19/7/22
AVISO: horario da Biblioteca Mª José Trincado (Mera) de 19 de xullo
15/7/22
Recomendacións en Radioleiros: 15 xullo 2022

Cancodrilo en Oleiros, de Xabier López Mateos
Linteo
Cancodrilo ese animaliño humanizado, metade can e metade crocodilo, e os seus amigos Ourizopicón, Laura, Adela e Nico, visitan o Concello de Oleiros. Acompañándoo coñeceremos os edificios máis emblemáticos pero tamén as zonas naturais máis importantes do municipio dun xeito divertido e dinámico.
- Mozas/os e adultas/os:
Paisajes de invierno, de Milagros Frías AlbaláAlianza
Carmen vive soa e despreocupada, ten un traballo que lle gusta e, nun corto espazo de tempo, pasa dunhas relacións persoais máis ben escasas a coñecer dous homes que van dar un xiro á súa vida. Sen embargo, será voltar a ter noticias da súa avoa Violeta o que lle fará descubrir que ás veces na vida hai que tomar as decisións que desexamos, aínda que por difíciles non nos atrevamos a tomalas.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
14/7/22
As bibliotecas de Oleiros, premiadas novamente nos María Moliner
O proxecto titúlase "Oleiros, un escenario literario" e nel descríbense as actividades de fomento da lectura levadas a cabo desde setembro de 2021 a marzo de 2022.
Seleccionaron 370 proxectos promovidos por bibliotecas de municipios con menos de 50.000 habitantes nos que se recoñecen as mellores iniciativas de promoción lectora a nivel de todo o Estado. De Galicia seleccionaron as seguintes bibliotecas:
- Biblioteca de O Grove
- Biblioteca de Verín
- Biblioteca de Ares
- Biblioteca de Campo Lameiro
- Biblioteca de Esgos
- Biblioteca de Mañón
- Biblioteca de Oleiros
- Biblioteca de Ortigueira
- Biblioteca de Pazos de Borbén
- Biblioteca de Pereiro de Aguiar
- Biblioteca de Ribadavia
- Biblioteca de Sober
- Biblioteca de Soutomaior
Esta subvención destinarase á adquisición de libros para as bibliotecas municipais, en función das súas necesidades, e para completar os seus fondos bibliográficos en beneficio de todas as veciñas e veciños do municipio.
Grazas por participar nas nosas actividades, grazas por facer biblioteca!
"Ler é un pracer" e "Contos de peixes, peixiños e outros animaliños" na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
"Ler é un pracer" é unha exposición para as-os nosas-os lectoras-es
adultas-os: aos libros desta expo non lles gusta estar pousados nun andel. Viaxan
polo mundo en busca de lectoras-es inquedas-os. Este verán estarán na
Biblioteca Manuel María (Oleiros) proporcionando entretemento, emoción e
moito pracer. Algúns dos libros da exposición: Novelas de adultas -os
procedentes de Rialeda: "Llámame por tu nombre" (André Aciman), "El
último deseo" (Andrzej Sapkowski), "La amiga estupenda" (Elena
Ferrante), "Soy una mamá" (Megan Maxwell)...
contos que forman parte desta mostra bibliográfica teñen moito que ver co mar e os seus habitantes e seguro que gustarán ás-aos máis pequenas-os da casa.
Algúns títulos que ofrecemos son: "Nadarín", "Xa voooou!", "Pescadoras", "20.000 leguas baixo dos mares", "Carabela", "Os peixes de cores", "Aventura na praia"...
13/7/22
AVISO: horario da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) de 14 de xullo
O horario ao público da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) do xoves 14 de xullo será de 8:15 a 14 h. (mañá) e de 15 ás 19:45 h. (tarde).
"Un verán para ler" na Biblioteca Ánxel Fole (Nós) e “Todo o verán cun libro na man!” na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé)
“Todo o verán cun libro na man!” é unha exposición con libros infantís, xuvenís e de adultos, ambientados no verán e na praia que podes gozar na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé).Algúns dos títulos son:
Libro adulto: "El verano que mi madre tuvo los ojos verdes" de Tatiana Ţîbuleac. Libro xuvenil: "El verano en el que todos estábamos enamorados" de Marjaleena Lembcke. Libro infantil: "Ratos de viaxe".
11/7/22
Cecilia Monllor recomenda... neste verán 2022!
Cecilia Monllor, coordinadora dos clubs de lectura de Rialeda e Santa Cruz, suxírenos 12 lecturas axeitadas para espertar todo tipo de emocións, pensadas especialmente para desfrutar durante este tempo de lecer.
Achégate ás Bibliotecas de Oleiros a descobrilas!
8/7/22
Recomendacións en Radioleiros: 8 xullo 2022

"Oito patas" de Ana Meilán; ilustracións de Desiree Arancibia. Editado por Entre nubes y cuentos.
A protagonista desta historia chámase Lucy e é unha pequena araña que sempre foi un tanto distinta ao resto. Por exemplo, en cada unha das súas oito patiñas calza oito zapatos de cores diferentes. Leva lentes nos seus sete ollos e o último lévao de cristal. Desde pequena, como era o habitual, aprendeu o tradicional oficio familiar: tecer arañeiras. Toda a súa familia adicábase a esta arte, pero a Lucy non se lle daba nada ben e non había xeito de que fixera unha tea sen nós e sen buratos. Unha tarde viu enriba dun escritorio algo que captou á súa atención.
Unha historia que transmite a mensaxe de que cada un de nós somos persoas marabillosamente únicas e especiais. E que debemos facer o que nos dita o corazón aínda que non sexa o que se espera de nós.
"Sin muertos" de Alicia Giménez Bartlett. En Destino.
Esta historia non é un caso máis da inspectora Petra Delicado, saga pola que é coñecida Alicia G. Bartlett: é a súa vida. Algo moi orixinal por parte da escritora, as memorias dun personaxe de ficción. A inspectora toma unha semana de permiso laboral para retirarse e reflexionar nun convento galego onde recapitula e escribe a súa vida. Cun estilo sinxelo e un ritmo fluído, Giménez Bartlett pon a súa ruda detective a escribir as súas memorias e o resultado é unha radiografía da situación da muller durante a transición española.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
AVISO: horario da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) de 8 de xullo
7/7/22
"Verán, tempo de lecer, tempo de ler" na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda)
infantil-xuvenil e de adultos de verán na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda).
Propoñémosche unha chea de títulos para este tempo de lecer estival.
Descansa, desconecta e desfruta dunha boa lectura!!!Algúns dos libros expostos na mostra xuvenil: "La sociedad de los dragones de té", "O lobo con botas", "Monstruoso", "Mortiña e as vacacións no lago Misterio", "Viaje en el tiempo con un hámster", etc.
Algúns dos libros expostos na mostra de adultos: "Los ingratos", "Beleza vermella", "El hombre celoso", "Nus", "Las armas de la luz", "Lúa nova"...
AVISO: xoves 7 e venres 8 de xullo 2022 a Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) estará pechada
A Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé) permanecerá pechada o xoves 7 e o venres 8 de xullo en horario de 10:00 a 13:30 h.
6/7/22
Novidades dvd cine - infantil e xuvenil - en Rialeda (xullo - agosto 2022)
AVISO: o mércores 6 de xullo 2022 a Biblioteca Manuel María (Oleiros) pechará ás 12:00
4/7/22
"Le e descarga": expo bibliográfico-virtual na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
estará acompañado dunha carátula desde a que se poderá descargar, por medio dun QR, o dossier realizado pola biblioteca. Este QR tamén estará accesible desde o propio libro. 1/7/22
Recomendacións en Radioleiros: 1 xullo 2022
Premio Bienal de Novela Mario Vargas Llosa 2021.
Unha novela social e política sobre a vida do cineasta colombiano Sergio Cabrera e da súa familia, marcada polas consecuencias do compromiso político, a partir do exilio da familia Cabrera a causa da Guerra Civil Española.
En outubro de 2016, o director de cine colombiano Sergio Cabrera asiste a unha retrospectiva das súas películas en Barcelona. É un momento difícil: seu pai, Fausto, acaba de morrer; o seu matrimonio está en crise e o seu país rexeita os acordos de paz que lle permitirían acabar con máis de cincuenta anos de guerra. Nestes días Sergio lembra como a súa familia foxe para América. Despois de pasar por diversas vicisitudes e varios países, instálanse en Colombia. Fausto casa con Luz Elena Cárdenas, unha muller da burguesía colombiana, e dedícanse ao teatro. El participou na fundación da TV colombiana. Durante nove anos foi un dos primeiros directores de planta. A consecuencia da realización dunha obra de Bertolt Brecht comezan a ter problemas. Por medio dun antigo coñecido, chégalles unha invitación desde Pekín para ir traballar alá como profesor de español. Marcha toda a familia. Fausto convértese nun maoísta convencido. Despois de estar uns anos en China, en 1966 os pais volven para Colombia e intégranse na guerrilla, quedando os fillos a cargo dunha titora chinesa...
Un relato que conta feitos reais, narrados de forma maxistral, que presenta un tempo histórico, as relacións entre pais e fillos marcadas polas ideas políticas, o tipo de educación que se quere para os fillos. Estamos ante a imaxe dunha familia danada pola época e as situacións que lles tocou vivir.
O autor, a través de numerosas entrevistas, realiza unha extraordinaria investigación social, ao mesmo tempo que privada, e cóntao como se fose unha obra de aventuras, meténdose na conciencia dos personaxes, pero sen xulgalos.
Manuel Rivas di sobre este libro: “Morde, golpea, doe, chispea. A literatura loita por facerse vida e a vida pelexa para ser contada. Que gran libro!”
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.




.jpg)







