24/4/23

Actividades de promoción da lectura: 24 a 27 de abril 2023

Actividades de promoción da lectura: 24 a 27 de abril
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 24 a 27 de abril:
Luns 24 de abril:
  - 10:00 e 11:15 alumnas-os de 1º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"Ilustrando en verso" con Quique.
Martes 25 de abril:
   - 10:15 alumnas-os de 5º e 11:45 alumnas-os de 6º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.
Mércores 26 de abril:
  - 10:15 alumnas-os de 6º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo) e 11:45 alumnas-os de 5º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.
Xoves 27 de abril:
  - 10:10 alumnas-os de 4º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"Viaxe en viñetas" con Miguel Cuba.
 
Martes 25 de abril:
 - 10:30 alumnas-os de 6º de EI e 11:30 alumnas-os de 5º de EI do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz)
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
Mércores 26 de abril:
 - 10:30 alumnas-os de 4º de EI e ás 11:30 alumnas-os de 2º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz)
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
 
Martes 25 de abril:
 - 10:15 e 11:35 alumnas-os de 4º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Hércules e o xigante" con Quique.
Mércores 26 de abril:
 - 10:15 alumnas-os de 4º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Hércules e o xigante" con Quique.

21/4/23

Recomendacións en Radioleiros: 21 abril 2023

- Infantil (crianzas ata 6 anos):

Unha cor propia, de Leo Lionni
Kalandraka

O protagonista desta historia é un camaleón que envidiaba a todos os demáis animais por ter unha cor propia. A súa dependía de onde se pouxase. Decatouse que para el era imposible permanecer para sempre na mesma cor e iso púxoo moi triste. Niso, pasou por alí outro camaleón que ao velo tan abatido deulle uns sabios consellos.

Unha fermosa fábula sobre a búsqueda da propia identidade, a autoestima e a amizade

- Xoves e persoas adultas:

Americanah, de Chimamanda Ngozi Adichie
Random House

Conta a historia de Ifemelu, unha xoven nixeriana que viaxa aos Estados Unidos cunha beca fuxindo dunha ditadura militar. Cando baixa do avión, dase conta, por primeira vez, do que significa ser negra. Ifemelu deixará en Nixeria ao seu grande amor, Obinze, quen tiña pensado reunirse con ela. Pero o proxecto da xoven parella verase truncado. En Americanah hai crítica social, tanto da sociedade de EEUU como da do Reino Unido e mesmo da de Nixeria.

Unha novela moderna. Unha escrita áxil e refrescante.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/4/23

18 de abril: Aos faros de Mera. Roteiro literario pola costa de Mera coa escritora Silvia Salgado

18 de abril: Aos  faros de Mera. Roteiro literario pola costa de Mera coa escritora Silvia Salgado
Aos faros de Mera: roteiro literario pola costa de Mera coa escritora Silvia Salgado.
Martes 18 de abril, ás 11:30 h.
Camiñarase polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar aos faros de Mera.
Aforo limitado a 20 persoas. Imprescindible reservar praza: Na Biblioteca Rialeda ou chamando por teléfono ao 981 639 511. Na Biblioteca de Mera ou chamando por teléfono ao 981 628 507.
Actividade dirixida a persoas mozas e adultas ás que lles guste camiñar, con inquietudes pola literatura e a fotografía, principalmente pola que xira en torno a un faro.

Falarase da relación entre literatura e fotografía:
Do diálogo que se pode establecer entre esas dúas disciplinas artísticas e tamén de como a literatura nos achega dunha maneira particular a unha obra e ao seu mundo.
Da beleza da paisaxe e o seu protagonismo en moitas historias.
Do paseo como evocador de narracións.
Camiñaremos e lembrarémonos de Sofía Casanova.
Da fascinación artística que sentiron, en direccións opostas, algúns escritores e escritoras.
Da influencia que os faros tiveron na literatura e na arte, en xeral.

Leranse fragmentos e poemas de:
Vicente Risco (Da medida das cousas, publicado en Leria)
Sofía Casanova  (Quiero Galicia en tu adorado seno, do poema Anhelo)
Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra)
Miguel Hernández (Escribí en el arenal)
Luis Cernuda (Soliloquio del farero)
Virginia Wolf (Al faro)
Edgar Allan Poe (El faro)
Ray Bradbury (La sirena en la niebla)
Jazmina Barrera (Cuaderno de faros)
Jeanette Winterson (La niña del faro)

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 19 abril 2023 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
17:30 a 19:30 h. (2º andar)

Comentario de "Espejo roto" de Mercè Rodoreda
Documentación

Seguinte lectura: "Adiós fantasmas" de Nadia Terranova

Programación tertulias en Rialeda, Santa Cruz e Mera: abril-xuño 2023

Biblioteca Central Rialeda

Grupo A:
- Adios fantasmas, de Nadia Terranova (19 de abril a 3 de maio)
- Sibila, de Rosa Aneiros (3 a 31 de maio)
- Canto yo y la montaña baila, de Irene Solá (31 de maio a 14 de xuño)

Grupo B:
- Llévame a casa, de Jesús Carrasco (12 a 26 de abril)
- As crónicas do Sochantre, de Álvaro Cunqueiro (26 de abril a 10 de maio)
- Hamnet, de Maggie O'Farrell (10 a 24 de maio)
- El señor Wilder y yo, de Jonathan Coe (24 de maio a 7 de xuño)

Biblioteca de Santa Cruz

Grupo A:
- Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga (25 de abril a 9 de maio)
- Las viudas de los jueves, de Claudia Piñeiro (9 a 23 de maio)
- La anomalía, de Hervé Le Tellier (23 de maio a 6 de xuño)

Grupo B:
- La anomalía, de Hervé Le Tellier (18 de abril a 2 de maio)
- Desgracia, de J. M. Coetzee (2 a 16 de maio)
- Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga (16 a 30 de maio)
- Las viudas de los jueves, de Claudia Piñeiro (30 de maio a 13 de xuño)

Biblioteca de Mera
- Tierra desacostumbrada, de Jhumpa Lahiri (17 de abril a 15 de maio)
- Un señor elegante, de Suso de Toro (15 de maio a 12 de xuño)

15/4/23

20 de abril: Ao Castelo de Santa Cruz. Roteiro literario por Santa Cruz coa escritora Silvia Salgado

20 de abril: Ao castelo de Santa Cruz. Roteiro literario por Santa Cruz coa escritora Silvia Salgado
Ao Castelo de Santa Cruz. Roteiro literario por Santa Cruz coa escritora Silvia Salgado.
Xoves 20 de abril, ás 11:30 h.
Partirase da Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
Camiñarase pola localidade de Santa Cruz e o seu paseo marítimo, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar ao castelo.
Aforo limitado a 20 persoas. Imprescindible reservar praza: Na Biblioteca Central Rialeda ou chamando por teléfono ao 981 639 511. Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) ou chamando por teléfono ao 981 626 338.
Actividade dirixida a persoas mozas e adultas ás que lles guste camiñar, con inquietudes pola literatura.
Un paseo literario en dúas etapas: A primeira será unha reflexión literaria sobre as orixes da morriña e como o exilio e a lingua inflúen na vida e na obra dalgúns autores e autoras. Achegarémonos a nosa historia, a nosa identidade, e o camiño que transitamos: desde Rosalía de Castro ata Emilia Pardo Bazán, deténdonos en Luis Seoane. Falaremos dos poetas Homero e Virxilio e da filósofa Hannah Arendt.
A segunda parte será ao chegar á illa, no Castelo de Santa Cruz, comentaremos a importancia da illa como identidade propia, do castelo como entidade e a súa influencia na literatura. 

Leranse fragmentos e poemas de:
Rosalía de Castro (¡Algúns din!: Miña terra en Follas Novas)
Luis Seoane (Desterrados en Obra poética)
Rafael Alberti (A la pintura dedicado a Luís Seoane)

Falarase de:
La Eneida de Virxilio, La Odisea de Homero, A última entrevista e outras conversacións de Hannah Arendt, Follas novas de Rosalía de Castro, Obra poética de Luis Seoane, Correspondencia entre Benito Pérez Galdós e Emilia Pardo Bazán, El castillo de Franz Kafka e Siempre hemos vivido en el castillo de Shirley Jackson.

Hora do conto: de 17 a 21 de abril de 2023

Hora do conto: de 17 a 21 de abril de 2023
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 17 de abril, ás 18:30 Celebramos o Día Internacional do Libro Infantil
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “O traxe novo do rei”
CONTACONTOS: Tarabelos
 
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 19 de abril, ás 18:30 Celebramos o Día Mundial do Libro
Para crianzas de 2 a 5 anos   Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “A formiga na barriga”
CONTACONTOS: Charo Pita
 
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 20 de abril, ás 18:30 Celebramos o Día Mundial do Libro
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “Contos entre páxinas”
CONTACONTOS: Paula Carballeira
 
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 21 de abril, ás 18:30 Celebramos o Día Mundial do Libro
Para crianzas de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
ESPECTÁCULO: “Contos para orellas abertas”
CONTACONTOS: Pavís Pavós
AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Recomendacións en Radioleiros: 14 abril 2023

Recomendacións en Radioleiros: 14 abril 2023
- Infantil (crianzas a partir de 5 anos):
"Esperando o amencer" de Fabiola Anchorena. Editado por Kalandraka.
Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados 2022
"Esperando o amencer" de Fabiola AnchorenaUn fermoso libro que presenta ás nenas e nenos máis pequenos o problema dos incendios forestais.
As primeiras páxinas teñen un fondo negro e moi pouco colorido. Nelas vemos os animais que están moi preocupados porque hai tempo que non ven o amencer e tampouco a lúa e as estrelas. Pregúntanse se o sol fuxiría, se estará canso de deixarse ver. Hai rumores de que se agocha no máis fondo do bosque, polo que todos os animais se poñen en movemento na súa busca, ata que chegan a unha zona na que vai moita calor. Mais ese non é o amencer que esperaban, porque esa calor queima. Senten medo e tentan fuxir, ata que coa choiva chega a calma e o seu fogar aparece de novo. Entón as ilustracións cambian e contemplamos unhas páxinas radiantes de colorido e de beleza cos bosques e os distintos animais felices agardando que o sol non volva a desaparecer e tampouco o verde da natureza.
O proxecto desta obra naceu na mente da autora a raíz do medo que sentiu en 2019 cando a Amazonía ardía a causa dun dos peores incendios dos últimos anos. 
Está dedicada a todas as persoas que aman os animais e que protexen os seus fogares.
"Castillos de fuego" de Ignacio Martínez de Pisón
- Xoves e persoas adultas:
"Castillos de fuego" de Ignacio Martínez de Pisón. En Seix Barral.
Novela coral que amosa Madrid nos anos posteriores á Guerra Civil, entre 1939 e 1945. Uns anos terribles, a guerra acabou, pero non para todos. Son uns anos convulsos. Homes e mulleres loitan por seguir adiante nunha España marcada pola fame e a penuria.
Atopámonos con Alicia que traballaba vendendo entradas nun cine, pero quedou embarazada e para poder criar o fillo terá que buscarse a vida. Matías que trafica con obxectos requisados. Eloy, un mozo cunha discapacidade, que milita no Partido Comunista. Balbino que colabora con el. Basilio, un profesor de universidade que non comprende por que lle sacaron a súa praza de docente, e a súa filla Gloria. Ballesteros, outro profesor, pero que apoiou a sublevación e polo tanto non ten problemas. Rosalía que imparte clases de inglés nunha academia. Valentín que quere montar un estanco e anda pedindo favores.  Amancio que ten a muller embarazada e non desexa que o metan en problemas, principalmente se o que pregunta é Valentín. Como di Maite, a sogra de Amancio, “están dando nomes, non te podes fiar de ninguén, calquera podería ser o chivato”. Mª Luisa que perdeu a súa casa nun bombardeo e están deixándoa vivir nunha fábrica. Asistimos a todo tipo de persoas normais, de distintas idades e clases sociais, pero que viven nuns anos de terror e medo. Debido a que son anos violentos, cunha represión terrible, as súas vidas tamén están sacudidas pola violencia.
Cunha boa documentación histórica o autor presenta unha serie de personaxes de ficción nunha cidade devastada pola Guerra Civil, pero tamén fala doutros reais como Serrano Suñer ou Dionisio Ridruejo.
Estamos ante unha novela histórica, de cerca de 700 páxinas, que reflicte moi ben toda unha época marcada pola miseria moral e económica, con heroes e viláns, onde hai que aceptar as normas dos vencedores e na que a traizón pode estar en calquera lugar e momento.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/4/23

Actividades de promoción da lectura: 17 a 21 de abril 2023

Actividades de promoción da lectura: 17 a 21 de abril 2023
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 17 a 21 de abril:
Luns 17 de abril:
 - 10:15 alumnas-os de 3º de EP e 11:45 alumnas-os de 4º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Hércules e o xigante" con Quique.
Martes 18 de abril:
  - 10:15 alumnas-os de 3º e 4º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Hércules e o xigante" con Quique.
Mércores 19 de abril:
 - 10:15 alumnas-os de 2º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo) e 11:30 alumnas-os de 4º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
Xoves 20 de abril:
 - 10:15 alumnas-os de 6º de EI do CEIP Valle-Inclán (Perillo) e 11:45 alumnas-os de 1º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
Venres 21 de abril:
 - 10:15 alumnas-os de 4º de EI do CEIP Valle-Inclán (Perillo) e 11:45 alumnas-os de 5º de EI do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
Martes 18 de abril:
- 10:30 alumnas-os de 1º de EI do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz)
"Contos no ar" con Ramiro Neira.
Xoves 20 de abril:
- 10:15 alumnas-os de 4º de EP e ás 12:00 alumnas-os de 5º do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Hércules e o xigante" con Quique.
Venres 21 de abril:
- 10:30 alumnas-os de 3º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz) e ás 11:45 alumnas-os de 6º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Hércules e o xigante" con Quique.
Martes 18 de abril:
- 10:15 e 11:30 alumnas-os de 2º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"As aventuras de Mariña" con Galeatro.
Mércores 19 de abril:
- 10:15 alumnas-os de 1º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"As aventuras de Mariña" con Galeatro.
Xoves 20 de abril:
- 10:15 e 11:45 alumnas-os de 6º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.

4/4/23

Ler para saber A CIENCIA: 14 de abril 2023

Ler para saber A CIENCIA: 14 de abril 2023
Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.
Día: Venres, 14 de abril.
Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Hora: 18:30 h. 

A célula: unidade fundamental da vida
Raquel Iglesias Reinoso. Doutora en Bioloxía.

Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 12 abril 2023 (Grupo B)

Biblioteca Central Rialeda
17:30 a 19:30 h.

Comentario de "Arenas movedizas" de Nella Larsen
Documentación

Seguinte lectura: "Llévame a casa" de Jesús Carrasco

Hora do conto: de 11 a 14 de abril de 2023, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil!!!

Hora do conto: de 11 a 14 de abril de 2023, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil!!!
- Aforo limitado:
chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.

Martes 11 de abril, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Contos de aventura”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Mércores 12 de abril, ás 18:30
Para crianzas de 6 anos en adiante Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Historias da marquesa”
CONTACONTOS: Pavís Pavós

 
Xoves 13 de abril, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Animais do bosque”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Xoves 13 de abril, ás 18:30
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “O Principiño en Madagascar”
CONTACONTOS: Raquel Galavís

Venres 14 de abril, ás 18:30
Para crianzas de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Canto conto ten”
CONTACONTOS: Fran Amil 
AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Actividades de promoción da lectura: 12 a 14 de abril 2023

Actividades de promoción da lectura: 12 a 14 de abril 2023

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 12 a 14 de abril:

Mércores 12 de abril:
 - 10:30 alumnas-os de 1º de EP e ás 12:30 alumnas-os de 3º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Brinca vai: de aquí a acolá" con Paco Nogueiras.
Xoves 13 de abril:
 - 10:00 alumnas-os de 2º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"As aventuras de Mariña" con Galeatro.
Venres 14 de abril:
 - 10:00 alumnas-os de 2º de ESO do IES Xosé Neira Vilas (Perillo).
"Superheroes, a nova mitoloxía" con Miguel Cuba.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Xoves 13 de abril:
- 10:30 alumnas-os de 6º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.
Venres 14 de abril:
- 10:15 alumnas-os de 2º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
"A vella da botella" con Lía Magalia.

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Mércores 12 de abril:
- 10:15 alumnas-os de 5º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Aprendendo a querer" con Trinketrinke Teatro.
Xoves 13 de abril:
- 10:15 e 11:35 alumnas-os de 3º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Hércules e o xigante" con Quique.