23/10/24

Conmemoración do Día das Bibliotecas 2024 en Bibloleiros

Conmemoración do Día das Bibliotecas 2024 en Bibloleiros
O lema deste ano seleccionado polo Ministerio de Cultura para conmemorar o Día das Bibliotecas é "Por un futuro sostible". Pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030. “A través das súas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribúen a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras”.
Lecturas sorpresa, contacontos, fábulas, obradoiros de divulgación científica, clubs de lectura para mozos/as e adultos/as, exposicións e mostras bibliográficas e outras actividades (encrucillados, realización de marcapáxinas, debuxos para colorear, etc.) realizaranse nas Bibliotecas Municipais de Oleiros desde o 21 ata o 31 de outubro para conmemorar o Día das Bibliotecas.


24 de outubro: Actividade especial de dinamización á lectura coa escritora Ledicia Costas, na que narrará “Sete dentes de león” e “Barbabuela”, dirixida a crianzas maiores de 5 anos.
Ledicia Costas recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2015 pola súa obra “Escarlatina, a cociñeira defunta”, libro que tamén conseguiu o Premio Merlín de Literatura Infantil e o  Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores  e gañou en tres ocasións o Premio Lazarillo por “A lebre mecánica”, “A balada dos unicornios” e  “Jules Verne e a vida secreta das Mulleres Planta”, Premio Merlín por “O neno de lume”, Premio Fervenzas Literarias por “A señorita Bubble”, Premio Antón Losada Diéguez de Creación Literaria por “Un animal chamado néboa”, tamén lle outorgaron o Premio da Cultura Galega das Letras e a Medalla Castelao.

O propio día 24 de outubro pédimoslle ás-aos nosas-os usuarias-os a súa participación nas Lecturas Sorpresa: seleccionamos novelas e álbumes ilustrados que teñen relación con algún dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030 da ONU. As persoas que leven os libros en préstamo non saberán de cal se trata. Iso si, daremos algunha pista, como é a denominación do ODS que leva aparellado. 

23 de outubro: Club de lectura para moz@s e adult@s, grupo B, denominado Tertulias Literarias, no que se comentará a obra “No te veré morir” de Antonio Muñoz Molina.
30 de outubro: Club de lectura para moz@s e adult@s, grupo A, no que se comentará a obra “Desgracia” de J. M. Coetzee.

23 de outubro: Obradoiro de divulgación científica con Heroes para a Ciencia, para nenas e nenos maiores de 6 anos.
A Biblioteca Recicla, selección de libros infantís tanto de contidos como de ficción; desde a biblioteca, téntase plantar esa semente xa desde a infancia para construír unha sociedade cada vez máis concienciada co coidado do noso planeta.
22 de outubro, ás 17:30 h: Club de lectura para moz@s e adult@s do grupo A, no que se comentará a obra “Todo cuanto amé” de Siri Hustvedt.
22 de outubro, ás 11 h: Club de lectura para moz@s e adult@s do grupo C, no que se comentará a obra “La nieta del señor Linh” de Philippe Claudel.
29 de outubro: Club de lectura para moz@s e adult@s do grupo B, no que se comentará a obra “Canciones de amor a quemarropa” de Nicolás Butler.

25 de outubro: Contacontos titulado “Ollo, piollo” coa actriz Chus Álvarez, para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
Exposición bibliográfica: "A Arte de Ler: Libros que honran Bibliotecas", a exposición formada por títulos que tratan sobre bibliotecas e libros, busca celebrar a conexión entre os libros e as bibliotecas, inspirando aos usuarios a explorar estas obras e a reflexionar sobre o papel que as bibliotecas desempeñan nas súas propias vidas.
Debuxos e marcapáxinas para colorear.
21 de outubro: Club de lectura para moz@s e adult@s do grupo A, no que se comentará a obra “El extranjero” de Albert Camus.
28 de outubro: Club de lectura para moz@s e adult@s do grupo B, no que se comentará a obra “El coronel no tiene quien le escriba” de Gabriel García Márquez.

24 de outubro: Contacontos titulado “Pipo, o paxaro que non sabía voar” coa compañía Trémola Teatro, para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
Mostra bibliográfica relacionada cos libros, bibliotecas, librerías, así como  exemplares co tema deste ano “Por un futuro sostible” que pretende resaltar o papel que desenvolven todas as tipoloxías de bibliotecas.
Actividades para nenos, con pasatempos dispoñibles coa temática vinculada co Día das Bibliotecas,  elaboración de marcapáxinas para colorear, debuxos para recortar... Decoración da biblioteca con motivos relacionados coa lectura, para que os nenos e nenas a vinculen cunha actividade lúdica.

22 de outubro: Contacontos titulado “Fábulas no berce” coa contadora Charo Pita, para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
Mostra bibliográfica, para todas as idades, na que atopar libros que amosan a beleza e o sufrimento do Planeta e a importancia do coidado do medio ambiente.
Marcapáxinas conmemorativos do Día das Bibliotecas para colorear, do 21 ao 25 de outubro.
24 de outubro: Club de lectura para moz@s e adult@s, no que se comentará a obra “Historia de los vertebrados” de Mar García Puig.

21 de outubro: Contacontos titulado “Cambio e conto” coa actriz Raquel Queizás, para nenas e nenos de 2 a 4 anos.
Exposición bibliográfica de libros onde figuran bibliotecas. Debuxos e para agasallar a nenas e nenos.

Exposición bibliográfica de libros infantís onde figuran bibliotecas, titulada “Contando bibliotecas”.
Debuxos e marcapáxinas para agasallar a nenas e nenos.
Todas as actividades pretenden conseguir os obxectivos de fomentar a lectura, difundir a existencia dun servizo público de proximidade á cidadanía que contribúe de xeito eficaz a promover a lectura e a facilitar o acceso á cultura, á información e ao coñecemento a todas as persoas e en condición de igualdade.  
Poderán consultalas na páxina web do Concello de Oleiros (na sección de bibliotecas) e tamén no blog de Bibloleiros.
Feliz Día das Bibliotecas!

21/10/24

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (21 a 24 outubro 2024)


 Biblioteca "María José Trincado". Mera (Grupo A)

 - Luns 21 de outubro. 19 a 20:30 h.
Comentario de "El extranjero" de Albert Camus.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz.
- Martes 22 de outubro. 11 a 12:30 h. (Grupo C)
Comentario de "La nieta del señor Linh" de Philippe Claudel.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "A esmorga" de Eduardo Blanco Amor.

- Martes 22 de outubro. 17:30 a 19:30 h. (Grupo A)
Comentario de "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Un viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo. (Grupo B)
- Mércores 23 de outubro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "No te veré morir" de Antonio Muñoz Molina.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Azucre" de Bibiana Candía.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 24 de outubro. 11 a 12:30 h.
Comentario de "La historia de los vertebrados" de Mar García Puig.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remata de sesión entregaráse a seguinte lectura: "Os seres queridos" de Berta Dávila.

Programación tertulias literarias 1º trimestre (outubro - decembro 2024)


Biblioteca Central Rialeda. Perillo.

Monográfico "A historia dentro da Historia"

Grupo A:
- Desgracia, de J. M. Coetzee (9 a 30 de outubro)
- No te veré morir, de Antonio Muñoz Molina (30 outubro a 13 novembro)
- Sostiene Pereira, de Antonio Tabucchi (13 a 27 novembro)
- Cómo maté a mi padre, de Sara Jaramillo Klinkert (27 novembro a 11 decembro)
- Ninguén queda, de Brais Lamela (11 de decembro a 8 de xaneiro)

Grupo B:
- No te veré morir, de Antonio Muñoz Molina (9 a 23 outubro)
- Azucre, de Bibiana Candía (23 outubro a 6 novembro)
- La isla de las mujeres del mar, de Lisa See (6 a 20 novembro)
- As alumnas, de Paula Carballeira (20 novembro a 4 decembro)
- Sostiene Pereira, de Antonio Tabucchi (4 a 18 de decembro)
- Cómo maté a mi padre, de Sara Jaramillo Klinkert (18 decembro a 15 xaneiro)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz.

Monográfico: "Identidade e espazos: outras formas de amor"

Grupo A:
- Todo cuanto amé, de Siri Hustvedt (9 a 22 outubro)
- Un viejo que leía novelas de amor, de Luis Sepúlveda (22 outubro a 5 novembro)
- O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz (5 a 19 novembro)
- La nieta del señor Linh, de Philippe Claudel (19 novembro a 3 decembro)
- La mujer helada, de Annie Ernaux (3 a 17 decembro)

Grupo B:
- Canciones de amor a quemarropa, de Nickolas Butler (9 a 29 outubro)
- Todo cuanto amé, de Siri Hustvedt (29 outubro a 12 novembro)
- Un viejo que leía novelas de amor, de Luis Sepúlveda (12 a 26 novembro)
- O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz (26 novembro a 10 decembro)
- La nieta del señor Linh, de Philippe Claudel (10 decembro a 14 xaneiro)

Grupo C (mañás):
- La nieta del señor Linh, de Philippe Claudel (9 a 22 outubro)
- A esmorga, de Eduardo Blanco Amor (22 outubro a 19 novembro)
- Todo cuanto amé, de Siri Hustvedt (19 novembro a 17 decembro)
- Un viejo que leía novelas de amor, de Luis Sepúlveda (17 decembro a 21 xaneiro)

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera.

Monográfico: "Clásicos atemporais: un festín literario"


Grupo A:
- El extranjero, de Albert Camus (9 a 24 outubro)
- Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño (21 outubro a 11 novembro)
- Ancho mar de los Sargazos, de Jean Rhys (11 novembro a 9 decembro)
- El coronel no tiene quien le escriba, de Gabriel García Márquez (16 decembro a 13 xaneiro)

Grupo B:
- El coronel no tiene quien le escriba, de Gabriel García Márquez (9 a 28 de outubro)
- Xente ao lonxe, de Eduardo Blanco Amor (28 outubro a 18 novembro)
- El extranjero, de Albert Camus (18 novembro a 16 decembro)
- Ancho mar de los Sargazos, de Jean Rhys (16 decembro a 20 xaneiro)

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.

Monográfico: "Literatura e formas de maternar e paternar: a familia"


- Historia dos vertebrados, de Mar García Puig (9 a 24 outubro)
- Os seres queridos, de Berta Dávila (24 outubro a 21 novembro)
- Canción dulce, de Leila Slimani (21 novembro a 19 decembro)
- Llévame a casa, de Jesús Carrasco (19 decembro a 16 xaneiro)

18/10/24

Hora do conto e Ler conta moito: 21 a 25 de outubro 2024

Hora do conto e Ler conta moito: 21 a 25 de outubro 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas. 

Luns 21 de outubro, ás 18:30 
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “Cambio e conto”
CONTACONTOS: Raquel Queizás

Martes 22 de outubro, ás 18:30 
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Fábulas no berce”
CONTACONTOS: Charo Pita


Mércores 23 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: Obradoiro científico

Xoves 24 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Pipo, o paxaro que non sabía voar”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Xoves 24 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Sete dentes de león e Barbabuela”
CONTACONTOS: Ledicia Costas

Venres 25 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
ESPECTÁCULO: “Ollo, piollo”
CONTACONTOS: Chus Álvarez
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 18 outubro 2024

- Infantil (a partir de 3 anos):

Tarde de sapo, de Maite Mutuberria
Kalandraka

Sapo ten unha rutina que se repite todas as tardes ata que un día sucede algo que o cambia todo.

Divertidísimo conto, de textos breves escritos en letra maiúscula, que pode ser unha moi boa proposta de primeiras lecturas.

- Mocidade e persoas adultas:

O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa
Laiovento

Versión dixital en Galiciale

O azul entre o ceo e a auga, xa traducido a máis de 20 idiomas, achégase agora en galego.

Conta a historia dunha familia palestina, os Baraka, que a través de diversas xeracións de mulleres, enleadas no tempo e no espazo, nos amosan a dura realidade da franxa de Gaza.

Unha novela de resistencia e esperanza coidadosamente traducida dun inglés engalanado de arabismos por Rocío Viéitez Ferro.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/10/24

Hora do conto e Ler conta moito: 16 a 18 de outubro 2024

Hora do conto e Ler conta moito: 16 a 18 de outubro 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas. 

Mércores 16 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Merendas con contos”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Xoves 17 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Sabela e o paxaro máxico”
CONTACONTOS: Tarabelos

Venres 18 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “Contos de aquí e de acolá”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Parabéns, Han!!!

Parabéns, Han!
Han Kang
, escritora surcoreana nacida en Gwangju, é gañadora do Premio Nobel de Literatura 2024. A Academia Sueca considera que Han Kang «enfronta traumas históricos e conxuntos invisibles de regras e, en cada una das súas obras, expón a fraxilidade da vida humana. Ten unha conciencia única das conexións entre o corpo e alma, a vida e a morte, e co seu estilo poético e experimental converteuse nunha innovadora da prosa contemporánea». É o primeiro Nobel para Corea do Sur e na muller número 18 en recibilo.

Han Kang foi unha suxestión de lectura das bibliotecas municipais en RadiOleiros e obxecto de debate nas Tertulias Literarias.

Lévate en préstamo os libros de Han Kang que temos á túa disposición na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Parabéns, Han!!!
축하해요

AVISO: Días de peche das bibliotecas municipais no mes de outubro

Informamos que as seguintes bibliotecas pecharán nos días seguintes por razóns de servizo.

Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé:
- Xoves 17 de outubro.
- Venres 18 de outubro.

Biblioteca Municipal "Ánxel Fole". Nós:
- Luns 21 de outubro.

Biblioteca Municipal "Manuel María". Oleiros:
- Mércores 23 de outubro en horario de tarde (16 a 20 h.).

Pregamos desculpen as molestias.

14/10/24

Día das Escritoras na Biblioteca de Santa Cruz: "O rural en feminino"

Celebramos o Día das Escritoras ofrecendo unha exposición de obras escollidas de escritoras cun nexo en común: o feito de seren historias ambientadas no medio rural a través do cal se enaltece a vida na natureza.

Ata o 24 de outubro, na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" (Santa Cruz)

11/10/24

Ler para saber A CIENCIA: 11 de outubro 2024

Raquel Poncini GómezLer para saber A CIENCIA: 11 de outubro 2024
Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.
Día: Venres, 11 de outubro
Hora: 18:30 h.
 
Os fungos. Curiosidades

Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

4/10/24

Hora do conto e Ler conta moito: 7 a 11 de outubro 2024

Hora do conto e Ler conta moito: 7 a 11 de outubro 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. 

Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas. 

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 7 de outubro, ás 17:30 
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
OBRADOIRO: “Creamos o noso pop-up”
MONITORADO: Xogando nas nubes

Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 8 de outubro, ás 18:30 
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
OBRADOIRO: “A gaita galega”
MONITORADO: Antón Ke

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 9 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
ESPECTÁCULO: “Contos para caghar patatillas”
CONTACONTOS: Brais das Hortas

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 10 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
OBRADOIRO: “Unha arte delicada: a papiroflexia”
MONITORADO: Miguel Cortés

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 11 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “Letras máxicas”
CONTACONTOS: Mago Javier Muro

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 11 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
ESPECTÁCULO: “Maxia tola e lectora”
CONTACONTOS: Leo Leíño
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 4 outubro 2024

- Infantil (a partir de 6 anos):

La guerra ¡no es para mí!, de Éric Battut
Blume

Narrado en primeira persoa por Baki, o rei da pelota, un neno de 12 anos. Ten os mesmos que a guerra civil que soporta o seu país.

Unha mañá uns soldados chegaron á localidade onde vivía, rexistraron as casas e obrigárono a ir con eles. Dixéronlle "es forte! serás un bo soldado!", el preguntouse, “Será que os nenos aos 12 anos xa son soldados en todos os países?”.

Chegaron a un poboado nun claro dun bosque e ensináronlle a disparar cunha metralleta, non era de xoguete! Pola mañá puxeron rumbo as montañas, a súa arma pesaba tanto como el, pero, a pesar diso, tratou de seguir o ritmo dos demais soldados. Produciuse un combate, pola noite intentou durmir, aínda que fóra cun só ollo. Ao lonxe escoitábanse uns helicópteros que disparaban. Pola mañá volveron a atacalos, perderon a batalla. Tiveron que entregar as armas, a súa non chegou a disparar a ninguén. Leváronos a un bosque, pero el conseguiu escapar e unirse a unha fila de refuxiados. Viviu varios meses nun campamento de refuxiados baixo a protección da ONU. Alí aprendeu a ler e a escribir. Agora ten 25 anos e é Baki o mestre…

Unha fermosa obra que fala dos nenos soldado, da monstruosidade da guerra, pero cun toque de esperanza e un final feliz: el aprendeu a ler e a escribir e agora é o mestre da súa localidade.
Cunhas ilustracións moi coloridas, nas que predominan as cores vermella, amarela e negra e uns debuxos que parecen infantís, mergúllanos na historia dun neno que non quere a guerra.
Dinos “A paz é unha ave moi fráxil”.

- Mocidade e persoas adultas:

El infinito en un junco: la invención de los libros en el mundo antiguo, de Irene Vallejo
Siruela

Versión dixital en eBiblio
Audiolibro en eBiblio

Publicado en 2019, foi un fenómeno editorial, principalmente por tratarse dunha obra de ensaio de 449 páxinas que fala do libro no mundo antigo. Inicialmente ninguén agardaba que tivera tanto éxito. Van un millón de exemplares vendidos, con traducións a 35 idiomas e séguese a falar del.

Trata sobre a historia do libro como obxecto, sobre todo no mundo antigo, aínda que chega ata a actualidade. Céntrase principalmente en dúas cidades: Alexandría e Roma, sen esquecerse de Mesopotamia como a testemuña máis antiga da escritura, pasando pola invención da imprenta e ata chegar ao mundo editorial actual. 


Presenta a gran supervivencia, ao longo dos séculos, dun elemento tan fráxil como un libro e as persoas que se esforzaron en salvalos, como garantía para toda a humanidade. Segundo nos di a autora, todo o que somos non se vai desvanecer no esquecemento, di tamén que é incrible como un simple xunco, transformado en papiro, cambiou a nosa capacidade para transmitir ideas ao longo do tempo e do espazo.


Ofrece mitoloxía, anécdotas de escritores, historias de bibliotecas, contadores de contos e de lectores,

resaltando o papel dos libros como vehículos de coñecemento, liberdade e resistencia fronte á censura e ao esquecemento. Dinos que os relatos antigos, os mitos e os libros non só están feitos de datos ou de información, senón tamén das emocións humanas, das nosas fraxilidades e esperanzas. Interésalle reflexar aspectos relacionados coa actualidade, unindo os clásicos co mundo contemporáneo e conectándoos con debates actuais: Aristófanes e os procesos xudiciais contra humoristas, Safo e a voz literaria das mulleres, por citar só algúns. Tamén compara obras do mundo antigo con películas, sempre reivindicando a importancia do papel das humanidades neste mundo tecnolóxico.


Estamos ante unha declaración de amor aos libros, cunha linguaxe precisa, evocadora, que transmite
emoción. É unha obra moi fermosa e interesante.

Para as persoas que non lles apeteza ler as máis de 400 páxinas desta edición, pero que si teñan interese
por este tema, recomendamos, a obra gráfica El infinito en un junco coa adaptación do texto e as ilustracións de Tyto Alba, publicada en Penguin Random House en 2023. Unha magnífica adaptación, que selecciona moi ben os aspectos máis salientables da obra orixinal.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

3/10/24

Clubs de lectura e Tertulias Literarias en Rialeda, Oleiros e Mera: datas de inscrición

Na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo, haberá dous grupos, con 19 persoas por grupo que se reunirán quincenalmente os mércores, ás 17:30 h. Cada sesión durará dúas horas. A inscrición abrirase o venres, 4 de outubro, ás 8:30 h. e poderán realizala en liña no seguinte enlace https://t.ly/0ZBTm, a través do teléfono 981 639 511, ou persoalmente na biblioteca.

Na Biblioteca Municipal Mª José Trincado de Mera haberá dous grupos, con 15 persoas por grupo que se reunirán mensualmente un luns ao mes, ás 19 h. A actividade durará 90 minutos. A inscrición abrirase o martes, 8 de outubro, ás 16:15 h. e poderán realizala en liña no seguinte enlace https://t.ly/r9rUb, a través do teléfono 981 628 507, ou persoalmente na biblioteca.

Na Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros haberá un grupo, con 15 persoas que se reunirán mensualmente un xoves ao mes, ás 11 h. A actividade durará 90 minutos. A inscrición abrirase o luns, 7 de outubro, ás 16:15 h. e poderán realizala en liña no seguinte enlace https://t.ly/mWwKb, a través do teléfono 981 610 700, ou persoalmente na biblioteca.
 
As persoas solicitantes sen praza formarán parte dunha lista de agarda.
Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.
Poden inscribirse todas as persoas maiores de 18 anos que desexen participar.
Teñen prioridade as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
A actividade remata no mes de xuño de 2025.

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura. O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Ler para saber A CIENCIA: outubro - decembro 2024

Ler para saber A CIENCIA: outubro - decembro 2024
Charlas de divulgación científica
dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.
Hora: 18:30 h.

- 11 de outubro
Os fungos. Curiosidades
Explicará a importancia dos fungos, calidades dos fungos, cales son tóxicos, a súa relevancia desde o punto de vista ecolóxico, etc.


- 8 novembro
Isabel Zendal e a expedición Balmis
Profesora da Universidade da Coruña no Departamento de Bioloxía
Tratará sobre a expedición que levou a vacina da varíola a América no século XIX.

- 13 decembro
Limpar de antibióticos o medio ambiente
Graduada en Bioloxía e Química, estudante de doutoramento na UDC
Falará sobre os antibióticos que se lle dan aos animais e o seu impacto na agricultura.

2/10/24

Presentación de "Los secretos del árbol" de Bego Gayoso: 3 outubro 2024

Xoves 3 de outubro ás 19 h.

Intervirán: a autora: Bego Gayoso; a especialista en Pedagoxía Sistémica: Charo López Amor.

Los secretos del árbol é unha obra que indaga na historia da familia da autora. Todos os personaxes, lugares e acontecementos son reais, pero están narrados buscando que o lector se sinta identificado coa vivencia.

Bego Gayoso é economista e Máster en COMEX. Desenvolveu a súa carreira na empresa privada e na Xunta de Galicia durante unha década. A raíz da súa maternidade emprende un profundo proceso de transformación persoal, tras descubrir a psicoxenealoxía e o transxeneracional, que lle axudan a comprender moitos dos conflitos e repeticións que vivía na súa vida. Decide cursar un posgrado en Bioneuroemoción e fórmase en PNL e Life Coach para dedicarse de cheo a compartir os seus descubrimentos e reflexións, de forma pública, e axudar a outras mulleres a resolver os seus conflitos, exercendo como terapeuta e escritora desde hai dez anos.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.