24/6/09

Xa está na rúa (e na rede) a guía de lectura De todas as cores!!!

Desde as bibliotecas municipais de Oleiros realizamos a guía de lectura De todas as cores, co obxectivo de ofrecer unha selección de libros, discos e películas para disfrutar neste verán. Son obras de diferentes autoras e autores e de distintas temáticas nas que destaca a calidade literaria, artística ou científica, que divirten, emocionan, fan pensar ou aportan novos coñecementos.
Nestas 156 suxestións clasificadas por idades e temas, diferenciamos as obras de coñecementos das de ficción, e entre estas últimas destacamos en apartados especiais a poesía, a narrativa ou a banda deseñada.
Esta guía de lectura foi repartida a todo o alumnado de educación infantil e primaria dos centros de ensino público deste concello e a alumnado de secundaria. Pódese coller en calquera das oito bibliotecas municipais e descargar por internet a través do noso blog (clica na imaxe) ou da páxina web do Concello de Oleiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario