"Os planetas: a música do firmamento" de José Antonio Abad, ilustrado por Antonio Seijas. En Hércules.
Este libro que combina de maneira perfecta os textos, as ilustracións e a música, segue as aventuras dun neno que mentres durme, percorre o sistema solar ao ritmo da música do compositor británico Gustav Holst. En cada soño, o rapaz visita un planeta descubrindo as súas características e as historias dos deuses que lles deron nome. Realidade e fantasía únense nesta narración para crear unha viaxe máxica e educativa.
"Libre: el desafío de crecer en el fin de la historia" de Lea Ypi. Editado por Anagrama.
Dispoñible en eBiblio
Un libro de memorias no que Lea Ypi retrata a caída do comunismo en Albania en 1990 ao tempo que vai relatando a historia da súa familia. Deste xeito, vai creando unha atmósfera de cotiandade e normalidade mentres relata o adestramento político na escola, as longas colas para conseguir os alimentos racionados ou o que supón atoparse unha lata de refresco de cola abandonada por un turista. O colapso do réxime supón a desaparición de todo o que Lea coñecía ou cría coñecer.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario