29/11/21

Almudena Grandes, na memoria

Almudena Grandes (Madrid 1960-2021). Licenciouse en Xeografía e Historia na Universidad Complutense de Madrid. Traballou durante varios anos no mundo editorial, no que desenvolveu diversas tarefas, principalmente a redacción de textos por encargo.
A súa primeira novela, "Las edades de Lulú" (1989), gañou o XI Premio La Sonrisa Vertical e foi levada ao cine polo director catalán Bigas Luna. Logo, "Te llamaré Viernes" (1991) e "Malena es un nombre de tango" (1994), tamén adaptada para a gran pantalla, así como "Los aires difíciles" (2006) e "Atlas de geografía humana" (2007). "Atlas de geografía humana" (1998), "Los aires difíciles" (2002), "Castillos de cartón" (2004), "El corazón helado" (2007) e "Los besos en el pan" (2015) continúan a súa obra novelística. En 2010 comezou a serie "Episodios de una guerra interminable" con "Inés y la alegría" (2010), título que mereceu varios premios como o da Crítica de Madrid, o Sor Juana Inés de la Cruz da Feria Internacional del Libro de Guadalajara ou o Premio Iberoamericano de novela Elena Poniatowska. O segundo título da serie foi "El lector de Julio Verne" (2012); o terceiro, "Las tres bodas de Manolita" (2014), e o cuarto, "Los pacientes del doctor García" (2017). A novelista publicaba en 2020 o quinto tomo da saga: "La madre de Frankenstein" construida sobre a figura de Aurora Rodríguez Carballeira, personaxe real que quixo dar á súa filla Hildegart a educación habitualmente reservada aos varóns. A nena acabou convertíndose na avogada máis nova de España, activista política e sindical e moi combativa pola reforma sexual, mais tivo un tráxico final.  
 
O xurado do Premio Nacional de Narrativa que concede o Ministerio de Cultura y Deporte elexíu a obra "Los pacientes del doctor García" de Almudena Grandes como gañadora do Premio Nacional de Narrativa 2018, por “ser a cuarta entrega dun ambicioso proxecto narrativo que leva por título "Episodios de una guerra interminable". Na súa novela, que se centra na historia da posguerra española, con aportacións ás consecuencias da Segunda Guerra Mundial, acadou un difícil e preciso equilibrio entre o imaxinado e a lealdade á verdade histórica”. 
 
A vida da escritora madrileña estivo marcada polo seu compromiso político. Rosana Torres descríbea así no título do artigo adicado a ela no xornal El País: Almudena Grandes: divertida, llena de amigos, rigurosa, del Atleti y roja. 
 
"Los aires difíciles" foi comentado nas Tertulias Literarias da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) na temporada 2002-2003 e "El lector de Julio Verne" foi escollido para as Recomendacións en Radioleiros do 19 de abril de 2013.
 
Visita a exposición bibliográfica no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e goza da lectura dos libros de Almudena na túa casa.

Grazas, Almudena, por tanto!

Ramiro Neira na Hora do conto na Biblioteca Mª José Trincado (Mera) 26/11/2021

Gravación do espectáculo "Imos de viaxe" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Mª José Trincado (Mera) o 26 de novembro a cargo de Ramiro Neira.
 
Podes vela (ata as 16:30 do 01/12) clicando nesta ligazón: QueroContosDeRamiroNeira!

26/11/21

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: mércores 1 decembro 2021 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de El héroe discreto, de Mario Vargas Llosa
Documentación

Seguinte lectura: La hondonada, de Jhumpa Lahiri

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 30 novembro 2021 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Nuestros inesperados hermanos, de Amin Maalouf
Documentación

Seguinte lectura: El ruido de las cosas al caer, de Juan Gabriel Vásquez

Hora do conto e actividades infantís: 30 de novembro 2021

 Hora do conto e actividades infantís para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!

Aforo limitado: chama á biblioteca e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización da contada. 
 
A sesión será ás 18:30 h. e realizarase presencialmente. Poderá verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial e durante 48 horas.

Martes 30 de novembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “A pé, a pata, en caixón ou fragata"
 
                                                      AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Recomendacións en Radioleiros: 26 novembro 2021

- Infantil (de 10 a 12 anos):

"A folla azul" de Andrea Maceiras. Ilustracións de Sonia García. En Xerais.

O Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil 2020 cóntanos a historia da tribo dos Tacaré na Amazonia, un mundo verde e único.

- Mozas-os e adultas-os: 

"El libro de Carmen Laforet: vista por sí misma". Edición e textos de Agustín Cerezales Laforet. Editado por Planeta.

A vida e obra desta escritora que marcou unha época coa publicación de “Nada”, premio Nadal no 1944, contada polo seu fillo Agustín, testemuña directa de décadas de traballo literario.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Eduvía na Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 25/11/2021

Gravación do espectáculo "Contos de cores" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 25 de novembro a cargo de Eduvía.
 
Podes vela (ata as 16:30 do 28/11) clicando nesta ligazón: QueroContosDeEduvía!

Lía Magalia na Hora do conto na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé) 25/11/2021

Gravación do espectáculo "A princesa que escapou do castelo" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) o 25 de novembro a cargo de Lía Magalia.
 
Podes vela (ata as 16:30 do 28/11) clicando nesta ligazón: QueroContosDeLíaMagalia!

25/11/21

Hora do conto e actividades infantís: 22 a 26 de novembro 2021

 Hora do conto e actividades infantís para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!

Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.

Luns 22 de novembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Galeatro
TÍTULO: “Entre bechos anda o conto"
 
Martes 23 de novembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Dada, o duende"

Mércores 24 de novembro 
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “En busca dos monstros"
 
Xoves 25 de novembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “A princesa que escapou do castelo"
 
Xoves 25 de novembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Contos de cores"

Venres 26 de novembro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Imos de viaxe"
 
                                                       AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Trémola Teatro na Hora do conto na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 24/11/2021

Gravación do espectáculo "En busca dos monstros" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Sana Cruz) o 24 de novembro a cargo de Trémola Teatro.
 
Podes vela (ata as 16:30 do 27/11) clicando nesta ligazón: QueroContosDeTrémolaTeatro!

24/11/21

Eduvía na Hora do conto na Biblioteca Manuel María (Oleiros) 23/11/2021

Gravación do espectáculo "Dada, o duende" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) o 23 de novembro a cargo de Eduvía.
 
Podes vela (ata as 16:30 do 26/11) clicando nesta ligazón: QueroContosDeEduvía!

23/11/21

Galeatro na Hora do conto na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda) 22/11/2021

Gravación do espectáculo "Entre bechos anda o conto" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) o 22 de novembro a cargo de Galeatro
 
Podes vela (ata as 16:30 do 25/11) clicando nesta ligazón: QueroContosDeGaleatro!

22/11/21

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: mércores 24 novembro 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Feliz idade, de Olga Novo
Coa colaboración da catedrática de lingua e literatura galegas Rosa García Vilariño.
Documentación

Seguinte lectura: A corazón abierto, de Elvira Lindo

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 23 novembro 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario da 1ª parte de Hijos del ancho mundo, de Abraham Verghese

Debido á súa extensión, esta lectura comentaráse en dúas sesións. O comentario da 2º parte da obra terá lugar o martes 14 de decembro.

Trémola Teatro na Hora do conto na Biblioteca Ánxel Fole (Nós) 19/11/2021

Gravación do espectáculo "Pipo, o paxaro que non sabía voar" que puidemos ver na sesión da Hora do conto na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) o 19 de novembro a cargo de Trémola Teatro.

Podes vela (ata as 16:30 do 24/11) clicando nesta ligazón: QueroContosDeTrémolaTeatro!