14/10/14

15 de outubro: Inicio tempada na Tertulia Literaria (Grupo A)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20159.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 1º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo A.




Datas Grupo A:
- Outubro: días 15 e 29
- Novembro: días 12 e 26
- Decembro: día 10

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.


Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as inscricións pasarán a formar parte da lista de espera.

13/10/14

Expo na Biblioteca de Santa Cruz: Nobel de Literatura, Nobel da Paz e Nacional de Narrativa


Na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz podes contemplar unha exposición con libros dos-as últimos-as galardonados-as en distintos premios: atoparás os libros de Rafael Chirbes, Premio Nacional de Narrativa 2014, pola súa obra “En la orilla”; Patrick Modiano, Premio Nobel de Literatura 2014 e o libro “Yo soy Malala” que escribíu sobre as súas experiencias en torno ao dereito á educación que teñen todas e todos os nenos e  nenas, no seu caso baixo o rexime talibán, a xove Malala Yousafzai, Premio Nobel da Paz compartido co activista indio, tamén en materia de educación, Kailash Satyarthi.

10/10/14

Recomendacións en Radioleiros: 10 de outubro

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110485- Infantil:

"Dinosauros: 150 animais prehistóricos, de pequenos a grandes" de Roc Olivé.
Baía

Roc Olivé ilustrador especializado en traballos científicos, tráenos a súa aportación para compensar a falta de opcións nos anos noventa. Un paseo detallado e rigoroso polo mundo da paleontoloxía cunhas ilustracións de grande calidade que interesarán tanto a nenos como a adultos.


http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112753
desigualdad" de Miguel Lorente.
Crítica

O exdelegado do Goberno para a Violencia de Xénero, comenta os diversos atrancos que a cultura machista segue a poñer hoxe ás mulleres. O contorno laboral, privado, social e publicitario aparecen analisados pormenorizadamente neste estudo de plena actualidade e que está destinado a fomentar un debate imprescindíbel.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/10/14

Marguerite Duras: expo que conmemora o centenario do seu nacemento

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=duras, marguerite&limit= (branch: OLE1  or branch: OLE2  or branch: OLE3  or branch: OLE4  or branch: OLE6  or branch: OLE7  or branch: OLE8  or branch: OLE9 )&offset=0&sort_by=title_az
Nacida en Gia Dinh, perto de Saigón (hoxe Cidade Ho Chi Minh, Vietnam)  poucos días antes de comezar a Primeira Guerra Mundial, Marguerite Duras foi novelista, guionista e directora de cine. Publicou 47 libros, escribíu 13 obras teatrais (orixinais e adaptadas) e participou en 21 películas.
 

En 1984 (en 2014 celebramos o trixésimo aniversario da súa publicación), Marguerite Duras publicou “O amante”, unha especie de autobiografía poética na que narra episodios da súa infancia en Indochina. Esta obra valeulle o Premio Goncourt, o máis prestixioso premio literario de Francia e foi traducida a cuarenta idiomas, un éxito que se multiplicou coa estrea da película de Jean-Jacques Annaud. A narrativa de Duras xoga profusamente cos límites entre o escrito e o vivido; a súa literatura viaxa constantemente da paixón exótica, á obsesión pola morte, á memoria, ao olvido, ao inevitable amor, aínda que sexa ilícito.
 

Foi quizáis a muller máis activa e inqueda e a autora máis plural e diversa da súa época. Unha renovadora do teatro, a novela e o cine do seu tempo, unha axitadora política e cultural que se atreveu a romper as cadeas e as convencións moito antes de que os cachorros de Maio do 68 prohibiran prohibir. A súa biografía estivo feita de idas e voltas, e a súa obra de mundos lonxanos e íntimos, moi pouco transitados pola literatura, especialmente pola literatura escrita por mulleres. Duras elexíu o seu seudónimo en homenaxe á cidade francesa onde vivíu brevemente nos anos vinte. Inventou unha forma de vida nova, libre, femenina e feminista, solitaria e colectiva, divertida e polémica, feita de excesos, renuncias e liberdade, de militancia e axitación.
Texto elaborado a partir de "Marguerite Duras: una vida deshojada" de Mariana Guzzante en Los Andes, 01/03/2014 e "Marguerite Duras, año 100" de Miguel Mora en El País, 05/04/2014

6/10/14

8 de outubro: Inicio tempada na Tertulia Literaria (Grupo B)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-20158.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 1º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo B.



Datas Grupo B:
- Outubro: días 8 e 22
- Novembro: días 5 e 19
- Decembro: días 3 e 17

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.


Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as inscricións pasarán a formar parte da lista de espera.

4/10/14

Hora do conto e Ler conta moito: de 7 a 10 de outubro

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20Conto
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20136.pdfTodas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 7 de outubro
Para nenas-os  de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Pavís Pavós
TÍTULO: “Contos que deixan pegada”
 

Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 7 de outubro
Para nenas-os a partir de 3 anos
COMPAÑÍA: Intres
TÍTULO: “O soño do rato”
 


Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 8 de outubro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “Contos de outono”: "Dúas pingas de auga", "Esquíos", "Por que hai árbores en outono que non perden as follas?"
 

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 9 de outubro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511)
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS: “Toin Toin”
 

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 9 de outubro
Para nenas-os a partir de 4 anos
COMPAÑÍA: Maumarela
TÍTULO:  "Crea fósiles de dinosauros"
 

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 10 de outubro
Para nenas-os a partir de 3 anos
COMPAÑÍA: Teatro Garabullo
TÍTULOS: "Unha pinga de mel"
 

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 10 de outubro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
COMPAÑÍA: Elefante Elegante
TÍTULOS: “O aviador”
Algúns destes actos están incluídos no programa 
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

3/10/14

Recomendacións en Radioleiros: 3 de outubro

http://www.ipernity.com/doc/284673/35307037/in/album/594169
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=799844https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1242958- Infantil (nenos-as menores de 6 anos):
"Sopra neste furadiño" escrito por Antón Cortizas e ilustrado por Leandro Lamas, editado por Embora.
 
Que lle pasa a este libro que trae un furado no medio e medio da súa portada?... O  furado serve para soprar,  de xeito que se atinas ben, co teu alento podes facer voar un elefante.
 
- Mozos-as e adultos-as:
"La ridícula idea de no volver a verte" de Rosa Montero, en Seix Barral.
 

Un libro áxil, luminoso, máxico e alegre, no que a autora transmite os seus sentimentos sobre a morte e o dó tras a  perda dun ser querido, pero sen dramatismos. Xurdido a partir da lectura do diario escrito pola Premio Nobel Marie Curie, tras a morte do seu home Pierre.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/9/14

Hora do conto e Ler conta moito: de 29 de setembro a 3 de outubro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20136.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoTodas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 29 de setembro
Para nenas-os de 3 a 14 anos
ARTISTA: Álvaro Muras
TÍTULO:  "MaxicoSons: unha aventura entre libros"
 

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 30 de setembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
ARTISTA: Carmen Domech
TÍTULO: “Pastoreando alegrías”
 


Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 30 de setembro
Para nenas-os a partir de 3 anos
COMPAÑÍA: Leo Leiño
TÍTULO: “Maxia cómica”
 

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 1 de outubro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338)
CONTACONTOS: Pavís Pavós
TÍTULOS: “Palma repalma”
 

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 2 de outubro
Para nenas-os maiores de 7 anos
COMPAÑÍA: A illa d@s nen@s
TÍTULOS: “Maxia VS Ciencia”
 

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 3 de outubro
Para nenas-os a partir de 3 anos
COMPAÑÍA: Leo Leiño
TÍTULOS: "Maxia cómica"
 

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 3 de outubro
Para nenas-os de 4 a 10 anos
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS: “A orixe”
Algúns destes actos están incluídos no programa
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/
da Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 26 de setembro

http://www.ipernity.com/doc/284673/35261321/in/album/594169http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=111562http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110524- Xuvenil (a partir de 14 anos):
"Desconexión" de Neal Shusterman en Anaya.
 

“Nunha hipotética sociedade do futuro, a vida humana considérase inviolable desde o momento da concepción ata os 13 anos. Entre os 13 e os 18 anos calquera rapaz pode ser desconectado da súa vida cunha simple sinatura dos seus país, aínda que técnicamente seguirá vivo porque os seus órganos serán utilizados por outras persoas. Esta práctica é frecuente e socialmente aceptada”.
 

- Mozos-as e adultos-as:
"Once maneras de sentirse solo" de Richard Yates editado por RBA.
 

“Once relatos sobre xente corrente no Nova York dos anos 50”.
 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

22/9/14

A Hora do conto e Ler conta moito XA ESTÁN AQUÍ!: 58 actividades de promoción da lectura para nenas e nenos de 1 a 14 anos

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20136.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoA partir do 25 de setembro e ata principios de decembro, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros realizaranse 58 actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos desde 1 a 14 anos. Levaranse a cabo nas oito bibliotecas municipais e serán actividades moi diversas. Desde os tradicionais contacontos ata actividades de maxia, música, teatro, danza, monicreques, taller de ilustración, creación de fósiles de dinosauros, realización de experimentos científicos, obradoiro de creación de imaxes en movemento, etc. 

Participarán artistas e monitorado como: A illa d@s nen@s, Pablísimo, Paula Carballeira, Soledad Felloza, Teatro Garabullo, Raquel Galavís, Leo Leiño, Charo Pita, Carmen Domech, Álvaro Muras, Chrystyan Magic, Gemola, Xanela ocio, Ramiro Neira, Elefante Elegante, Gargallando, Maumarela, Caxoto, Teatro Babaluva, Carlos Coira, Equipo de Animación de Kalandraka, Raquel Queizás, Intres, Pizpireta, Teatro Calavera, Pedro Brandariz, Pavís Pavós e a Compañía Trinke-Trinke. 

Ademáis das sesións da Hora do conto habituais dirixidas a menores de 10 anos nas que poden asistir todos os nenos e nenas desas idades que o desexen, tamén se van realizar, na Biblioteca Central Rialeda en Perillo (tel.: 981 639 511), na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz (tel.: 981 626 338) e na Biblioteca Mª José Trincado de Mera (tel.: 981 628 507), contacontos especiais para nenas/os menores de 4 anos, nos que se dispón dun aforo limitado a un máximo de 30 prazas por sesión, polo que é imprescindible inscribirse para reservar praza chamando aos teléfonos sinalados.

Algúns destes actos están incluídos no programahttp://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia. Coñece polo miúdo a programación para cada unha das oitos bibliotecas descargándote o folleto.
 
BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Outubro: Xoves 2, "Maxia Versus Ciencia" con A illa dos nenos para maiores de 7 anos.
Xoves 9, "Toin Toin" con Raquel Queizás para nenas-os de 1 a 4 anos. (Imprescindible inscribirse).
Xoves 16, "Maxia cómica" con Leo Leiño para nenas-os maiores de 3 anos.
Xoves 23, "Contos ao revés" con Xanela Ocio para nenas-os maiores de 6 anos.
Xoves 30, "Fábulas no berce" con Charo Pita para nenas-os de 1 a 4 anos. (Imprescindible inscribirse).

Novembro: Xoves 6, "Rato canguro" con Trinke Trinke para nenas-os de 5 a 10 anos.
Xoves 13, "O xogo de Nano" con Raquel Queizás para nenas-os de 1 a 4 anos. (Imprescindible inscribirse).
Xoves 20, "Contos revirados" con Pablísimo para nenas-os de 5 a 10 anos.
Xoves 27, "Cucu-trás-trás" con Soledad Felloza para nenas-os de 1 a 4 anos. (Imprescindible inscribirse).

Decembro: Xoves 4, "Segredos que se poden contar" con Paula Carballeira para nenas-os de 5 a 10 anos.
 
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “ROSALÍA DE CASTRO”. SANTA CRUZ
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Outubro: Mércores 1, "Palma repalma" con Pavís Pavós para nenas-os de 1 a 4 anos. (Imprescindible inscribirse).
Mércores 8, "Contos de outono" con Ramiro Neira para nenas-os de 5 a 10 anos.
Mércores 15, "Aventuras na cociña" con Lilí Gruyere de Trinke Trinke para nenas-os de 5 a 10 anos.
Mércores 22, "Na senda da serpe alada" con Chrystian Magic para nenas-os de 5 a 12 anos.
Mércores 29, "A viaxe de Lup" con Soledad Felloza para nenas-os de 1 a 4 anos. (Imprescindible inscribirse).
 
Novembro: Mércores 5, "Toin Toin" con Raquel Queizás para nenas-os de 1 a 4 anos. (Imprescindible inscribirse).
Mércores 12, "Contos de castañas e cogumelos" con Pedro Brandariz para nenas-os de 5 a 10 anos.
Mércores 19, "Fábulas no berce" con Charo Pita para nenas-os de 1 a 4 anos. (Imprescindible inscribirse).
Mércores 26, "Bruxas viaxeiras" con Paula Carballeira para nenas-os de 5 a 10 anos.
 
Decembro: Mércores 3, "Libros para soñar" con Kalandraka Equipo de Animación para nenas-os de 1 a 4 anos. (Imprescindible inscribirse).
 
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “Mª JOSÉ RUSO”. DORNEDA
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Setembro: Luns 29, "MaxicoSons" con Álvaro Muras para nenas-os de 3 a 14 anos.
 
Outubro: Luns 13, "Bibliotecas animadas" con Gargallando para nenas-os de 6 a 12 anos. (Imprescindible inscribirse).
Venres 17, "Bibliotecas animadas" con Gargallando para nenas-os de 6 a 12 anos. (Imprescindible inscribirse).
Luns 20, "Bibliotecas animadas" con Gargallando para nenas-os de 6 a 12 anos. (Imprescindible inscribirse).
Venres 24, "Bibliotecas animadas" con Gargallando para nenas-os de 6 a 12 anos. (Imprescindible inscribirse).
Luns 27, "A ciencia é divertida" con Nita para nenas-os de 2 a 7 anos. (Imprescindible inscribirse).

 
Novembro: Luns 10, "O marabilloso mundo do circo" con Gemola para nenas-os de 3 a 10 anos.
Luns 24, "Contos do Samaín" con Caxoto para nenas-os de 3 a 10 anos.
 
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “Mª JOSÉ TRINCADO”. MERA
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Setembro: Venres 26, "Triquitrake-Traquetriqui" con Charo Pita para nenas-os de 1 a 4 anos. (Imprescindible inscribirse).
 
Outubro: Venres 3, "Maxia cómica" con Leo Leiño para nenas-os maiores de 3 anos.
Venres 10, "Unha pinga de mel" con Teatro Garabullo para nenas-os maiores de 3 anos.
Venres 17, "Cantacontos" con Raquel Galavís para nenas-os de 3 a 10 anos.
 
Novembro: Venres 7, "Esas mañás nas que todo cambia" con Paula Carablleira para nenas-os de 3 a 10 anos.
Venres 21, "A mar de contos" con Ramiro Neira para nenas-os de 3 a 10 anos.
 
Decembro: Venres 5, "Contos do mes do Nadal" con Caxoto para nenas-os de 3 a 10 anos.
 
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “FEDERICO GARCÍA LORCA”. MONTROVE
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h. 
Setembro: Martes 30, "Maxia cómica" con Leo Leiño para nenas-os maiores de 3 anos.
 
Outubro: Martes 7, "O soño do rato" con Intres para nenas-os maiores de 3 anos.
Martes 14, "O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa" con Teatro Calavera para nenas-os de 2 a 10 anos.
Martes 21, "Lobo Bobo" con Elefante Elegante para nenas-os de 3 a 10 anos.
 
Novembro: Martes 11, "Animaladas" con Pablísimo para nenas-os de 3 a 10 anos.
Martes 25, "Avós" con Trinke Trinke para nenas-os de 3 a 10 anos.
 
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “MANUEL MARÍA”. OLEIROS
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Setembro: Martes 30, "Pastoreando alegrías" con Carmen Domech para nenas-os de 3 a 10 anos.
 
Outubro: Martes 7, "Contos que deixan pegada" con Pavís Pavós para nenas-os de 3 a 10 anos.
Martes 14, "Abrapalabra: maxia e poesía" con Carlos Coira para nenas-os de 3 a 10 anos.
Martes 21, "O soño do rato" con Intres para nenas-os de 3 a 10 anos.
 
Novembro: Martes 4, "Mi madriña, que medo!!!" con Ramiro Neira para nenas-os de 3 a 10 anos.
Martes 18, "O gran libro dos medos do rato pequeno" con Soledad Felloza para nenas-os de 3 a 10 anos.
 
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “ÁNXEL FOLE”. NÓS
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Setembro: Venres 26, "Na senda da serpe alada" con Chrystian Magic para nenas-os de 5 a 12 anos.
 
Outubro: Venres 3, "A orixe" con Raquel Queizás para nenas-os de 4 a 10 anos.
Venres 10, "O aviador" con Elefante Elegante para nenas-os de 3 a 10 anos.
Venres 24, "Contos viaxeiros" con Ramiro Neira para nenas-os de 3 a 10 anos.
 
Novembro: Venres 14, "O panadeiro de Lonxedetodo" para nenas-os de 3 a 10 anos.
Venres 28, "Historias incribles" con Gemola para nenas-os de 3 a 10 anos.
 
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “XOGRAR MENDIÑO”. LORBÉ
Todas as sesións terán lugar ás 18:30 h.
Setembro: Xoves 25, "Obradoiro de ilustración Ñam!" con Teatro Babaluva para nenas-os de 3 a 12 anos.
 
Outubro: Xoves 9, "Crea fósiles de dinosauros" con Maumarela para nenas-os maiores de 4 anos.
Xoves 23, Maxia Versus Ciencia con "A illa dos nenos" para nenas-os maiores de 7 anos.
 
Novembro: Xoves 6, "Contos de monstros que non dan medo" con Pizpireta para nenas-os de 3 a 10 anos.
Xoves 20, "O tesouro do bosque" con Gemola para nenas-os de 3 a 10 anos.

19/9/14

Recomendacións en Radioleiros: 19 de setembro

http://www.ipernity.com/doc/284673/35067249/in/album/594169
- Infantil (menos de 6 anos):

"Mamá" de Mariana Ruiz Johnson
Kalandraka

Fermosa obra cun pequeno texto rimado rodeado de numerosas, lindas e coloridas ilustracións nas que a natureza está sempre presente.
O contido inspírase no estilo ornamental da arte popular latinoamericana e desde o punto de vista cromático, pola forza expresiva e poética das ilustracións, tamén rende homenaxe a pintores como Paul Klee.
A autora explica que é un libro pensado para xerar un momento compartido entre a nai e o fillo.

VI Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados. O xurado do premio destacou “a vitalidade, a forza, o manexo da cor dun libro que traballa un tema universal (como é a maternidade) e especialmente cercano ao mundo da infancia”.


- Mozas/os e adultas/os:

"Operación dulce" de Ian McEwan
Anagrama

Está narrada en primeira persoa pola protagonista, despois de que pasaran cerca de 40 anos. Ambientada na Inglaterra de 1972. En plena Guerra Fría, Serena Frome, unha nova estudante, filla dun bispo anglicano, que medrou protexida polo recinto catedralicio dunha cidade de provincias do este de Inglaterra, é reclutada polos servizos secretos do M15. A súa misión, denominada “Operación dulce”, de aí o título, é crear unha fundación para axudar a novelistas prometedores, pero na que a verdadeira finalidade é xerar propaganda anticomunista. Entrou no Servizo Secreto a raíz da súa relación con Tony Canning, un profesor universitario de cincuenta e poucos anos. Unha vez que está traballando nel, nada será o que parece: mentiras, traizóns, etc. Mestura crítica e parodia ao funcionamento destes organismos.

Ao longo da novela o autor aproveita para mencionar diferentes obras literarias e realizar distintas críticas delas. Unha narración ben escrita, que sorprende, que se le de forma moi amena, un thriller que atrapa, e cun final que estraña e engancha ao lector.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/9/14

Mércores 17 de setembro: apertura do prazo de inscrición nas Tertulias Literarias en Rialeda

O prazo de inscrición para a tempada 2014-2015 das Tertulias Literarias na Biblioteca Central Rialeda ábrese o mércores 17 de setembro ás 8,15 h.*.

A inscrición poderá facerse dos seguintes xeitos: 
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca (de 8,15 a 21,15 h., luns a venres).

Os grupos formaranse rigurosamente por orde de inscrición. 
As 20 primeiras solicitudes constituirán o grupo A e as 20 restantes o grupo B.  

As persoas que queden sen praza entrarán a formar parte da Lista de Espera.

*Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.

12/9/14

18 de setembro: Nora Strejilevich presenta o seu libro "Una sola muerte numerosa"

http://norastrejilevich.com/
Nora Strejilevich presentará o seu libro "Una sola muerte numerosa" na Biblioteca Central Rialeda o xoves 18 de setembro ás 20:00 horas. Neste encontro coa escritora e investigadora arxentina, memoria viva da ditadura arxentina (1976-1983), conversará sobre o seu libro testemuñal e sobre o movemento cultural e de dereitos humanos que se desenvolveu na Arxentina nos últimos tempos.

Nora Strejilevich é unha narradora arxentina cuxa escritura elabora o legado do Terrorismo de Estado a partir da súa propia experiencia como sobrevivente e exiliada. Tras a súa liberación do campo de concentración “Club Atlético” (1977) foi asilada política en   http://norastrejilevich.com/Canadá, onde se doutorou en literatura latinoamericana na Universidade da Columbia Británica. Exerceu a docencia en varias universidades de Norteamérica entre 1991 e 2006, e adicouse sobre todo á ensinanza de dereitos humanos e literatura.
Ten publicado prosa, poesía e ensaios. O seu libro máis recente é "El arte de no olvidar: literatura testimonial en Chile, Argentina y Uruguay entre los ´80 y los ´90" (2006).
"Una sola muerte numerosa" (1997, 2006) deulle o recoñecemento internacional. Esta novela foi distinguida co Premio Nacional Letras de Oro (USA 1996), traducida ao inglés (A Single Numberless Death, 2002) e adaptada para teatro (USA 2002). En Italia, a historia inspirou a película Nora (2005). O libro estúdase en cursos de universidades de Arxentina, México, Brasil, Alemaña, Austria e Francia.

Nestes momentos Strejilevich adícase á escrita e a investigación. O seu proxecto actual é o estudo da resistencia das mulleres a reximes totalitarios a través da arte.

Recomendacións en Radioleiros: 12 de setembro

Recomendacións en Radioleiros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=87936http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112732- Infantil (menores de 6 anos):
"Canciño e os seus amigos" en Macmillan.
Libro con poucas páxinas e formato pequeno baseado no esquema táctil e visual. Recomendado a partir dun ano. Apto para lectores-as con problemas de vista ao incluír superficies para tocar.  Na mesma serie: “Michiño”.
 
- Mozos-as e adultos-as:
"Aperitivos e tapas" de Mariona Quadrada, editado por Baía.
A cociñeira e profesora Quadrada tráenos 103 receitas de aperitivos e tapas protagonistas da cociña galega. Textos claros con fotografías de Josep Borrel nun paseo lúdico e interesante pola gastronomía de hoxe.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/9/14

Recomendacións en Radioleiros: 5 de setembro

http://www.ipernity.com/doc/284673/34865703/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=111784http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112453- Infantil (menores de 6 anos):
"Este alce es mío" de Oliver Jeffers, en Fondo de Cultura Económica.
O alce chegou un día por casualidade ata a casa de Alfredo e el decidiu de súpeto que debía ser seu, así que dito e feito…
 
- Mozos-as e adultos-as:
"Las chicas de campo" de Edna O’Brien, editado por Errata Naturae.
Na Irlanda dos anos 50, dúas rapazas de campo deixan a súa aldea e inician o camiño cara a vida adulta, primeiro estudando nun duro internado católico e máis tarde como dúas mulleres independentes en Dublín.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.