16/4/20

Un paxariño do bosque chega! #EuQuedoNaCasa

https://www.pefc.es/guide/coloreando-bosques.html
A Asociación Española para la Sostenibilidad Forestal PEFC lanza “Coloreando Bosques PEFC” unha campaña divulgativa para que as-os nenas-os coñezan os animais dos bosques, aprendan as funcións destes importantísimos ecosistemas no planeta e os beneficios que teñen para o medioambiente. 
As-os cativas-os gozaredes coloreando as láminas de Emma Morales, entre as que podedes elixir, El oso pardo en nuestros bosques, La cabaña en el bosque, El arco iris y la corteza terrestre, Micología y amanitas. Cada semana terás unha máis para decorar. 
Máis que nunca, os bosques precisan de nós! Colle a caixa de cores e déixate inspirar pola natureza!
Ofrecémosche a lectura de "Magalina y el bosque de los animales mágicos" de Sylvia Douye e "Os tres osos" de Marisa Núñez, en GaliciaLe.

15/4/20

Miramos pola fiestra... as paredes soñadas de Lugrís #EuQuedoNaCasa

https://www.afundacion.org/ga/afundacion-en-casa/recurso/visita-virtual-lugris-paredes-sonadas
Finalizamos a celebración do Día Mundial da Arte cunha visita virtual á expo «Lugrís, paredes soñadas» do fantástico pintor atlántico organizada por Afundación. Celebrada en 2017, recolle un total de 106 obras que repasan o traballo realizado por Urbano Lugrís como decorador de espazos, obras moitas delas nunca exhibidas, como o bosquexo do artista para a igrexa de San Pedro de Visma (proxecto non realizado), o óleo Stella Maris, para a Confraría de Pontedeume; o gran mural que pintou no Sanatorio Álvarez, en Santiago de Compostela, etc.

Desde a fiestra vemos... a arte de non estar! #euquedonacasa

https://davidbokeh.com/pandemiarte
O fotógrafo, artista dixital, ilustrador e deseñador gráfico David Bokeh lanzou o proxecto "Desdibujar". A idea é poñer a arte en cuarentena, como ten feito o Covid-19 con todas-os nós. 
En Pandemiarte: el arte de quedarse en casa, elimina coñecidos rostros da pintura, quita corpos que enchen estancias, bota fóra do seu hábitat "natural" ás-aos protagonistas de célebres pinturas. Fican os escenarios espidos, nun desolador lenzo que por veces desacouga. Cal é a emoción que a ti che provoca? Bota un ollo a "O xardín das Delicias" de El Bosco sen os personaxes que o poboan ou "O Grito" de Munch sen o ser que todas-os coñecemos. 
Recomendamos "Esto es arte" de David Armengol, para as-os nosas-os lectoras-es infantís-xuvenís en GaliciaLe. E para mozas-os e adultas-os, a novela "Aníbal e a Pintora" de Xabier Paz.

Abrimos a fiestra e soa... a arte que se escoita! #euquedonacasa

https://www.podiumpodcast.com/encuadrate/temporada-1/la-pintura-libre-e-independiente-de-remedios-varo
Guernica de Picasso, Meninas de Velázquez, Columna rota de Frida Kahlo son algúns dos cadros "falados" nos podcasts de Encuádrate (Podium Podcast), explicados no seu contexto socio-histórico. Son entre 15 e 20 minutos que desvelan claves estilísticas e detalles da vida das-dos artistas.

Para "abrir orella", escoita o podcast "La pintura libre e independiente de Remedios Varo"
"Como si pintase con la mirada y no con la mano", así  definía a arte de Remedios, o poeta Octavio Paz. Descubre a vida e a marabillosa arte desta pintora fascinante. Coñece a esta extraordinaria artista, nacida en Anglès (Girona), que desenvolveu case toda a súa carreira en México. Neste caso, escoita a obra "Mujer saliendo del psicoanalista".
Para desentrañar moitas claves da arte consulta en GaliciaLe o "Diccionario de símbolos" de Juan Eduardo Cirlot.

Pola nosa fiestra entra... a arte que se le! #euquedonacasa

https://es.unesco.org/commemorations/worldartday
Hoxe é o Día Mundial da Arte. A arte é unha das formas máis evoluídas da expresión humana. Sons, palabras, imaxes, recursos plásticos, o propio corpo, serve para comunicar aquilo que bule no espírito de cada persoa. Celébrase desde 2012, cada 15 de abril. Escoullese esta data porque ese foi día do nacemento de Leonardo Da Vinci, pintor, escultor, deseñador, arquitecto, poeta, biólogo... 
Para conmemorar este día temos varias propostas. 
Eis a primeira: a arte que se le. A revista Conde Nast traveler ofrece unha serie de artigos que falan de cadros, baixo o título Viaje a un cuadro. Pinturas coñecidas, de El Greco a Andy Warhol, comentadas dun xeito moi ameno e interesante. Xa que estamos de pleno na estación, vexamos e leamos "A primavera", de Giuseppe Arcimboldo, autor de personaxes con elementos da natureza e obxectos cotiáns. Completamos esta visita en GaliciaLe coa biografía de "Leonardo da Vinci" de Walter Isaacson e "El gran libro de inventos del pequeño Leo Da Vinci" de Christian Gálvez.

#EuQuedoNaCasa #yomequedoencasa

14/4/20

Deixamos que entre pola nosa fiestra... a natureza! #euquedonacasa

https://www.vivirlosparques.es
Os parques, xardíns e zonas verdes de Oleiros ocupan unha superficie considerable (729.000 m2). Botamos de menos saír e camiñar eses lugares onde se respira natureza. O Parque Ibarrola (Montrove, Liáns), xardín romántico para pasear ao abrigo das ruínas do antigo Pazo de A Capela. O Bosque dos Veciños (Liáns), pulmón verde do concello con arte e historia: Igrexa de Santa Eulalia de Liáns e Pazo de Lóngora. Parque as Galeras (Bastiagueiro, Liáns) ideal para pasear, xogar ou facer deporte ao carón do mar. Ten o "Miradoiro do eco" onde nos sorprenderá un espectacular efecto sonoro. E moitos máis. 
Se queres gozar, polo de agora, da visita virtual, a outros parques de España, coñece a web Vivirlosparques.es, páxina especializada para descubrir parques e xardíns españois de forma didáctica e interactiva. Neste escaparate tes paseos virtuais en 3D, mapas, fichas descriptivas, e outras ferramentas interactivas. Deixámosche dous exemplos: na cidade da Coruña podes visitar virtualmente os Xardíns de Méndez Núñez e en Barcelona, o Parc de la Ciutadella
Eis a suxestión de varias lecturas, á túa disposición en GaliciaLe: "O xardín das bolboretas" de Laura Weston, "O xardín das pedras flotantes" de Manuel Lourenzo González e "El mesías de las plantas: aventuras en busca de las especies más extraordinarias del mundo" de Carlos Magdalena.

Galicia, un relato no mundo... abre as súas fiestras! #euquedonacasa

https://www.youtube.com/results?search_query=galicia+un+relato+no+mundo
Canto de cada un de nós procede doutro lugar, doutros países? Esta é unha exposición de vitorias, de derrotas, de traizóns, aventuras. Seis mil anos de historia, na procura dos momentos de formación de moitos dos trazos da identidade galega. Sirvan estas palabras de Manuel Gago Mariño, xornalista, profesor, escritor e comisario da exposición Galicia, un relato no mundo, a modo de resume do que foi esta extraordinaria exposición que pechou as súas portas físicas o 12 de abril. 
A pandemia obrigou a que as visitas se interrompesen o pasado 13 de marzo. Un percorrido que nos leva desde a prehistoria á actualidade e afonda nas relacións entre o territorio histórico galego e o resto do mundo. Foi o primeiro capítulo da triloxía de exposicións da Xunta con motivo do Xacobeo 2021. A exposición agrupou numerosas pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país, conservadas en prestixiosas coleccións museísticas de todo o mundo como a Cambridge University-Parker Library, as Bibliotecas Bodleian da Universidade de Oxford, o Museo del Prado, etc. En moitos casos, chegaron a Galicia por vez primeira para seren exhibidas nesta mostra. 
Para quen non puidera gozar dela pode facer un paseo virtual pola mesma e ver en liña o seu marabilloso catálogo.
Fonte: cidadedacultura.gal
Grazas por este inmenso relato de nós mesmas-os, grazas por amosar a fecunda presenza de Galicia en todo o mundo!
En GaliciaLe tedes á vosa disposición varias obras de Manuel Gago
#euquedonacasa #yomequedoencasa

13/4/20

Abrimos a fiestra e mandámosvos... bicos!!! #euquedonacasa


http://www.crtvg.es/rg/destacados/galicia-por-diante-fin-de-semana-galicia-por-diante-fin-de-semana-do-dia-12-04-2020-4372499?t=506
Disque hai un día para todo: hoxe é o Día Internacional do Bico. Polo visto, nun día como hoxe, unha parella tailandesa estableceu unha marca polo de agora inatinxible: un bico de 58 horas... Son días complicados para dármonos os bicos. 
Días de bicos aprazados, bicos adiados que agardan ser dados.  Botamos de menos a calor e o afecto que transmitides cando vos achegades ás bibliotecas: as Bibliotecas de Oleiros queremos mandarvos estes biquiños literarios con todo o noso afecto. E lembrade que en Oleiros, perpendicular á Avenida de Miguel Hernández, a quen pertencen estes fermosos versos, discorre a Rúa dos Bicos.
He de volverte a besar,
he de volver, hundo, caigo,
mientras descienden los siglos
hacia los hondos barrancos
como una febril nevada
de besos y enamorados.

Botámosvos estes "bicos literarios" a través de GaliciLe: 
"Bicos de música" de Mamá Cabra. A curiosa historia dun neno con febre e dunha repartidora de bicos en "O meu pesadelo favorito" de María Solar (Recomendado en Radioleiros), "Muriel" de María Canosa, tamén recomendado en Radioleiros. Muriel botaba de menos as conversas coa avoa e os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. "El beso de la mujer araña" de Manuel Puig, "El coleccionista de besos" de Pedro Ángel Ramos García, "Los besos en el pan" de Almudena Grandes.

8/4/20

O Museo del Prado ábrenos as súas fiestras! #euquedonacasa

https://www.instagram.com/museoprado/channel/?hl=es
O Museo del Prado abre virtualmente a súas salas e fondos durante este período de peche obrigatorio. A través das redes sociais poderemos ver vídeos en directo de luns a venres de 9:50 a 10:00 comentando obras do museo. "El Prado contigo”, serve para presentar a súa colección, espazos e actividades menos coñecidas como as instalacións do Gabinete Técnico, cubertas ou a sala de máquinas. 
Os vídeos permanecerán no tempo en InstagramTV. Non te perdas estas interesantísimas curiosidades dun dos museos máis importantes do mundo, con máis de 35.000 obras.
Ofrecemos aquí tres mostras de vídeos que podes ver:
- Con Laura Fernández, Xefa de Vixiancia, na sala adicada ás paisaxes de Carlos de Haes.
- Leticia Ruiz, comisaria da exposición “Historia de dos pintoras. Sofonisba Anguissola y Lavinia Fontana”, fala dos problemas á hora de identificar a autoría de cada obra. 
- Sonia Tortajada, restauradora de escultura do museo, comenta as esculturas "Epimeteo" e "Pandora" atribuidas a El Greco.

Completa esta visita virtual coa novela "El museo de los espejos" de Luis Montero Manglano e "El maestro del Prado y las pinturas proféticas" de Javier Sierra, ambas en GaliciaLe

Abrimos a fiestra a "Puro cuento" que chega... do outro lado do Atlántico! #euquedonacasa

https://www.duna.cl/programas/puro-cuento
"Puro cuento" é un espazo da emisora de radio e televisión chilena Duna que ofrece podcast de contos, algúns deles moi coñecidos para as-os nosas-cativos. Pensado para as-os peques pero para gozar toda a familia. Do outro lado do Atlántico chegan fermosos contos como estes: "Gus y yo" de Keith Richards, “¿Yo y mi gato?” de Satoshi Kitamura, “La bella durmiente del bosque”, na versificación de Gabriela Mistral.
Se che gustan as historias contadas, podes escoitar o audiolibro "Cuentos para quererte mejor" de Álex Rovira en GaliciaLe.

Dez mulleres bravas: científicas e artistas galegas da nosa historia... entran pola nosa fiestra! #euquedonacasa

https://mcusercontent.com/853dab8ff7129b96d9b611cfb/files/4875b13e-eb60-43a2-a734-206a68f04ade/BRAVAS_Cient%C3%ADficas_e_artistas_galegas_da_nosa_historia._7H_Cooperativa_Cultural..pdf
Rosalía de Castro, Maruja Mallo, María Casares (protagonista, xunto a Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova e Juana de Vega, do noso Roteiro Cultural en 2012), María Wonenburger (muller protagonista do Roteiro Cultural 2014 das Bibliotecas Municipais), Concepción Arenal, a quen lle adicamos unha expo bibliográfica para conmemorar o bicentenario do seu nacemento en xaneiro deste ano... son algunhas das dez mulleres que recolle este fermoso traballo de divulgación de 7H Cooperativa Cultural

Dez fichas con info de cada unha das mulleres e un recortable para colorear. Na plataforma de libros electrónicos GaliciaLe podes completar a info deste traballo coa lectura dos "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" e os "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2".

Moitas grazas por estas mulleres bravas, 7H

7/4/20

Abrimos a fiestra... á Galicia dos anos 20 (do século pasado) #euquedonacasa

https://youtu.be/YQTzC_zN0hM
Entre 1924 e 1926 a fotógrafa de Nebrasca, Ruth Matilda Anderson viaxou dúas veces a Galicia, acompañada do seu pai Alfred, tamén fotógrafo, por encargo da Hispanic Society of America, fundación dirixida por Archer M Huntington.
Ruth fixo unhas 5.500 fotografías durante a súa estadía galega, dunha grande calidade, o que a xuízo dalgúns entendidos, non ten parangón con ningún traballo da época.
O documental “A viaxe de Ruth”, da Asociación Cultural Dous Punto Oito, dirixido por Jaime Pardo e Xosé Reigosatrata de rememorar esta viaxe, case 100 anos despois, facendo que o fotógrafo galego, Xosé Reigosa, percorra algúns dos máis importantes escenarios que Ruth fotografou, tratando  de realizar, na medida do posible, unha toma similar e comprobando os cambios de Galicia desde aqueles anos ata hoxe. O documental conta coa entrevista a distintas personalidades do campo da cultura que amplian o coñecemento da fotógrafa  sobre aquela Galicia. O documental tamén está dispoñible en GaliciaLe.
Parabéns, Dous Punto Oito!
Fonte: Asociación Cultural Dous Punto Oito

Abre a caixa de lapis para... colorear as súperheroínas-heroes de Roda! #euquedonacasa

https://www.instagram.com/josearoda/?hl=es
O ilustrador José Antonio Roda ten unha estética moi persoal e identificable. Roda deixou na Rede unha serie de debuxos en branco e negro para colorear. Un entretemento para axudar a explicar o lado máis solidario da crise do Covid-19. Para que as cativas-os, e as-os non tanto, lembremos quen están en primeira liña de combate da pandemia.

A editorial Am Forlag de Reykjavík publica libros que son un pracer para ler, reler e contemplar. Son os editores en Islandia dos libros do grande Tomi Ungerer, ao que lle adicamos esta suxestión en Radioleiros. Podes descargar nesta ligazón algunha ilustración do libro "El hombre de la luna" para colorear. 

Tes lista a caixa de lapis de cores? 

Se tes entre 12 e 18 anos, abre a fiestra... ao teu futuro! #euquedonacasa

https://en.unesco.org/news/unesco-and-idries-shah-foundation-launch-world-tales-short-story-competition
Tes entre 12 e 18 anos? Gústache escribir historias breves (de 250 a 500 palabras)? Pois xa estás tardando. A UNESCO e a  Idries Shah Foundation promoven o concurso de narracións breves “Contos do mundo”. O tema desta primeira edición é "Once upon a time in my future. Érase unha vez no meu futuro". O prazo remata o 31 de maio deste ano e han de ser obras orixinais de ficción escritas en inglés ou francés. 

Ben sabes que o cambio climático, as violacións dos dereitos humanos, os conflitos, racismo e todo tipo de discriminacións son algunhas das ameazas presentes. 
As-os xoves creativas-os sodes quen de atopar solucións anovadoras a estes e os desafíos que están por chegar.

Fabula sobre o teu futuro nestes días en que podes botar fóra o teu potencial creativo!

6/4/20

Escoitamos pola fiestra a música e a poesía de... Aute #euquedonacasa

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1431023&query_desc=au%2Cwrdl%3A%20aute%2C%20luis%20eduardo
Deixounos Luis Eduardo Aute. Pintor, poeta e cantautor, consideraba que a súa aventura musical ía ser algo pasaxeiro. Pero a partir de 1978, ano no que fai o seu primeiro concerto durante un acto da CNT en Albacete e publica Albanta, algunhas das súas cancións, como Al alba, íanse convertir en verdadeiros himnos dunha xeración. Deixamos aquí a letra de La belleza, e recomendámosche que cando volvas a visitarnos ás Bibliotecas Municipais, leves en préstamo esta coidada edición que reúne "Toda la poesía" do polifacético autor nacido en Manila.

La belleza

                                                         Enemigo de la guerra                                                         
Y su reverso, la medalla,
No propuse otra batalla
Que librar al corazón
De ponerse cuerpo a tierra
Bajo el peso de una historia
Que iba a alzar hasta la gloria
El poder de la razón.

Y ahora que ya no hay trincheras
El combate es la escalera
Y el que trepe a lo más alto
Pondrá a salvo su cabeza
Aunque se hunda en el asfalto
La belleza.

Míralos como reptiles,
Al acecho de la presa,
Negociando en cada mesa
Maquillajes de ocasión;
Siguen todos los railes
Que conduzcan a la cumbre
Locos, porque nos deslumbre
Su parásita ambición.

Antes iban de profetas
Y ahora el éxito es su meta;
Mercaderes, traficantes,
Más que nausea dan tristeza,
No rozaron ni un instante
La belleza.

Y me hablaron de futuros
Fraternales, solidarios,
Donde todo lo falsario
Acabaría en el pilón.
Y ahora que se cae el muro
Ya no somos tan iguales
Tanto tienes, tanto vales
¡viva la revolución!

Reivindico el espejismo
De intentar ser uno mismo,
Ese viaje hacia la nada
Que consiste en la certeza
De encontrar en tu mirada
La belleza.