8/9/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 4 de setembro:
Xuvenil (máis de 12 anos):
"Penny, caída del cielo" de Jennifer L. Holm, editado por Bambú.
Retrato de una familia italoamericana



Mozos-as e adultos-as:

"Aurora boreal" de Asa Larsson, editado por Seix Barral.
Un xove predicador sueco aparece brutalmente asasinado...

Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

28/8/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 28 de agosto:

Xuvenil (máis de 12 anos):
"Alejandro Magno y su gran fama" de Phil Robins, editado por El Rompecabezas
Unha forma amena de introducirse na vida de Alejandro Magno.

Mozos-as e adultos-as:
"Botchan", de Natsume Soseki, editado por Impedimenta
Botchan é un profesor de instituto, novato e inxenuo, que se convirte no obxetivo preferido das mofas dos alumnos.

Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/8/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 21 de agosto:
Infantil (8-10 anos):
"Selma" de Jutta Bauer editado por Los Cuatro Azules
A ovella Selma dános a súa receita para ser felices
Mozos-as e adultos-as:
"La plata de Britania" de Lindsey Davis en Edhasa
Marco Didio Falco, o detective máis famoso da Antiga Roma, resolve un importante caso
Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/8/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 14 de agosto:
Infantil (a partir de 9 anos):
"Preocupados.com" de Jacqueline Wilson editado en SM
O profesor Belos ten unha idea xenial : pon en marcha unha páxina web donde os seus alumnos poden contar, de forma anónima, os seus problemas.

Mozos-as e adultos-as:
"El matrimonio amateur" de Anne Tyler editado por
Alfaguara
Michel e Pauline coñécense nos días posteriores a Pearl Harbour e, casi sen pensalo, casan.
Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/8/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 7 de agosto:
Infantil (a partir de 12 anos):
"Alas negras" de Laura Gallego en Ediciones del Laberinto
Na continuación de Alas de Fuego, Ahriel, o anxo guerreiro, ten un cometido: atopar e destruir Gorlian, a prisión máxica encerrada nunha bóla de cristal.
Mozos-as e adultos-as:
"La reina en el palacio de las corrientes de aire" de Stieg Larsson editado por Destino
Última entrega da triloxía Millennium.
Que será de Lisbeth Salander?
Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

31/7/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 31 de xullo:
Infantil (nenos e nenas a partir de 4 anos) :

"No bosque" de Anthony Browne editado por Kalandraka




Mozos-as e adultos-as:

"O museo da inocencia" de Orhan Pamuk editado por Galaxia
Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

27/7/09

Recomendacións en Radioleiros





Títulos recomendados o venres 24 de xullo:


Xuvenil (a partir de 10 anos):

"La Tierra explicada a los niños: descubre el planeta donde vivimos y como respetarlo" do fotógrafo Yann Arthus-Bertrand editado por Oniro




Mozos-as e adultos-as:

"Fin de século en Palestina" de Miguel-Anxo Murado editado por Galaxia



Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/7/09

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 17 de xullo:




Infantil (de 10 a 12 anos):
"Circo Rigatoni" de Pinto & Chinto editado por Everest Galicia

Mozos-as e adultos-as: "Elegía para un americano" de Siri Hustvedt editado por Anagrama



Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/7/09

Felices aniversarios Sr. Darwin!!!

Porto Darwin nas Malvinas, Cidade Darwin en Australia, Illa Darwin nas Galápagos e Praza Charles Darwin en Perillo, no Concello de Oleiros, son algúns dos moitos lugares adicados ao científico inglés que este ano celebra dobre aniversario.
A Biblioteca Central Rialeda quere agasallar ao autor de "A orixe das especies" coa exposición bibliográfica PRAZA CHARLES DARWIN: expo conmemorativa do bicentenario do seu nacemento e dos 150 anos da teoría da evolución que se pode visitar no vestíbulo, cos recursos da nosa biblioteca e os paineis informativos elaborados polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

10/7/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 10 de xullo:


Infantil: "Hasta el infinito" de Kveta Pacovska editado por Factoría K de Libros.



Mozos-as e adultos-as:
"En el café de la juventud perdida" de Patrick Modiano editado por Anagrama.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

6/7/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 3 de xullo:


Infantil (de 6 a 8 anos):
"Os tres bandidos" de Tomi Ungerer editado por Kalandraka


Mozos-as e adultos-as:
"La lámpara de Aladino" de Luis Sepúlveda
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

2/7/09

En clave de comedia (exposición dvd cine)

No 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.

Presentamos unha selección de películas cun denominador común, o humor e o entretemento. Directores como Billy Wilder, Luis G. Berlanga, Woody Allen e títulos como "El apartamento", "La vaquilla", "Misterioso asesinato en Manhattan" ou máis recentes como "Mi gran boda griega", "Ella me odia" ou "Es más fácil para un camello" á vosa disposición simplemente presentando o voso carné de socio/a. Préstamo: 7 días.

30/6/09

A lúa e fraga

A Biblioteca Central Rialeda repartíu entre o alumnado de educación infantil a publicación titulada “A lúa e a fraga”, conto inspirado na obra de Michael Grejniec "A que sabe a lúa?", publicada pola editorial Kalandraka. "A lúa e a fraga" está realizada polo alumnado e profesorado da Galescola As Galeras e contén un conto cunhas fermosas ilustracións nas que participaron todos os nenos e nenas desta escola infantil.
Os obxectivos que se pretenden conseguir coa realización desta actividade convocada polas Bibliotecas Municipais de Oleiros é que as nenas e nenos vivan a lectura e a escritura en común, así como fomentar a imaxinación e a creatividade desde as primeiras idades.
PODES VER OS ORIXINAIS NA SALA INFANTIL DA BIBLIOTECA RIALEDA!!!

26/6/09

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 26 de xuño:



Infantil e xuvenil (a partir de 11 anos):
"Os lobos de Moeche" de Manel Cráneo editado por Demo Editorial.


Mozos-as e adultos-as:
"Ella, que todo lo tuvo" de Ángela Becerra editado por Planeta.



Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

24/6/09

Xa está na rúa (e na rede) a guía de lectura De todas as cores!!!

Desde as bibliotecas municipais de Oleiros realizamos a guía de lectura De todas as cores, co obxectivo de ofrecer unha selección de libros, discos e películas para disfrutar neste verán. Son obras de diferentes autoras e autores e de distintas temáticas nas que destaca a calidade literaria, artística ou científica, que divirten, emocionan, fan pensar ou aportan novos coñecementos.
Nestas 156 suxestións clasificadas por idades e temas, diferenciamos as obras de coñecementos das de ficción, e entre estas últimas destacamos en apartados especiais a poesía, a narrativa ou a banda deseñada.
Esta guía de lectura foi repartida a todo o alumnado de educación infantil e primaria dos centros de ensino público deste concello e a alumnado de secundaria. Pódese coller en calquera das oito bibliotecas municipais e descargar por internet a través do noso blog (clica na imaxe) ou da páxina web do Concello de Oleiros.