na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda), mostra bibliográfica da autora británica de literatura infantil Julia Donaldson, da que se cumpren 75 anos do seu nacemento, autora de libros como O grúfalo, A filla do grúfalo…
- Na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera), mostra bibliográfica sobre a escritora galega Fina Casalderrey, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1996 pola súa obra Os fillos de Lúa, e a ilustradora vasca Elena Odriozola, Premio Nacional de Ilustración en 2015, con obras ilustradas como A princesa que bocexaba a todas horas ou Oda a unha estrela e carteis informativos sobre a súa vida e obra. As dúas autoras foron propostas este ano, por España, para os Premios Hans Christian Andersen.
- “Decora a Olivia”, actividade plástica para público infantil, na Biblioteca Central Rialeda.
- Marcapáxinas para colorear, nas Bibliotecas de Nós e de Lorbé.
- Actividades “O que le, vístese por dentro” e “Cóntame un conto”, nas que os nenos e adolescentes realizarán recomendacións de libros, nas Bibliotecas de Santa Cruz e de Lorbé.
- Actividade “Teño moito conto”, na que a Biblioteca Manuel María (Oleiros) proporcionará un sinxelo libriño a cada neno-a para que crea nel a súa propia historia que despois será exposta na biblioteca.
- “Un libro, sempre contigo”, actividade plástica dirixida ao público infantil para a decoración dun marcapáxinas dedicado á autora Julia Donaldson, na Biblioteca de Dorneda.
- “Sorbos de lectura infantil”. Exporanse vasos de papel con frases de diversos libros infantís. Cada nena ou neno que colla un vaso, deberá levar ese libro en préstamo para a súa lectura, na Biblioteca de Santa Cruz.
- Actividades para público infantil:
A Hora do conto e outras actividades infantís nas bibliotecas municipais, ás 18:30 h.
Debido a que este ano o día 2 de abril coincide en domingo e despois é a Semana Santa en que moitos nenos e nenas marchan de viaxe, comezaremos coas actividades relativas a esta celebración na semana anterior a este día e continuaremos con elas na semana do 11 de abril.
31 marzo, Lía Magalia, (Mera), A maceira que daba calquera cousa menos mazás, nenas-os de 6 anos en diante.
11 abril, Ramiro Neira, (Oleiros), Contos de aventura!!!, nenas-os de 2 a 5 anos.
12 abril, Pavís Pavós, (Sta. Cruz), Historias da marquesa, nenas-os de 6 anos en diante.
13 abril, Trinke Trinke (Rialeda), Animais do bosque, nenas-os de 2 a 5 anos.
13 abril, Raquel Galavís (Lorbé), Orella corazón, nenas-os de 6 anos en diante.
14 abril, Fran Amil (Nós), Canto conto ten, nenas-os de 2 a 5 anos.
17 abril, Tarabelos (Dorneda), O traxe novo do rei, nenas-os de 6 anos en diante.
- Actividades para adolescentes:
Ler para saber: A CIENCIA, charlas de divulgación científica dirixidas a adolescentes e público en xeral
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), ás 18:30 h.
14 de abril, A célula: unidade fundamental da vida por Raquel Iglesias Reinoso, doutora en Bioloxía.
- Actividades para alumnado dos centros de ensino:
Campaña de animación á lectura.
12 abril, 10:30, 1º A e B Primaria CEIP Juana de Vega, Brinca vai: de aquí a acolá con Paco Nogueiras en Rialeda.
12 abril, 12:30, 3º A e B Primaria CEIP Juana de Vega, Brinca vai: de aquí a acolá con Paco Nogueiras en Rialeda.
12 abril, 10:15, 5º A e B Infantil CEIP Rabadeira, Aprendendo a querer con Trinketrinke Teatro en Oleiros.
13 abril, 10:15, 3º A Primaria CEIP Rabadeira, Hércules e o xigante: achegamento á Torre de Hércules con Enrique López en Oleiros.
13 abril, 11:35, 3º B Primaria CEIP Rabadeira, Hércules e o xigante: achegamento á Torre de Hércules con Enrique López en Oleiros.
13 abril, 10:00, 2º A e B Primaria CEIP Juana de Vega, As aventuras de Mariña con Galeatro en Rialeda.
13 abril, 10:30, 6º A e B Primaria CEIP Isidro Parga Pondal, Aproximación á ilustración con Óscar Villán en Sata. Cruz.
14 abril, 10:15, 6º A Infantil CEIP Rabadeira, Pipo o paxaro que non sabía voar con Trémola Teatro en Oleiros.
14 abril, 11:30, 6º B Infantil CEIP Rabadeira, Pipo o paxaro que non sabía voar con Trémola Teatro en Oleiros.
14 abril, 10:15, 2º A e B Primaria CEIP Luís Seoane, A vella da botella con Lía Magalia en Sta. Cruz.
14 abril, 10:00, 2º ESO C IES Neira Vilas, Superheroes: a nova mitoloxía con Miguel Cuba en Rialeda.
17 abril, 10:15, 3º A e B Primaria CEIP Valle-Inclán, Hércules e o xigante: achegamento á Torre de Hércules con Enrique López en Rialeda.
17 abril, 11:45, 4º A e B Primaria CEIP Valle-Inclán, Hércules e o xigante: achegamento á Torre de Hércules con Enrique López en Rialeda.

Recomendacións en Radioleiros: 31 marzo 2023

Recomendacións en Radioleiros: 31 marzo 2023
"Rot ¡El más guapo del mundo!" de Ben Clanton- Infantil (menores de 6 anos):
"Rot ¡El más guapo del mundo!" de Ben Clanton. En Juventud.
Rot é unha pataca mutante e encántalle participar en xogos e competicións de todo tipo. Cando ve un cartel que di “Concurso: o máis guapo do mundo” vai correndo a anotarse. Nun primeiro momento Rot está seguro de que vai gañar pero cando ve aos demáis participantes perde a confianza en si mesma. Divertidísimo conto para ler en familia que nos convida a falar coas crianzas sobre a importancia de querernos tal e como somos, do canon de beleza e de que,  ás veces, gañar ou perder non ten que ver con unha-un mesma-o senón con quen nos xulga.
"Veleno de tinta impresa" de Xosé A. Neira Cruz
 - Xoves e persoas adultas:
 "Veleno de tinta impresa" de Xosé A. Neira Cruz. Editado por Xerais.
Elvira Morales é unha moza, nacida na Coruña a finais do século XIX, que toma a decisión de apostar polo seu soño de traballar como xornalista nunha época na que ese cometido está reservado para os homes. O recendo da tinta dos xornais cativa a Elvira ata o punto de que traballar na redacción vaise converter no seu principal obxectivo na vida. Novela curta que nos introduce na sociedade coruñesa de finais do século XIX e principios do XX e que, por riba de todo, é unha homenaxe ás pioneiras que abriron camiño no mundo do xornalismo. Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo 2019.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


28/3/23

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 29 marzo 2023 (Grupo B)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
17:30 a 19:30 h.

Comentario de "Senlleiras" de Antía Yáñez
Coa colaboración da profesora xubilada de lingua e literatura galegas Rosa García Vilariño.
Documentación

Seguinte lectura: "Arenas movedizas" de Nella Larsen

24/3/23

Hora do conto: de 27 a 31 de marzo de 2023

Hora do conto: de 27 a 31 de marzo de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 27 de marzo, ás 18:30 Celebramos o Día da Poesía
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “Conto rima con...???”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 28 de marzo, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Cores e persoas”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

 

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 29 de marzo, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “A memoria das estrelas”
CONTACONTOS: Raquel Galavís

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 30 de marzo. Dúas sesións: 1ª, ás 17:30 e 2ª, ás 18:45
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Robótica educativa. Creatividade inspiradora"
MONITORADO: A Nube de Artear

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 31 de marzo, ás 18:30 Celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
ESPECTÁCULO: “A maceira que daba calquera cousa menos mazás”
CONTACONTOS: Lía Magalia

AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Temos Poetas en lata ata o 21 de abril

Temos Poetas en lata ata o 21 de abril
A expo Poetas en lata permanecerá aberta ata o 21 de abril e podes contemplala na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz). 
O 21 de marzo, Día da Poesía, Mariaxe Colaxe "desenlatou" a 30 escollidas escritoras nun recital poético xunto a Ángeles Dorrio (piano e voz). Versos de ricos sabores colleron vida grazas á voz de Chus Álvarez e o acompañamento de Ángeles Dorrio que deixaron no aire unha peperetada de estrofas.
 
Escoita os poemas de Gioconda Belli e Patricia Benito na inauguración de Poetas en lata na voz de Chus Álvarez.

- Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros):
A actividade "Poetízate" está destinada a todos os públicos. As persoas que o desexen poden enviar por correo electrónico ou entregar na propia biblioteca unha poesía que pasará a formar parte do mural poético da biblioteca.
- Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós):
Celebramos a poesía con pasatempos e a expo de libros "Nos poetizamos?".
- Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda):
Mostra “Eu amo a poesía” e actividade plástica “PoemasPintados”, coa que animamos ao público infantil a facer un debuxo sobre un poemiña ofrecido pola biblioteca.
- Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera):
Exposición bibliográfica para público adulto "Nova poesía galega".
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo):
A mostra "A biblioteca das Poetas en lata" é unha escolma de libros dalgunha das escritoras representadas na exposición de colaxes que podes ver na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).

Recomendacións en Radioleiros: 24 marzo 2023

"Unha nova dimensión" de Anxo Iglesias. Ilustración de María Montes
- Infantil:Recomendacións en Radioleiros: 24 marzo 2023
"Unha nova dimensión" de Anxo Iglesias. Ilustración de María Montes. En Xerais. 
Dispoñible en GaliciaLe
Poesía lúdica e divertida para as-os máis novas-os xogando co tempo, co espazo e acompañada dunhas magníficas ilustracións. Premio Merlín de Literatura Infantil. 
- Mozas-os e adultas-os: 
"Cambó: el último retrato" de Borja de Riquer"Cambó: el último retrato" de Borja de Riquer. Editado por Crítica. 
Político, financeiro, escritor, a figura de Cambó é unha constante no primeiro terzo da historia de España no seu afán de levar as teses catalanistas a Madrid. Unha figura con moito peso e contraditoria que rematou apoiando ao bando golpista na Guerra Civil.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 27 a 31 de marzo 2023

Actividades de promoción da lectura: 27 a 31 de marzo 2023
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 27 a 31 de marzo:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 27 de marzo:
- 10:15 alumnas-os de 5º de EI do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Aprendendo a querer" con Trinketrinke Teatro.
Martes 28 de marzo:
- 10:00 alumnas-os de 3º de ESO do IES Xosé Neira Vilas (Perillo).
"Viaxe en viñetas" con Miguel Cuba.
Mércores 29 de marzo:
- 10:00 e 11:15 alumnas-os de 2º de ESO do IES Xosé Neira Vilas (Perillo).
"Superheroes, a nova mitoloxía" con Miguel Cuba.
Xoves 30 de marzo:
- Ás 9:05, 10:45 e 12:25 alumnas-os de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
"Pártome e móndome" con Isabel Andrés.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Martes 28 de marzo:
- 10:30 e 11:30 alumnas-os de 2º de EI do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Pequena Ramona" con Pakolas.
Mércores 29 de marzo:
- 10:15 alumnas-os de 5º e 6º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Aprendendo a querer" con Trinketrinke Teatro.
Xoves 30 de marzo:
- 10:15 alumnas-os de 4º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Aprendendo a querer" con Trinketrinke Teatro.

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 28 de marzo:
- 10:15 e 11:45 alumnas-os de 5º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.
Xoves 30 de marzo:
- 10:15 alumnas-os de 4º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Pipo, o paxaro que non sabía voar" con Trémola Teatro.

18/3/23

Poetas en lata para celebrarmos o Día da Poesía, 21 de marzo

Poetas en lata para celebrarmos o Día da Poesía, 21 de marzo
Poetas en lata
, exposición de colaxes de Mariaxe Colaxe na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
- Lugar:Teatro As Torres (Santa Cruz)
- Día: 21 de marzo, Día da Poesía.
- Hora: 20:00 h.
Na inauguración da exposición poderase escoitar unha escolma de versos das autoras homenaxeadas nun recital poético, con música en directo, a cargo de Mariaxe Colaxe e Ángeles Dorrio (voz e música).
Poetas en lata é unha das series creadas pola artista Mariaxe Colaxe. Está composta por 30 colaxes de poetas do mundo, mulleres que merecen que a súa obra e a súa alma permanezan conservadas no mellor aceite, o da lembranza.
O pseudónimo Mariaxe Colaxe esconde á actriz galega Chus Álvarez e a súa faceta como colaxista. Comezou en 2021 a mostrar as súas pequenas obras en Instagram, e a arte plástica converteuse en moito máis que un divertimento para ela. Chus, á parte de actriz e colaxista, é narradora oral e escritora, e asume a colaxe como outra fermosa forma de contar historias. Poetas enlatadas, galegas: Alba Cid, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, María Lado, Lucía Aldao, Luisa Villalta, Lupe Gómez, Luz Fandiño,Luz Pozo Garza, Olga Novo, Pilar Pallarés, Pura Vázquez, Rosalía de Castro, Xela Arias, Xohana Torres, Yolanda Castaño. E tamén: Alejandra Pizarnik, Alfonsina Storni, Ana Luisa Amaral, Emily Dickinson, Gabriela Mistral, Gioconda Belli, Gloria Fuertes, Louise Glück, María Elena Walsh, Maya Angelou, Patricia Benito, Sylvia Plath, Wislawa Szymborska, Xitlalitl Rodríguez.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, para que gocen coa poesía e a exposición.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 22 marzo 2023 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
17:30 a 19:30 h. (2º andar)

Comentario de "Arenas movedizas" de Nella Larsen
Documentación

Seguinte lectura: "Espejo roto" de Mercè Rodoreda

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 21 marzo 2023 (Grupo B)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro"
17:30 a 19 h.

Comentario de "Hamnet" de Maggie O'Farrell
Documentación

Seguinte lectura: "La uruguaya" de Pedro Mairal

Hora do conto: de 22 a 24 de marzo de 2023

Hora do conto: de 22 a 24 de marzo de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 22 de marzo, ás 18:30  Celebramos o Día da Poesía
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Rato canguro"
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 23 de marzo, ás 18:30 Celebramos o Día da Poesía
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
TÍTULO: “Amoriños contei”
CONTACONTOS: Tarabelos

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 23 de marzo, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
TÍTULO: “A festa do porvir”
CONTACONTOS: Fran Amil

Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 24 de marzo, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
TÍTULO: “Contos con rima libre” Celebramos o Día da Poesía
CONTACONTOS: Paula Carballeira 

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 17 marzo 2023

Recomendacións en Radioleiros: 17 marzo 2023
- Infantil (nenas-os a partir de 3 anos):
"¡No quiero el cabello rizado!" de Laura Ellen  Anderson"¡No quiero el cabello rizado!" de Laura Ellen Anderson. Editado por Picarona.
Un conto narrado en primeira persoa por unha nena que odia por riba de todo o seu cabelo crecho e roxo. Faremos con ela o camiño desde a resignación a presumir de peiteados marabillosos, porque cando permitimos que as nenas e nenos se expresen fomentamos a aceptación dunha-dun mesma-o e das-dos demáis, poñendo en valor a diversidade.
 
"Non penses nun elefante rosa" de Antía Yáñez
- Mozos-as e adultas-os:
"Non penses nun elefante rosa" de Antía Yáñez. En Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe
Narra a vida de Aurora, unha moza independente onde as haxa, á que imos coñecendo dunha forma máis profunda e comprobando que a súa vida, aparentemente perfecta, non o é tanto. Entre outras moitas cousas porque a súa parella acaba de deixala e Aurora non é capaz de asumilo, de xeito que a súa saúde mental estase a resentir. A transformación virá da man de Brais, un raparigo de 10 anos que dará ese punto de frescor á narración.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/3/23

Actividades de promoción da lectura: 20 a 24 de marzo 2023

Actividades de promoción da lectura: 20 a 24 de marzo 2023
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 20 a 24 de marzo:
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 20 de marzo:
- 10:15 alumnas-os de 4º de EI do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Pipo, o paxaro que non sabía voar" con Trémola Teatro.
Martes 21 de marzo:
- 10:00 e 11:30 alumnas-os de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo) .
"Viaxe en viñetas" con Miguel Cuba.
Mércores 22 de marzo:
- 10:30 alumnas-os de 4º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"A nena que comía todos os contos" con Trémola Teatro.
Xoves 23 de marzo:
- Ás 10:30 alumnas-os de 5º de EI e ás 12:15 de 6º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Aprendendo a querer" con Trinketrinke Teatro.
Venres 24 de marzo:
- Ás 10:15 alumnas-os de 6º de EI e ás 12:15 de 6º de EI do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Asociación de animais solidarios" con Trinketrinke Teatro.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Martes 21 de marzo:
- 10:30 alumnas-os de 4º de EI do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz) e ás 11:45 alumnas-os de 4º de EI do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Pipo, o paxaro que non sabía voar" con Trémola Teatro.
Mércores 22 de marzo:
- 10:30 alumnas-os de 5º de EI e ás 11:30 de 6º de EI do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Aprendendo a querer" con Trinketrinke Teatro.
Venres 24 de marzo:
- 10:00 e 12:00 alumnas-os de 3º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"O bo se breve" con Isabel Andrés.

14/3/23

Ler para saber A CIENCIA

Ler para saber A CIENCIA
Charlas de divulgación científica
dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
Hora: 18:30 h. 
 
17 de marzo 
Poden os nenos e as nenas programar robots? 
Carlos Méndez Rodríguez. Licenciado en Informática 
 
14 de abril
A célula: unidade fundamnetal da vida
Raquel Iglesias Reinoso. Doutora en Bioloxía

12 de maio
Cambio climático
Xacobo de Toro Cacharrón. Profesor de Bioloxía e Xeoloxía

26 de maio
As mascotas non son xoguetes
Jacqueline Vázquez González. Veterinaria

6 de outubro
Os microorganismos e as microalgas
Carmen Rioboo Blanco. Profesora de Microbioloxía na Universidade da Coruña

27 de outubro 
Alimentación saudable na idade escolar 
Uxía Rodríguez Lavandeira. Dietista e nutricionista no Hospital da Coruña (CHUAC) 
 
10 de novembro 
Árbores e arbustos do xardín da Biblioteca Rialeda 
Miguel Sánchez. Fotógrafo
Fina Mosquera. Profesora de Educación Primaria