"Hai alguén máis feroz ca min?" de Hugo Fernandes. Ilustrado por Zé Carlos Pinto. En OQO
Conto sobre un monstro que se cre o máis feroz do mundo ata que descobre que non é así cando se atopa cun neno que non lle ten medo. Unha historia moi divertida que aborda temas como a autoestima, a percepción dun mesmo, e como a empatía e o apoio poden axudar a superar dificultades.
"Tantos anos de silencio" de Francisco Castro. Editado por Galaxia.
Dispoñible en GaliciaLe
Vila Flavia é o pazo do médico Emilio Varela, un home xeneroso que leva anos poñendo os seus diñeiros ao servizo da xente máis humilde, dándolles pan, casa e escola.
Todo é un soño feliz no pazo ata que, o 18 de xullo de 1936, comeza unha guerra que algúns aproveitan para urdir vinganzas que acaban deixando unha pegada misteriosa: unhas fosas comúns que agochan cinco corpos executados dun tiro na cabeza e un sexto esqueleto de muller que abraza contra o peito o libro dun poeta do que ninguén oíu falar.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario