O Sistema de Bibliotecas Municipais de Oleiros programou diversas actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora: deste xeito reflexionaremos xuntas-os sobre a súa importancia e sobre temas, música e libros relacionados coa muller.
Son contacontos nos que se tratan os relatos desde un punto de vista non sexista, desmontando moitos mitos adquiridos e facendo reflexionar a todas as nenas e nenos. As personaxes comprenden a importancia da igualdade de xénero, desempeñan roles non moi usuais... ensinan que todas e todos debemos ter as mesmas oportunidades.
- 13 de marzo: ás 19 horas, na Biblioteca Central Rialeda en Perillo, terá lugar a presentación do libro titulado “Teresa Alvajar López: Memorias dunha republicana”. Neste acto intervirán a profesora e autora da obra Aurora Marco e o director de Edicións Laiovento e escritor Francisco Pillado.
A continuación proxectarase o audiovisual "Teresa Alvajar. Compromiso e paixón pola Terra" de Pablo Ces.
Con este acto deséxase contribuír á “recuperación dunha voz máis da memoria democrática, unha voz necesaria que nos achega momentos transcendentais (República) e períodos verdadeiramente traumáticos (guerra e franquismo) da nosa historia”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario