20/1/23

Recomendacións en Radioleiros: 20 xaneiro 2023

- Infantil- Xuvenil :
"El asombroso mundo de Bernardo" de César Bona. Ilustrado por Òscar Julve. En Beascoa.

Dispoñible en eBiblio
 
Bernardo, o protagonista da historia, ten un grande corazón e a súa familia sábeo, pero o rapaz non entende por que os demáis se enfadan con el cando fai cousas tan sinxelas como cruzar flotando, cos ollos pechados, o corredor recén fregado. Ou esconder as xoias da súa nai debaixo das alfombras para que o seu avó as atope e leve unha grande alegría, ou cando sae ao xardín co seu gato a camiñar baixo a chuvia. Por unha cousa ou por outra, todos os adultos acaban recriminado a Bernardo por algún dos seus actos, por moi boas que sexan as súas intencións. Poderán Bernardo e a súa familia resolver os problemas?
 
- Mozas-os e adultas-os:
"La mujer de un solo hombre" de A.S.A. Harrison. Editado por Salamandra.
A historia vai narrando o deterioro, sen volta atrás, dunha parella. Ela, Jodi, unha psicoterapeuta de 45 anos, ten unha vida apacible, burguesa e moi satisfactoria. Todd, a súa parella desde hai máis de vinte anos, é un empresario exitoso, un home feito a si mesmo. Non están casados nin teñen fillos. Comparten un apartamento de luxo con vistas ao lago Michigan. Ante este escenario, a vida para esta parella semella do máis idílica, se non fose porque na primeira páxina do libro xa se nos advirte que ela acabará converténdose nunha asasina.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario