- Infantil (a partir de 5 anos):

Un mapa para Palestina, de Maysa Odeh, ilustrado por Aliaa Betawi.
NubeOcho.
Na escola a mestra pide ás crianzas que sinalen no mapa o país de orixe das súas familias. Cando chega a quenda de Layla síntese confundida e triste porque por máis que busca non atopa Palestina no mapa.
Xa na casa pregúntalle ao avó, á avoa e á súa nai por que Palestina non está no mapa e, grazas aos seus testemuños, entenderá a historia de Palestina e por qué os membros da súa familia son refuxiados.
- Mocidade e persoas adultas:
La ternura, de Paula Ducay.
Altamarea.
Novela curta, sensible e reflexiva, que explora a complexidade das relacións humanas e os límites, a veces imprecisos, entre a amizade, o desexo e o afecto.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
13/11/26
Recomendacións en RadiOleiros: 13 novembro 2026
Etiquetas:
Biblioteca de Oleiros,
Recomendacións en Radioleiros
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario