12/9/14

18 de setembro: Nora Strejilevich presenta o seu libro "Una sola muerte numerosa"

http://norastrejilevich.com/
Nora Strejilevich presentará o seu libro "Una sola muerte numerosa" na Biblioteca Central Rialeda o xoves 18 de setembro ás 20:00 horas. Neste encontro coa escritora e investigadora arxentina, memoria viva da ditadura arxentina (1976-1983), conversará sobre o seu libro testemuñal e sobre o movemento cultural e de dereitos humanos que se desenvolveu na Arxentina nos últimos tempos.

Nora Strejilevich é unha narradora arxentina cuxa escritura elabora o legado do Terrorismo de Estado a partir da súa propia experiencia como sobrevivente e exiliada. Tras a súa liberación do campo de concentración “Club Atlético” (1977) foi asilada política en   http://norastrejilevich.com/Canadá, onde se doutorou en literatura latinoamericana na Universidade da Columbia Británica. Exerceu a docencia en varias universidades de Norteamérica entre 1991 e 2006, e adicouse sobre todo á ensinanza de dereitos humanos e literatura.
Ten publicado prosa, poesía e ensaios. O seu libro máis recente é "El arte de no olvidar: literatura testimonial en Chile, Argentina y Uruguay entre los ´80 y los ´90" (2006).
"Una sola muerte numerosa" (1997, 2006) deulle o recoñecemento internacional. Esta novela foi distinguida co Premio Nacional Letras de Oro (USA 1996), traducida ao inglés (A Single Numberless Death, 2002) e adaptada para teatro (USA 2002). En Italia, a historia inspirou a película Nora (2005). O libro estúdase en cursos de universidades de Arxentina, México, Brasil, Alemaña, Austria e Francia.

Nestes momentos Strejilevich adícase á escrita e a investigación. O seu proxecto actual é o estudo da resistencia das mulleres a reximes totalitarios a través da arte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario