Para conmemorar o Día das Letras Galegas 2022 na Biblioteca Mª José Trincado (Mera) poderás contemplar dúas mostras, a infantil "Premios Compostela", coas últimas edicións do Premio Compostela Internacional para albúms ilustrados convocados polo concello de Santiago de Compostela e a editorial Kalandraka e a mostra de adultas-os titulada "Os nosos contemporáneos", exposición de novela de autoras-es galegas-os actuais de recoñecido prestixio na nosa Terra e fóra dela: Pedro Feijóo, Ledicia Costas, Domingo Villar e outras-os. As persoas que veñan á biblioteca serán obsequiadas cun marcapáxinas conmemorativo das Letras Galegas.
10/5/22
FDG na Biblioteca Mª José Trincado (Mera)
9/5/22
Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 10 maio 2022 (Grupo B)
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"17:30 a 19 h.
Comentario de "Poetízate: antoloxía da poesía galega" de Fran Alonso
Documentación
Seguinte lectura: "El reflejo de las palabras" de Kader Abdolah
FDG na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda)
Para conmemorar o Día das Letras Galegas 2022 na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda) exporase a obra de Florencio Delgado Gurriarán acompañada dunha selección dos seus poemas e unha breve biografía.Nas salas infantil e de adultas-os poderá visitarse a mostra “A volta ao galego en 20 editoriais”, unha escolma literaria para destacar a calidade e variedade da produción editorial que se está a facer na Galiza.
Na sala infantil a cativada terá a súa disposición entretidos pasatempos referidos á figura de Florencio Delgado. Ademáis, o público visitante recibirá de agasallo un marcapáxinas especial do autor das Letras Galegas 2022.
6/5/22
Hora do conto e actividades infantís: 9 a 13 de maio 2022
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.Recomendacións en Radioleiros: 6 maio 2022

Ardora, de Beatriz Maceda Abeleira
Urco
A escritora coruñesa Beatriz Maceda cóntanos a historia de Nereida, a protagonista, unha rapaza que vive na Costa da Morte, preto da praia de Soesto, coa súa familia, pouco convencional pero moi feliz. Cando as súas nais marchan a actuar co seu grupo a un festival en Bélxica, os rapaces quedarán a cargo da tía Lola, unha muller moi comprometida co medio ambiente pero moi caótica na súa vida diaria.
A “ardora”, esa fosforescencia mariña que a moita e moitos nos semella máxica, transfórmase aquí nunha historia que ilumina emocional e literariamente.
- Mozas/os e adultas/os:
Que me queres, amor?, de Manuel RivasGalaxia
Unha colección de relatos que o propio autor describe como “froito da liberdade e a melancolía”. O Amor é o protagonista indefinido en todas as historias: o amor do pai que vai traballar coa preocupación de non saber como nin onde pasou o seu fillo a noite; o amor á nai, de inefable semellanza, no recordo infantil, á leiteira que pintara Vermeer en 1660; o amor máis carnal de Carmiña, coa incómoda presenza do seu can Tarzán; o amor compasivo que chegan a sentir a lectora e o lector polo vello profesor rural da “lingua das bolboretas"...
Rivas ofrécenos unha interpretación lírica, dura e delicada á vez, dun país habitado polo tempo e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
FDG na Biblioteca Manuel María (Oleiros)

"Un feixe de poemas, poemiñas e poemoides": En "O soño do guieiro", publicado por Edicións do Castro, recóllense, en palabras do autor, “un feixe de poemas, poemiñas e poemoides” nos que dá mostras do seu talento satírico ao retratar ao ditador Franco ou describir o desleixo lingüístico de certos falantes galegos. Baixo este lema presentamos unha cronoloxía e escolma de textos de Florencio Delgado Gurriarán para dar a coñecer e difundir a súa obra. "Pintamos a Florencio": O público infantil será o encargado de poñer cor ao retrato de Florencio Delgado Gurriarán. Todos os debuxos serán expostos no mostrador de préstamo da biblioteca para dar a benvida ás-aos nosas-os usuarias-o durante todo o mes de maio.
Actividades de promoción da lectura: 10 a 13 de maio 2022
5/5/22
FDG na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé)
sobre Florencio Delgado Gurriarán e a celebración das Letras Galegas deste ano, información sobre esta festividade e libros dos autores máis representativos da nosa lingua.
4/5/22
Novidades dvd cine - infantil e xuvenil - en Rialeda (maio 2021)
15 novas películas infantís - xuvenís na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
2/5/22
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 4 maio 2022 (Grupo A)

17:30 a 19:30 h.
Comentario de El corazón helado, de Almudena Grandes
Documentación
Seguinte lectura: Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo
Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 3 maio 2022 (Grupo A)
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"17:30 a 19 h.
Comentario de A la caza del amor, de Nancy Mitford
Documentación
Seguinte lectura: Os dous de sempre, de Castelao
29/4/22
Hora do conto e actividades infantís: 4 e 5 de maio 2022
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.Recomendacións en Radioleiros: 29 abril 2022
Actividades de promoción da lectura: 3 a 6 de maio 2022
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 3 a 6 de maio:







.jpg)




