16/2/11

Hora do conto: Biblioteca "Rialeda" de Perillo, xoves 17 de febreiro; Biblioteca "Mª José Trincado de Mera", venres 18 de febreiro

Logo da Hora do contoOla: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 17 de febreiro ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Mamá Ratiña da Compañía do Trinke Trinke contará: "Sae, bebé!", "O mundo ao que vés", "A mellor familia do mundo". Para os-as maiores de 6 anos, Paula Carballeira contará: "A lagoa das voces misteriosas", "A ra que quería ser princesa".

Na Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado" de Mera, o venres 18 de febreiro teremos a Ratiña Lupiña da Compañía do Trinke Trinke cos títulos “O galo Xacinto”, “Inés do revés”, “O gato lambón”.

14/2/11

Novidades DVD Cine na Biblioteca Rialeda

Presentamos algunhas das novas películas que incorporamos á nosa colección (1351 títulos e crecendo...):

- Ágora, de Alejandro Amenábar
- Celda 211, de Daniel Monzón
- The Company, de Robert Altman
- I'm not there, de Todd Haynes
- Invictus, de Clint Eastwood
- Los límites del control, de Jim Jarmusch
- Muerte de un ciclista, de Juan Antonio Bardem
- Peregrinos, de Coline Serreau
- Sacrificio, de Andrei Tarkovsky
- Transsiberian, de Brad Anderson
- Up in the air, de Jason Reitman
- The Wall (Pink Floyd), de Alan Parker

... e máis títulos que podes atopar no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda, expostas na mesa de novidades.

Tertulia Literaria en Rialeda: 16 de febreiro (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout.
Documentación sobre a obra.

Obras de Elizabeth Strout nas nosas bibliotecas.

11/2/11

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 11 de febreiro:

-Infantil:
Editado por Kalandraka
Madame Pôl ofrécese voluntaria nunha actuación dun mago. Acontece o que ninguén agardaba: Madame Pôl desaparece.
Libro en tapa dura e con magníficas ilustracións.

-Mozos-as e adultos-as:

Editado por Tusquets
Joseph Dupuche, enxeñeiro, chega a Panamá para traballar nunha empresa. Esta atópase sen fondos e vese obrigado a vivir no barrio negro, un arrabaldo pouco recomendábel.
Un libro dun escritor clásico plenamente actual.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/2/11

Ler para saber A CIENCIA: 11 de febreiro

Cartel Ler para saber A CIENCIAEsperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 11 de febreiro ás 18,30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Iván Ceán Vázquez e Lucía Escacha Arroyo, de 6º curso, do Colexio Público Valle Inclán de Perillo, falarán de "Os ósos" previamente á charla "Mutantes..." a cargo do doutor Andrés Martínez Lage, profesor titular da Universidade da Coruña, no Departamento de Bioloxía Celular e Molecular, da área de coñecemento de Xenética, da Facultade de Ciencias.

Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

4/2/11

Tertulia Literaria en Santa Cruz: 7 de febreiro

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: de 18,30 a 20 h.

Comentaráse a obra "El baile" de Irène Némirovsky.

Obras de Irène Némirovsky nas nosas bibliotecas.

Recomendacións en Radioleiros

Logo de Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 4 de febreiro:
-Infantil-Xuvenil (nenos-as de 9 anos en adiante):
"Mi hermano el genio" de Rodrigo Muñoz Avia en Edebé.Cuberta do libro Mi hermano el ganio
Lola, de 10 anos, xoga nun equipo de fútbol, afección que non é moi respectada na súa familia, onde todos son músicos e sempre é comparada co seu irmán, un xenio do piano.
-Mozos-as e adultos-as:
"Yo mCuberta do libro Yo maldigo el río del tiempoaldigo el río del tiempo" de Per Petterson editado por Mondadori.
Arvid ten 37 anos, un traballo nunha librería, unha muller que xa non o quere, dúas fillas pequenas... Trata de ir tirando, pero cando a súa nai cae gravemente enferma entra nunha profunda crise.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

3/2/11

Ler para saber A CIENCIA: 4 de febreiro

Logo de Ler para saber A CIENCIAEsperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 4 de febreiro ás 18,30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Marianne Bernot e Daniel Sánchez, do Colexio Valle Inclán, realizarán unha pequena presentación sobre "Os fondos mariños" previamente á charla "E se os coches non fixeran ruído?, E se só soltaran vapor de auga?" a cargo de Socorro Castro García, profesora titular do Departamento de Química Fundamental, área de Química Inorgánica da Universidade da Coruña.

Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

31/1/11

28/1/11

Recomendacións en Radioleiros

Logo de Recomendacións en Radioleiros Títulos recomendados o venres 28 de xaneiro:
-Infantil-Xuvenil (nenos-as de 12 anos en adiante):
"Voando só" de Roald Dahl, en Alfaguara.
Percorrer os lugares máis recónditos de África ou pilotar un caza Cuberta do libro Voando sódurante a II Guerra Mundial son experiencias realmente apaixonantes, que enchen de contido calquera obra literaria. Pero neste caso non se trata dunha novela, senón de vivencias persoais do escritor Roald Dahl, que, de mozo, tivo unha vida de relato de aventuras.
-Mozos-as e adultos-as:
Cuberta do libro Settecento"Settecento" de Marcos Calveiro, editado por Xerais.
Intrigante novela ambientada na Venecia no século XVIII, pola que transita Antonio Vivaldi, e o fundamental triángulo formado por Caterina, Giacometto Casanova e Aldo Pietá. Unha novela que nos fará viaxar ata París, Viena, e Santiago de Compostela.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

27/1/11

LER PARA SABER: 28 xaneiro

Logo de Ler para saberNa Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 28 de xaneiro ás 18,30.
Esta actividade vai dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Contaremos con José Manuel Rodríguez Seijo, profesor titular do Departamento de Métodos Matemáticos e de Representación, área de matemática Aplicada da Universidade da Coruña.

Esperámoste nesta charla titulada "Para que serven as matemáticas?"

Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

26/1/11

Hora do Conto: febreiro-maio 2011

foto folleto hora do contoActividade dirixida a nenas e nenos menores de 10 anos.

Todas as sesións terán lugar ás 18,30 h.Os días festivos non haberá actuacións.
BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO

Realizaranse dúas sesións ao mesmo tempo:

• unha para nenas e nenos menores de 6 anos
• outra para nenas e nenos de 6 a 10 anos.

Para dar unha atención máis personalizada decidimos realizar esta diferenciación e xerar un ámbito propio e axeitado para cada un dos dous grupos.

Febreiro: os xoves, días 17 e 24
Marzo: os xoves, días 3, 17, 24 e 31
Abril: os xoves, días 7, 14 e 28
Maio: os xoves, días 5, 12, 19 e 26
NAS SEGUINTES BIBLIOTECAS A ACTIVIDADE SERÁ PARA TODOS OS NENOS E NENAS MENORES DE 10 ANOS

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “ROSALÍA DE CASTRO”. SANTA CRUZ

Febreiro: o mércores, día 23
Marzo: os mércores, días 2, 16, 23 e 30
Abril: os mércores, días 6, 13 e 27
Maio: os mércores, días 4, 11, 18 e 25

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “MANUEL MARÍA”. OLEIROS

Marzo: os martes, días 1, 15 e 29
Abril: o martes, día 5
Maio: os martes, días 3 e 31

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “Mª JOSÉ TRINCADO”. MERA

Febreiro: o venres, día 18
Marzo: os venres, días 4 e 18
Abril: o venres, día 1
Maio: os venres, días 6 e 20

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “Mª JOSÉ RUSO”. DORNEDA

Febreiro: o luns, día 28
Marzo: os luns, días 14 e 28
Abril: o luns, día 11
Maio: os luns, días 9 e 23

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “ÁNXEL FOLE”. NÓS

Febreiro: o venres, día 25
Marzo: os venres, días 4 e 25
Abril: o venres, día 8
Maio: os venres, días 13 e 27

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “FEDERICO GARCÍA LORCA”. MONTROVE

Febreiro: o martes, día 22
Marzo: o martes, día 22
Abril: os martes, días 12 e 26
Maio: os martes, días 10 e 24

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL “XOGRAR MENDIÑO”. LORBÉ

Febreiro: o mércores, día 23
Marzo: o mércores, día 23
Abril: os mércores, días 13 e 27
Maio: o mércores, día 11


As contadoras e contadores Pablísimo, Paula Carballeira, Soledad Felloza, Fran Ínsua, Andrea Bayer, Inés Cuadrado, Ramiro, Caxoto e a Compañía Trinke-Trinke cos “Ratos da biblioteca” narrarán diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación.