19/11/26

As “Bibliotecas altamente adictivas” de Oleiros, premiadas polo Ministerio de Cultura no Concurso María Moliner 2026

O proxecto de fomento da lectura presentado polas Bibliotecas Municipais de Oleiros, denominado “Bibliotecas altamente adictivas”, foi seleccionado pola Comisión de Valoración do Concurso que outorga este prestixioso galardón. 
No proxecto describíronse as actividades de promoción da lectura e de extensión cultural planificadas desde a Biblioteca Central Rialeda (Perillo) que se levaron a cabo entre os meses de maio de 2025 a abril de 2026. 
Organizamos actividades de fomento da lectura e dinamización cultural dirixidas a todos os sectores e idades, promovendo a igualdade de oportunidades no acceso ao libro e á lectura, fomentando a conciencia ambiental e a igualdade entre mulleres e homes. Realizamos programas específicos con crianzas, adolescentes, mocidade e persoas adultas, traballando o fomento da lectura, a integración de todos os sectores sociais e a protección da natureza. 
Entre todas, podemos destacar as actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino como os obradoiros de ilustración sobre seres da mitoloxía galega ou os obradoiros de cómic, realizados polo ilustrador, Miguel Cuba, recitais de poesía e música “Poéticas españolas” a cargo da actriz Chus Álvarez coa música de Ángeles Dorrio, contacontos para as-os máis pequenas-os como “Andar aos biosbardos” por Charo Pita baseado no libro infantil do mesmo título editado por Galaxia, etc. 
Visitas guiadas á Biblioteca Central Rialeda e contacontos “Feirantes” partindo da adaptación dun relato de "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro. 
Conmemoración de datas significativas como o Día das Letras Galegas con “Os contos das avoas” por Ramiro Neira, o Día de Rosalía con “Rosalía: contos nunha roda” a cargo de Tarabelos Teatro, o Día da Poesía con “Poesía universal contemporánea” con Yolanda Castaño (Premio Nacional de Poesía 2023), o Día da Muller con “Lúa quere viaxar a Marte” de A Xanela do Maxín, o Día do Libro Infantil e Xuvenil con “A nena lentella” por Olga Abad, o Día das Bibliotecas, coa actividade “Lecturas sorpresa” ou o Día do Medioambiente coa exposición “Sen contaminación por plásticos”, etc.
A Hora do conto para crianzas e os Obradoiros, as Recomendacións en RadiOleiros, as Actividades coa terceira idade como a Visita do centro para maiores Raiola, Tertulias literarias, Exposicións bibliográficas, Ler para saber: a ciencia, etc.. 
Entre os proxectos presentados por bibliotecas de municipios con menos de 50.000 habitantes, seleccionaron 369 nos que se recoñecen as mellores iniciativas de promoción lectora a nivel estatal e 10 premios especiais. Nesta selección figura o proxecto presentado polas Bibliotecas Municipais de Oleiros. 
O premio consiste en 2.777,77 € que se destinarán á adquisición de libros para as bibliotecas municipais e completar os seus fondos bibliográficos en beneficio de toda a veciñanza do municipio.
Grazas por participar nas nosas actividades!!!
Grazas por facer biblioteca!!!

17/11/26

Grazas, Janosch (1931-2026)

Visita a expo cos libros de Janosch que temos á túa disposición na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Horst Eckert, alcumado Janosch, naceu nun pobo fronteirizo entre Alemaña e Polonia en 1931. Deixounos o 3 de novembro de 2026 en Tenerife, con 95 anos.
“Meu pai cazaba paxaros e eu teño que reparar esa culpa”, comenta o autor e ilustrador, de carácter inconformista e libertario, que a través das súas tenras e irónicas historias de animais revela un agudo sentido crítico do mundo real. A súa infancia foi unha etapa dura marcada pola pobreza e a falta de atención, acollido por unha avoa autoritaria e obrigado a traballar desde pequeno como ferreiro e cerralleiro. Con vintedous anos entrou na Academia de Arte de Múnich, da que foi expulsado por “falta de talento”. En 1960 comezou a escribir libros infantís, o que o levou, de súpeto, ao éxito. Publicou máis de trescentas obras, traducidas a setenta linguas. É autor tamén de literatura e viñetas para público adulto, pero a súa verdadeira paixón sempre foi a pintura, creando unha extensa obra, con miles de pezas orixinais de acuarelas, óleos e gravados. En 1980 estableceu a súa residencia en Tenerife, onde continuaba vivindo. Durante 30 anos vivíu e traballou na casa familiar, en San Miguel de Abona, no sur da illa, na finca que acolle o proxecto rexenerativo Finca Tamaide. O que foi o seu estudo na finca converteuse no espazo das Residencias Artísticas da Fundación Canarina, dando continuidade á esencia do lugar que abeirou tantos anos de vida e creación artística.
> Obras de Janosch en Bibloleiros
Visita a expo cos libros de Janosch que temos á túa disposición na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Hora do conto e Ler conta moito: 18 e 19 de novembro 2026

Hora do conto e Ler conta moito: 18 e 19 de novembro 2026
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.
Todas as sesións se celebran ás 17:30 h

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 18 de novembro
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: Estás coma unha cabra
CONTACONTOS: Lalá Teatro

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 19 de novembro
Para crianzas a partir de 6 anos
OBRADOIRO: Deseña unha portada
MONITORADO: Iria Iglesias & Dani Viéitez

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o. 

16/11/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (16 a 19 novembro 2026)


 Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 16 de novembro.
18 a 19:30 h.
Comentario de "Walden" de H. D. Thoreau.
Documentación.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz
- Martes 17 de novembro:

(Grupo C) 11 a 12:30 h.
Comentario de "Seis poemas galegos" de Federico García Lorca.
Documentación.

(Grupo A) 17:30 a 19:30 h. 
Comentario de "Carta al padre" de Franz Kafka.
Documentación.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 18 de novembro
. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La promesa" de Damon Galgut.
Documentación.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 19 de novembro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "La lluvia amarilla" de Julio Llamazares.
Documentación (en breve).

Modera as sesións: Silvia Salgado e Pepe Taboada (Seis poemas galegos).

13/11/26

Recomendacións en RadiOleiros: 13 novembro 2026

- Infantil (a partir de 5 anos):

Un mapa para Palestina
, de Maysa Odeh, ilustrado por Aliaa Betawi. 
NubeOcho.

Na escola a mestra pide ás crianzas que sinalen no mapa o país de orixe das súas familias. Cando chega a quenda de Layla síntese confundida e triste porque por máis que busca  non atopa Palestina no mapa. 
Xa na casa pregúntalle ao avó, á avoa e á súa nai por que Palestina non está no mapa e, grazas aos seus testemuños, entenderá a historia de Palestina e por qué os membros da súa familia son refuxiados.


- Mocidade e persoas adultas:

La ternura, de Paula Ducay. 
Altamarea.

Novela curta, sensible e reflexiva, que explora a complexidade das relacións humanas e os límites, a veces imprecisos, entre a amizade, o desexo e o afecto.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

9/11/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (9 a 11 novembro 2026)

 

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 9 de novembro.
18 a 19:30 h.
Comentario de "Materia" de Yolanda Castaño.
Documentación.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 10 de novembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "84 Charing Cross Road" de Helene Hanff.
Documentación.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 11 de novembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El dilema" de B. A. Paris.
Documentación. AVISO: a celebración desta sesión pode verse afectada pola convocatoria de Folga Xeral en todo o Estado.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red].

6/11/26

Recomendacións en RadiOleiros: 6 novembro 2026

Corazón dolor de Ulf Nilsson e Lena EllermannRecomendacións en RadiOleiros: 6 novembro 2026
- Infantil: (a partir de 8 anos):
Corazón dolor de Ulf Nilsson e Lena Ellermann. En Lóguez.
Material de construcción de Eider Rodríguez

Como gañar o corazón de Brita?




- Mocidade e público adulto:
Material de construcción de Eider Rodríguez. Editado por Random House.

Infancia cun pai alcohólico.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

5/11/26

Hora do conto e Ler conta moito: 9 a 13 de novembro 2026

Hora do conto e Ler conta moito: 9 a 13 de novembro 2026
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.
Todas as sesións se celebran ás 17:30 h

Luns 9 de novembro
Para crianzas a partir de 6 anos 
OBRADOIRO: Samaín de tinta
MONITORADO: Laura Caneira

Martes 10 de novembro  
Para crianzas a partir de 5 anos
ESPECTÁCULO: Contos do peto
CONTACONTOS: A nube de artear


Mércores 11 de novembro
Para crianzas a partir de 5 anos
ESPECTÁCULO: Un universo na túa maleta
CONTACONTOS: Ana Meilán
AVISO: a celebración desta sesión pode verse afectada pola convocatoria de folga xeral en todo o Estado.

Xoves 12 de novembro
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: Voa, xoaniña, voa
CONTACONTOS: Charo Pita

Xoves 12 de novembro
Para crianzas de 2 a 4 anos  Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: Cores
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Venres 13 de novembro
Para crianzas a partir de 6 anos  Aforo completo!!!
OBRADOIRO de colaxe e ilustración: Canta bichería!
MONITORADO: Laura Caneira

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

4/11/26

Fantástica Cristina Fernández Cubas, Premio Cervantes 2026

Fantástica Cristina Fernández Cubas, Premio Cervantes 2026
A escritora Cristina Fernández Cubas gañou o Premio Miguel de Cervantes 2026 que outorga o Ministerio de Cultura pola “orixinalidade, a excelencia e a coherencia dunha obra que renovou o conto contemporáneo e transformou a literatura fantástica en español. A súa sólida traxectoria contribuíu decisivamente a revalorizar o relato breve, reivindicándoo como unha forma de expresión autónoma capaz de acadar a máxima intensidade estética e fondura existencial”. Fonte: ministeriodecultura

> La habitación de Nona foi comentada nas tertulias literarias de Bibloleiros.
> Libros de Cristina Fernández Cubas en Bibloleiros
> A súa narrativa en eBiblio
> Cristina en RadiOleiros
Leva en préstamo os libros de Cristina que temos á túa disposición na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Parabéns, Cristina!!!

Hora do conto e Ler conta moito: 4 a 6 de novembro 2026

Hora do conto e Ler conta moito: 4 a 6 de novembro 2026
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.
Todas as sesións se celebran ás 17:30 h

Mércores 4 de novembro
Para crianzas de 2 a 4 anos
ESPECTÁCULO: A árbore e a moura
CONTACONTOS: Lydia Botana

Xoves 5 de novembro
Para crianzas a partir de 5 anos
ESPECTÁCULO: Contos arredor do lume
CONTACONTOS: Alba Grande


Venres 6 de novembro
Para crianzas a partir de 5 anos
ESPECTÁCULO: Festa de letras
CONTACONTOS: Iria Pinheiro

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o. 

2/11/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (3 e 4 novembro 2026)

 

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 3 de novembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La sociedad literaria y el pastel de patata de Guernsey" de Mary Ann Shaffer.
Documentación.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 4 de novembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Rewind" de Juan Tallón.
Documentación.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red]. 

30/10/26

Recomendacións en RadiOleiros: 30 outubro 2026

- Infantil (a partir de 6 anos):

A última xastra
, de María Solar con ilustracións de Xiana Teimoy.
Xerais.

A Aldara, a única herdeira da xastrería Núñez, non lle interesa coser. Unha aventura divertida sobre a identidade, a valentía e o valor do artesanal.

- Mocidade e persoas adultas:

Refugio: una historia de cabañas, de Eva Morell con ilustraciones de Eduard Bagur.
Debate.

Na era do inmediato, as cabanas ábrennos as súas portas para convidarnos a unha vida máis tranquila.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

28/10/26

Parabéns, Vila-Matas!!!

Parabéns, Vila-Matas!!!
Enrique Vila-Matas
 obtivo o Premio Nacional de las Letras Españolas 2026 do Ministerio de Cultura pola “súa influencia decisiva na narrativa contemporánea e a súa aportación á tradición borgiana en lingua española. A súa obra sustenta un proxecto creativo e arriscado no marco das letras hispánicas, que, a través dunha viaxe metaliteraria apoiada na cita, a mestizaxe e o xogo ensaístico, investiga a fondo o xénero da novela, a autoría, a identidade persoal e o porvir da escritura”. O Premio Nacional de las Letras distingue o conxunto do labor literario, en cualquera das linguas españolas, dunha autora ou autor español, cuxa obra estea considerada como parte integrante do conxunto da literatura española actual. Fonte: ministeriodecultura
Bartleby y compañía foi obxecto de debate nas tertulias literarias de Bibloleiros.
> Títulos de Enrique Vila-Matas en Bibloleiros
>Novelas de Vila-Matas en eBiblio
Leva en préstamo os libros de Vila-Matas que temos á túa disposición na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). 
Foto: Victòria Rovira
Parabéns, Enrique!!!

27/10/26

AVISO: peches Bibliotecas de Oleiros e Mera (27 e 28 outubro 2026)

Biblioteca Municipal Manuel María. Oleiros
- Martes 27 outubro: pechada de 10 a 13 h.
- Mércores 28 outubro: pechada de 16 a 20 h.


Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera
- Martes 27 outubro: pechada toda a xornada.
- Mércores 28 outubro: pechada de 10 a 13 h.

Pregamos desculpen as molestias.

26/10/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (26 a 28 outubro 2026)


 Inicio de tempada nos seguintes grupos: 


Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 26 de outubro.
18 a 19:30 h.
Comentario de "Fosca" de Inma Pelegrín.
Documentación.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 27 de outubro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Carta al padre" de Franz Kafka.
Documentación.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 28 de outubro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La promesa" de Damon Galgut.
Documentación.

24/10/26

“Sen profesionais, non hai bibliotecas”, celebra o Día das Bibliotecas 2026

“Sen profesionais, non hai bibliotecas”, celebra o Día das Bibliotecas 2026
Desde 1997, cada 24 de outubro, se celebra o Día das Bibliotecas, en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico. A partir de 2019, o Ministerio de Cultura incorporou o lema “Aptas para todos os públicos”.

A divisa deste ano, “Sen profesionais, non hai bibliotecas”, quere poñer no centro as persoas que fan posible que as bibliotecas sexan moito máis que un sinxelo conxunto de recursos, andeis e espazos.

“Sen profesionais, non hai bibliotecas”,  celebra o Día das Bibliotecas 2026As bibliotecas son institucións democráticas que ofrecen un servizo esencial á cidadanía, que busca nelas un lugar de encontro, intercambio de opinións e coñecemento. Detrás de cada préstamo, cada consulta, cada actividade, cada recomendación e cada proxecto hai profesionais que traballan para garantir o acceso á cultura, acompañar as súas comunidades e facer das bibliotecas espazos abertos, inclusivos e accesibles para todas as persoas.

Recoñecer e visibilizar a quen exerce este labor, que acotío permanece invisible, resulta fundamental para comprender o verdadeiro valor das bibliotecas. Porque unha biblioteca non é unicamente aquilo que vemos cando entramos nela: é tamén o traballo das persoas que seleccionan e organizan as súas coleccións, preservan o patrimonio, facilitan o acceso á información, fomentan a lectura, acompañan a aprendizaxe e crean actividades e servizos para responder as necesidades das-dos usuarias-os.

Recoñecer as-os bibliotecarias-os é recoñecer as propias bibliotecas e o valor que teñen para a nosa
sociedade.

Á programación habitual das Bibliotecas Municipais de Oleiros (obradoiros, hora do conto, tertulias literarias, etc) queremos xuntar para este día unha suxestión de lecturas baixo unha serie de "epígrafes" dos que presentamos dúas opcións de lectura, novelas cun aquel especial, escollidas para ti. Se tes dúbidas sobre cal levar para casa, pregunta ás-aos túas-teus biliotecarias-os de confianza: aconsellarémoste de todo corazón. Será o afán do noso coñecemento e a nosa experiencia descubrirche novos camiños lectores.  

Podes participar nesta actividade na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Feliz Día das Bibliotecas 2026!!!

Fonte: Ministerio de Cultura

23/10/26

Recomendacións en RadiOleiros: 23 outubro 2026

- Infantil (a partir de 6 anos):

A eiruga rabuda
, de Antía Yáñez con ilustracións de Iván R. 
Xerais.

Dorotea, unha eiruga que se sente máis fea ca as demais, espera ansiosa converterse en bolboreta.

Unha aventura irreverente e moi divertida sobre a valentía e a beleza de ser quen es.

- Mocidade e persoas adultas:

As malas ideas, de María Solar. 
Xerais.

Elías é un afamado director de produción de series que está pasando por unha crise laboral. A morte do pai obrígao a deixar Madrid e volver a Ferrol, a súa terra natal, onde descubrirá que o seu pai fabricaba un artefacto explosivo no faiado.

Unha historia que transita entre o drama e o humor e que está chea de emocións, segredos e decisións que poden cambialo todo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

22/10/26

Hora do conto e Ler conta moito: 26 a 30 de outubro 2026

Hora do conto e Ler conta moito: 26 a 30 de outubro 2026
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.
Todas as sesións se celebran ás 17:30 h

Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 26 de outubro
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: Unha tarde especial con Dori
CONTACONTOS: Lalá Teatro

Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 27 de outubro  
Para crianzas de 2 a 4 anos
ESPECTÁCULO: A durmir
CONTACONTOS: Ramiro Neira


Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 28 de outubro
Para crianzas a partir de 5 anos
ESPECTÁCULO: Festa de letras
CONTACONTOS: Iria Pinheiro

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 29 de outubro
Para crianzas de 2 a 4 anos
ESPECTÁCULO: Cantos e contos miúdos
CONTACONTOS: Servando Barreiro

Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 30 de outubro
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: A árbore e a moura
CONTACONTOS: Lydia Botana

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

20/10/26

Mundos que xa non están: expo bibliográfica en Rialeda

Mundos que xa non están: expo bibliográfica en Rialeda
Mundos que xa non están
é unha expo de novelas que toma prestado o seu título da novela De un mundo que ya no está de I. Y. Singer.

Contan infancias, xeografías, emocións, lugares, oficios, obxectos pretéritos, reais ou imaxinados que endexamais retornarán. Vítimas do esquecemento, progreso, inxustiza, o río do tempo foi botando fóra do seu curso a persoas e comunidades que deixaron a súa pegada na literatura que hoxe che brindamos.

Recorda momentos que foron e sociedades que viviron, nas xeiras outonizas que nos agardan.

19/10/26

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (19 a 22 outubro 2026)

Inicio de tempada nos seguintes grupos: 

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 19 de outubro.
18 a 19:30 h.
Comentario de "Walden" de H. D. Thoreau.
Documentación.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 20 de outubro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "El amor en los tiempos del cólera" de Gabriel García Márquez.
Documentación.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 20 de outubro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "84 Charing Cross Road" de Helene Hanff.
Documentación.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 21 de outubro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Abril quebrado" de Ismail Kadaré.
Documentación.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 22 de outubro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "Sobre los huesos de los muertos" de Olga Tokarczuk.
Documentación.

Modera as sesións: Silvia Salgado [Érase una Red].