21/1/23

Hora do conto de febreiro a maio en Bibloleiros: eis a programación!

Serán unha morea de actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas-os de 2 a 5 anos e a partir de 6 anos, entre os meses de febreiro e maio, as que poderás gozar nas sete Bibliotecas Municipais de Oleiros. Moitas oportunidades para que nos visites no teu tempo de lecer. Xa que o aforo é limitado é imprescindible que reserves praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización. Podes facelo chamando por teléfono ou achegándote persoalmente!!!

Pretendemos que as nenas-os se divirtan escoitando contos, descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e aquelas-os nenas-os ás que xa vos gusta ler afiancedes este marabilloso hábito. Tamén haberá música, e outros espectáculos para atraer á lectura ao público infantil. Contaremos con compañías como Trémola Teatro, Trinketrinke Teatro e Tarabelos. Narradoras-es como Pavís Pavós, Proyecto Bululú, Charo Pita, Olga Abad, Raquel Galavís, Paula Carballeira, Lía Magalia, Raquel Queizás, Ramiro Neira e Iván Davila. Músicos como Fran Amil, Paco Nogueiras, Antón Ke e Pablo Díaz.
Toda a información en calquera das sete bibliotecas municipais e nesta ligazón.
 
AVISO
* O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario