28/1/11

Recomendacións en Radioleiros

Logo de Recomendacións en Radioleiros Títulos recomendados o venres 28 de xaneiro:
-Infantil-Xuvenil (nenos-as de 12 anos en adiante):
"Voando só" de Roald Dahl, en Alfaguara.
Percorrer os lugares máis recónditos de África ou pilotar un caza Cuberta do libro Voando sódurante a II Guerra Mundial son experiencias realmente apaixonantes, que enchen de contido calquera obra literaria. Pero neste caso non se trata dunha novela, senón de vivencias persoais do escritor Roald Dahl, que, de mozo, tivo unha vida de relato de aventuras.
-Mozos-as e adultos-as:
Cuberta do libro Settecento"Settecento" de Marcos Calveiro, editado por Xerais.
Intrigante novela ambientada na Venecia no século XVIII, pola que transita Antonio Vivaldi, e o fundamental triángulo formado por Caterina, Giacometto Casanova e Aldo Pietá. Unha novela que nos fará viaxar ata París, Viena, e Santiago de Compostela.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario