Conmemoración do Día da Muller: A favor da igualdade nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
En todas as bibliotecas municipais realizaranse exposicións de fondos bibliográficos (libros, DVD, CD) relacionados coa muller:
-Sobre feminismo, seleccionando libros para abordar a temática da igualdade de xénero.
-Sobre mulleres que destacaron como científicas, escritoras, no mundo da arte, na música, no cine, no deporte, na política e noutras temáticas.
-Obras literarias, tanto para público infantil-xuvenil como para adultos/as, escritas por mulleres.
En cada biblioteca haberá unha exposición distinta.
ACTIVIDADES PARA PÚBLICO INFANTIL
A HORA DO CONTO
Todas as sesións serán ás 18:30 h.
7 de marzo: A BIBLIOTECA QUE VIAXABA POLO TEMPO a cargo de Olga Abad na Biblioteca Manuel María (Oleiros). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
8 de marzo: A VIAXE DE MARUXIÑA a cargo de Olga Abad na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). Para nenas e nenos a partir de 6 anos.
9 de marzo: PRINCESOS E PRINCIPETAS a cargo de Raquel Galavís na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Para nenas e nenos a partir de 6 anos.
9 de marzo: BRAVAS a cargo de Ramiro Neira en Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
10 de marzo: A RODA DAS TRES DONAS a cargo de Charo Pita na Biblioteca Mª José Trincado (Mera). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
10 de marzo: O NENO QUE NON QUERÍA SER AZUL E A NENA QUE NON QUERÍA SER ROSA a cargo de Proyecto Bululú en Biblioteca Ánxel Fole (Nós). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
13 de marzo: ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS a cargo de Iván Davila na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda). Para nenas e nenos a partir de 6 anos.
ACTIVIDADES PLÁSTICAS E MANUAIS
Desde o día 6 ao 10 de marzo, na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) realizaranse diversas actividades plásticas e manuais para nenas e nenos a través de recortables de imaxes e resumos das biografías de varias mulleres que destacaron ao longo da historia.
Desde o día 6 ao 10 de marzo, na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) realizaranse diversas actividades plásticas e manuais para nenas e nenos, baixo o título: Mulleres: Imaxes de mulleres ilustres cunha pequena descrición biográfica.
ACTIVIDADES PARA MOCIDADE E PÚBLICO ADULTO
Actuación musical: GIRLS JUST WANNA HAVE FUN a cargo do dúo Lesuiteband, formado por Marian Ledesma (voz) e Sofía Canedo (piano/coros)
No Teatro As Torres (Santa Cruz), martes 14 de marzo, ás 20:00 h.
Neste concerto presentaran un repertorio de diferentes artistas importantes na historia da música pop, especialmente pensado na muller como protagonista, como: Cyndi Lauper, Donna Summer, Bonnie Tyler, Gloria Gaynor, Kim Carnes, Patti Smith, Tina Turner, Sinéad O'Connor, Alanis Morissette, Amy Winehouse ou Christina Aguilera, todas elas grandes figuras da música.
Algunhas das cancións que interpretarán son: Girls just want to have fun que alcanzou fama como himno feminista, Bad girls, Hot stuff, It's a heartache, I will survive, Bette David eyes, Because the night, What you get is what you see, Nothing compares to you, Ironic, Back to black , Beautiful, etc.
CLUBS DE LECTURA
Están lendo as seguintes obras:
Bibioteca Central Rialeda. Perillo
GRUPO A: El cuento de la criada de Margaret Atwood
GRUPO B: Espejo roto de Mercé Rodoreda
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz
GRUPO A: Americanah de Chimamanda Ngozi Adichie
GRUPO B: La isla de las mujeres del mar de Lisa See
Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera
Infamia de Ledicia Costas
No hay comentarios:
Publicar un comentario