- Infantil (a partir de 6 anos):
Madeira e metal, de Laura Rey Pasandín, con ilustracións de Laura Romero
Baía
Aixa é unha nena de aldea que un día ten que marchar coa súa familia á cidade. Para combater a tristura que lle produce deixar o seu lar busca a ledicia a través da música.
Conto que nos achega ao sentimento tan noso e tan universal como é a morriña e a súa expresión a través da música.
- Mozas/os e adultas/os:
Seix Barral
Versión dixital en eBiblio
Audiolibro en eBiblio
Neste libro, a cabalo entre o ensaio e a ficción, Rosa Montero indaga sobre os vínculos que unen xenialidade e loucura.
A autora comparte con nós a súa experiencia persoal, curiosidades asombrosas de como funciona a nosa mente e a vida de grandes creadores e creadoras que escandalizaron ao mundo.
O resultado é unha lectura que absorbe, partindo do proceso creativo para acabar explorando o sentido último da vida.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario