15/3/13

Recomendacións en Radioleiros: 15 de marzo

- Infantil (nenos/as menores de 6 anos):
"Orellas de bolboreta" texto de Luisa Aguilar e ilustracións de André Neves, en Kalandraka.
Mara é criticada polos seus amigos polo seu físico e o seu xeito de vestir pero co seu carácter logra non darlle importancia. Libro presente na mostra bibliográfica sobre o Día Internacional da Muller Traballadora (8 de Marzo).
- Mozos/as e adultos/as:
"Domingos de calcetíns brancos: retrato do cambio social na xeración de 1950" de Manuel Pérez Rúa, editado por Galaxia. Premio Ramón Piñeiro de Ensaio.
Retrato dunha xeración que “protagonizou o cambio social na Galicia contemporánea“. Un interesante estudo sociolóxico baseado nas voces de varias ducias de protagonistas nados arredor de 1950. 


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

13/3/13

14 e 15 de marzo: Obradoiro de poesía infantil na Biblioteca Central Rialeda

Obradoiro de poesía infantil a cargo da poeta Yolanda Castaño na Biblioteca Central Rialeda.
 

14 de marzo: ás 9:30 H para o alumnado de 3º A e ás 12:00 H participará o alumnado de 3º B de E. Primaria do CEIP Luís Seoane de Mera.

15 de marzo: ás 9:30 H para o alumnado de 4º A e ás 12:00 H participará o alumnado de 4º B de E. Primaria do CEIP Luís Seoane de Mera
.

11/3/13

13 de marzo: Presentación do libro "Teresa Alvajar López: Memorias dunha republicana" en Rialeda

Na Biblioteca Central Rialeda en Perillo (2º andar)
Ás 19 horas. 

Presentación do libro “Teresa Alvajar López: Memorias dunha republicana”. Neste acto intervirán a profesora e autora da obra Aurora Marco e o director de Edicións Laiovento e escritor Francisco Pillado

A continuación proxectarase o audiovisual "Teresa Alvajar. Compromiso e paixón pola Terra" de
Pablo Ces.

Con este acto deséxase contribuír á “recuperación dunha voz máis da memoria democrática, unha voz necesaria que nos achega momentos transcendentais (República) e períodos verdadeiramente traumáticos (guerra e franquismo) da nosa historia”.

Tertulia literaria en Rialeda: 13 de marzo (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: ATENCIÓN, CAMBIO! de 18 a 19 h.

Comentario da obra "La boda de Chon Recalde", de Gonzalo Torrente Ballester
Documentación
Obras de Gonzalo Torrente Ballester nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "El sentido de un final" de Julian Barnes.

9/3/13

Hora do conto: de 11 a 15 de marzo

Aquí tes a programación da hora do conto de 11 a 15 de marzo.
Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 11 de marzo
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS:  “A princesa sen pazo”, “A cova dos tesouros”, “A illa dos inventos”
 
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 12 de marzo
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS:       “A bruxa Corrocota”, "O segredo de Flora"

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 13 de marzo
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS:      “Arturo e Clementina”, “O libro dos porcos”, “Corazón de madre”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 14 de marzo
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS:  “Arturo e Clementina”, “O bico da princesa”, “A aventura de Cecilia e o dragón”
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 15 de marzo
CONTACONTOS: Andrea Bayer
TÍTULOS:       “Unha historia fantástica”, “Gato guille e os monstros”, “A ra Xoana”, “O señor Nimbo”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

8/3/13

Novidades DVD Cine na Biblioteca Rialeda (marzo 2013)

Amenazados (2010)                                                                                            Habemus Papam (2011) 
Acción - EEUU - Gregor Jordan                                                                                                                     Comedia dramática - Italia - Nanni Moretti

El arte de amar (2011)                                                                                                   Indomable (2011)  
Comedia romántica - Francia - Emmanuel Mouret                                                                                          Intriga / Acción - EEUU - Steven Soderbergh

Atlas de geografía humana (2007)                                                                                  Intocable (2011)
Drama - España - Azucena Rodríguez                                                                                   Comedia dramática - Francia - Eric Toledano / Olivier Nakache

La boda de mi mejor amiga (2011)                                                             La invención de Hugo (2011)
Comedia - EEUU - Paul Feig                                                                                                                Aventuras / Fantástico - EEUU - Martin Scorsese

Conocerás al hombre de tus sueños (2010)                                        Un lugar donde quedarse (2011)   
Comedia dramática - EEUU - Woody Allen                                                                                                  Comedia dramática - Italia - Paolo Sorrentino

La conspiración (2010)                                                                       La maldición de Rookford (2011) 
Drama xudicial - EEUU - Robert Redford                                                                                                                 Terror - Gran Bretaña - Nick Murphy

Desmontando a Harry (1997)                                                                                     Melancolía (2011) 
Comedia - EEUU - Woody Allen                                                                                                            Drama psicolóxico - Dinamarca - Lars Von Trier

Días de fútbol (2003)                                                                   Nader y Simin, una separación (2011) 
 Comedia dramática - España - David Serrano                                                                                                                    Drama - Irán - Asghar Farhadi

 Prema sobre o título para comprobar disponibilidade
Tamén pode consultar o listado xeral de películas en dvd

Recomendacións en Radioleiros: 8 de marzo

- Adolescentes:
"O diario violeta de Carlota" de Gemma Lienas, editado por Galaxia
Carlota pon uns lentes de cor violeta para contemplar o mundo desde unha perspectiva feminista.
 

- Mozos/as e adultos/as:
"El insólito peregrinaje de Harold Fry" de Rachel Joyce en Salamandra.
Harold Fry saíu da súa casa unha mañá para botar unha carta no buzón e voltou oitenta e sete días máis tarde...
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/3/13

Lecturas en feminino: expo de libros na Biblioteca de Santa Cruz

Co gallo da celebración o 8 de Marzo do Día Internacional da Muller Traballadora , inaugurouse na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” a mostra bibliográfica Lecturas en feminino. Composta por títulos infantís que presentan especial atención ao mundo da muller e a súa realidade, está integrada entre outros por libros como “Letras nos cordóns” de Cristina Falcón , “Rosa Caramelo” de Adela Turín , “Grisela” de Anke de Vries ,”Orellas de bolboreta” de Luisa Aguilar e “La conejita Marcela” de Esther Tusquets. Con isto, desde a Biblioteca e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” pretendemos difundir libros que aposten por novos valores en consonancia coa data sinalada.

5/3/13

Día internacional da muller traballadora nas bibliotecas de Oleiros


O Sistema de Bibliotecas Municipais de Oleiros programou diversas actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora: deste xeito reflexionaremos xuntas-os sobre a súa importancia e sobre temas, música e libros relacionados coa muller.
- 7 de marzo: na Biblioteca Central Rialeda, realizaranse tres sesións de contacontos titulados “Contos contados con todas e todos”, a cargo do actor Caxoto, para alumnado de 1º e 2º cursos de ensinanza primaria do CEIP Valle-Inclán de Perillo. A primeira terá lugar ás 9:30 horas, a segunda ás 11 h. e a terceira ás 12:20 h. En total participarán  125 alumnas/os e 8 profesoras/es.
Son contacontos nos que se tratan os relatos desde un punto de vista non sexista, desmontando moitos mitos adquiridos e facendo reflexionar a todas as nenas e nenos. As personaxes comprenden a importancia da igualdade de xénero, desempeñan roles non moi usuais... ensinan que todas e todos debemos ter as mesmas oportunidades.

- 13 de marzo: ás 19 horas, na Biblioteca Central Rialeda en Perillo, terá lugar a presentación do libro titulado “Teresa Alvajar  López: Memorias dunha republicana”. Neste acto intervirán a profesora e autora da obra Aurora Marco e o director de Edicións Laiovento e escritor Francisco Pillado.
A continuación proxectarase o audiovisual "Teresa Alvajar. Compromiso e paixón pola Terra" de
Pablo Ces.
Con este acto deséxase contribuír á “recuperación dunha voz máis da memoria democrática, unha voz necesaria que nos achega momentos transcendentais (República) e períodos verdadeiramente traumáticos (guerra e franquismo) da nosa historia”.
- 21 de marzo: ás 20 horas, no Teatro As Torres de Santa Cruz, levarase a cabo unha actuación musical de Jazz  por  Marian Ledesma&Tinaquero Brothers presentando  “As mulleres do jazz”. A cantante Marian Ledesma, acompañada por catro grandes músicos de bandas como Miki Nervio&The Bluesmakers ou May Thai&The Torino Rockets, ofrece un repaso por grandes cancións da historia do jazz interpretadas por mulleres. Escoitaranse temas de  Bessie Smith, Elizabeth Cotten, Minnie Memphis, Dinah Washington, Billie Holliday e a gran deusa Ella Fitzgerald. Ademais das súas cancións coñecerás tamén anécdotas da súa vida e do contexto social no que se desenvolveu un dos movementos musicais máis importante do século XX.

Obradoiro de Teatro no IES Miraflores: 25 de febreiro e 4 de marzo

O pasado 25 de febreiro e 4 de marzo, de 16:20 a 18 horas tivo lugar un Obradoiro de teatro no IES Miraflores de Oleiros no que participou o alumnado de 4º de ESO adicado ao escritor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano 2013, Roberto Vidal Bolaño. Neste obradoiro impartido polo autor Rubén Ruibal, faloulles da biografía e obras de Roberto Vidal Bolaño alternando con sinxelas representacións e lecturas dramatizadas realizadas polo alumnado, cos obxectivos de dar a coñecer a vida e obra de Vidal Bolaño, así como promover a lectura de obras de teatro escritas por este autor.




3/3/13

Hora do conto: de 5 a 8 de marzo

Aquí tes a programación da hora do conto de 5 a 8 de marzo.
Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.
 

Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 5 de marzo
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS:        “Artur e Clementina”, “7 cabritos”, “O paxariño insolente”, “A galiña roxa”, “A toupa que quería saber...”
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 6 de marzo
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS:       “Avoa”, “A princesa Lume”, “A madrasta”, “Arañas”
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 6 de marzo
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS:       "Xiana sen medo", "A casa do outeiro"
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 7 de marzo
CONTACONTOS: Andrea Bayer
TÍTULOS:     “A galiña roxa”, “A ra Xoana”, “O señor Nimbo e a máquina de fume”
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 8 de marzo
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS:       "O misterio da avoa Pepa", "César Pompeio", "O león, o grilo e o raposo"
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)