- Infantil (a partir de 6 anos):
Topito Terremoto, de Anna Llenas
Beascoa
Versión dixital en eBiblio
Como o seu nome indica, trátase dunha toupiña que non é quen de permanecer quieta, nin na casa, nin na escola, nin en ningures. Tanto é así que cada vez lle resulta máis difícil atopar alguén con quen xogar xa que os seus compañeiros e compañeiras escapan dela. Na casa, os seus pais tampouco saben como actuar. Así que deciden levala xunto á Maga do Bosque, especialista en terapias creativas para nenos e nenas difíciles. Anna Llenas intenta transmitir a mensaxe de que se cada quen atopa o que lle gusta e motiva e ten un entorno adecuado, poderá acadar as súas metas.
Las horas subterráneas, de Delphine de Vigan
Anagrama
Audiolibro en eBiblio
O tema que trata é un lapso de tempo na vida de dúas persoas aparentemente moi distintas pero que comparten o mesmo sentimento de illamento social. Por un lado, Mathilde, viúva con 3 fillos, unha valorada e respetada directora de márketing dunha empresa que sen saber o motivo, empeza a sufrir acoso laboral e a ser absolutamente ninguneada por todo o departamento, pero sobre todo polo seu xefe inmediato.Por outro lado, Thibault, un médico de urxencias a domicilio que pasa o día soportando o caos da enorme cidade de Paris. Dúas vidas que Vigan nos narra cun estilo fluído, sen caer en sensiblería.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario